Universidade Politécnica de Madrid
Universidade Politécnica de Madrid | |
---|---|
Escudo da Universidade no Reitorado | |
Datos xerais | |
Localización | Madrid, España |
Datos actuais | |
Reitor | Guillermo Cisneros |
Alumnos | 39 450[1] [cando?] |
Datos de contacto | |
Enderezo | C/ Ramiro de Maeztu, 7 28040, Madrid (España) |
Páxina web | www.upm.es |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade Politécnica de Madrid (UPM), é unha universidade pública con sede na Cidade Universitaria de Madrid e con instalación en varias localizacións de Madrid (Cidade Universitaria, Campus Sur en Vallecas, entre outras) e Boadilla del Monte.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundada en 1971 ao agrupar diversos centros xa centenarios que estaban adscritos a distintos organismos. As súas facultades ou escolas imparten maioritariamente ensinanzas técnicas, xa que na súa creación agrupou estas ensinanzas mentres que as ciencias experimentais e humanidades foron agrupadas na Universidade Complutense de Madrid.
Nos anos 2008, 2009 e 2010 algunhas das súas antigas escolas de enxeñeiros técnicos e escolas superiores, como as de Enxeñarías Aeronáuticas ou de Agrónomos, sufriron un proceso de fusión para adaptarse ás novas titulacións do Espazo Europeo de Educación Superior. Xurdiron novos centros, localizados nos mesmos edificios, pero independentes dos centros existentes.
A UPM foi considerada como a mellor universidade politécnica de España durante os últimos anos na clasificación anual do diario El Mundo.
Campus e centros docentes
[editar | editar a fonte]- Campus Centro (Centros dentro do casco de Madrid)
- Cidade Universitaria
- E.E. Aeronáutica e do Espazo.
- E.T.S. Arquitectura.
- E.T.S.E. Aeronáuticos.
- E.T.S.E. Agrónomos.
- E.T.S.E. Camiños.
- E.T.S.E. Navais.
- E.T.S.E. Montes.
- E.T.S.E. Telecomunicación.
- E.U. de Arquitectura Técnica.
- E.U.E.T. Aeronáutica.
- E.U.E.T. Agrícola.
- E.U.E.T. Forestal.
- Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte (INEF)
- Campus de Montegancedo (Boadilla del Monte)
- Campus Sur (Complexo Politécnico de Vallecas)
Novas denominacións[2]
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Actualmente iniciáronse os trámites para o cambio na denominación de oito das Escolas, este proceso consiste en obter o informe pertinente do Consello Interuniversitario da Comunidade de Madrid e a autorización do Consello de Goberno da Comunidade para, solicitar ao Goberno de España a inclusión dos novos nomes no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT).
- A Escola Universitaria de Enxeñería Técnica de Telecomunicación pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería e Sistemas de Telecomunicación.
- A Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo.
- A Escola de Enxeñería Forestal e do Medio Natural pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería de Montes, Forestal e do Medio Natural.
- A Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Miñas pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Miñas e Enerxía.
- A Escola Universitaria de Arquitectura Técnica pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería da Edificación.
- A Escola Universitaria de Informática pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería de Sistemas Informáticos.
- A Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería e Deseño Industrial.
- A Escola Universitaria de Enxeñería Técnica de Obras Públicas pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería Civil.
Institutos universitarios
[editar | editar a fonte]- Instituto de Enerxía Solar
- Instituto de Fusión Nuclear
- Instituto de Investigación do Automóbil (INSIA),[3] que leva a cabo o proxecto EPISOL, cuxo obxectivo é o deseño e a fabricación dun vehículo urbano lixeiro con propulsión eléctrica híbrida.[4]
- Instituto de Microgravidade Ignacio da Riva
- Instituto de Sistemas Optoelectrónicos e Microtecnoloxía (ISOM)
Centros de I+D
[editar | editar a fonte]- Centro de Investigación do Transporte (TRANSYT)
- Centro láser
- Centro domótica integral (CeDInt-UPM).[5]
- Centro de investigación en biotecnoloxía e xenómica de plantas (CBGP)
- Centro de electrónica industrial (CEI)
- Centro de estudios e investigación para a xestión de riscos agrarios e medioambientais (CEIGRAM)
- Centro de investigación en materiais estruturais (CIME)
- Centro de Innovación en Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano (CITDH)
Outros centros
[editar | editar a fonte]- Parque Científico e Tecnolóxico
- Centro de Supercomputación e Visualización de Madrid, situado na Facultade de Informática. Alberga o supercomputador Magerit, o supercomputador máis potente de España,[6] que forma parte da Rede Española de Supercomputación.
Antigos alumnos célebres
[editar | editar a fonte]- Pedro Puig Adam (enxeñeiro industrial), enxeñeiro e matemático.
- Rafael Benítez, INEF, adestrador de fútbol.
- Josep Borrell (enxeñeiro aeronáutico), presidente do Parlamento Europeo.
- Casiano de Prado (enxeñeiro de miñas), importantes achegas á xeoloxía.
- Leopoldo Calvo-Sotelo (enxeñeiro de camiños), expresidente do Goberno.
- Jaime Caruana (enxeñeiro de telecomunicación), ex Gobernador do Banco de España.
- Pedro Duque (enxeñeiro aeronáutico), astronauta e Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional.
- Luis de la Escosura y Morrogh (enxeñeiro de minas) Científico, escritor e historiador
- Javier Gómez Navarro (enxeñeiro industrial), exministro, empresario, e Presidente do Consello Superior de Cámaras de Comercio.
- Práxedes Mateo Sagasta (enxeñeiro de camiños), Presidente do Goberno de España.
- José García-Siñeriz (enxeñeiro de miñas), xeofísico con importantes achegas científicas
- Jaime Lamo de Espinosa (enxeñeiro agrónomo), exministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Premio Rey Jaime I de Economía (1999).
- Rafael Moneo (arquitecto, premio Pritzker 1996).
- Víctor Muñoz, INEF, adestrador fútbol, e exfutbolista.
- Florentino Pérez (enxeñeiro de camiños), presidente do Real Madrid e de ACS.
- Leonardo Torres Quevedo (enxeñeiro de camiños), inventor.
- José de Echegaray (enxeñeiro de camiños), matemático, dramaturgo, político. Premio Nobel de literatura 1904.
- Elena Salgado (enxeñeira industrial), exministra de sanidade e consumo, exministra de Administracións públicas, ex-vicepresidenta segunda do goberno e exministra de economía e facenda.
- Miguel Fisac (arquitecto), Premio Nacional de Arquitectura de 2003.
- Rodolfo Martín Villa (enxeñeiro industrial), exministro e ex-vicepresidente primeiro do Goberno.
- Francisco Javier Sáenz de Oiza (arquitecto), Premio Príncipe de Asturias das Artes 2003.
- Eduardo Torroja (enxeñeiro de camiños)
- Amable Liñan (enxeñeiro aeronáutico)
Reitores
[editar | editar a fonte]Desde a constitución da universidade, os reitores foron:
- Pío García-Escudero y Fernández de Urrutia (marzo - xullo de 1971)
- José Luis Ramos Figueras (xullo de 1971 - decembro de 1980)
- Rafael Portaencasa (decembro de 1980 - xuño de 1995)
- Saturnino de la Plaza (xuño de 1995 - abril de 2004)
- Javier Uceda Antolín (abril de 2004 - abril de 2012)
- Carlos Conde Lázaro (abril de 2012 - 2016)
- Guillermo Cisneros (desde 2016)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2012. Consultado o 11 de novembro de 2012.
- ↑ "Cambios na denominación de oito Escolas da UPM". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2012. Consultado o 11 de novembro de 2012.
- ↑ "INSIA".
- ↑ "Vehículo eléctrico híbrido". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2009. Consultado o 11 de novembro de 2012.
- ↑ "CeDInt". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2017. Consultado o 16 de abril de 2019.
- ↑ TOP500: Lista junio de 2011
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade Politécnica de Madrid |