Universidade Católica San Antonio de Murcia
Universidade Católica San Antonio de Murcia | |
---|---|
Tipo | universidade privada, editor de acceso aberto e universidade católica |
Data de fundación | 1996 |
Nomeado en referencia a | Antón de Padua |
Sede | Monasterio de los Jerónimos de San Pedro de la Ñora |
En | Guadalupe de Maciascoque |
País | España |
Na rede | |
https://www.ucam.edu/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade Católica San Antonio, coñecida tamén como Universidade Católica de Murcia (UCAM), é unha universidade española privada e católica da cidade de Murcia. É propiedade da Fundación Universitaria San Antonio, que, ao igual que a universidade, leva o nome do seu patrón: Santo Antonio de Padua.
Historia
[editar | editar a fonte]Erixida canonicamente en 1996 de conformidade co artigo 3.3. da Constitución Apostólica "Ex Corde Ecclesiae" do papa Xoán Paulo II do 15 de agosto de 1990.
Campus
[editar | editar a fonte]A universidade sitúase no chamado campus de Los Jerónimos cunha superficie aproximada de 25.000 metros cadrados, deles 14.500 construídos, na pedanía de Guadalupe, a 4 km do núcleo urbano da cidade de Murcia. Os servizos centrais da universidade áchanse no Mosteiro dos Xerónimos de San Pedro de la Ñora (s. XVIII) que, xunto coa súa igrexa barroca, está declarado Monumento Histórico-Artístico Nacional.
Oferta de estudos
[editar | editar a fonte]Ofrece 24 titulacións oficiais de grao e 31 titulacións oficiais de posgrao (másters oficiais) (Títulos verificados pola Agencia Nacional de Avaliación da Calidade e a Acreditación). Tamén é posible cursar Títulos Propios de Especialización Profesional e a Escola Superior de Idiomas.
Deportes
[editar | editar a fonte]Deporte universitario
[editar | editar a fonte]En competicións universitarias, é dicir, aquelas nas que só compiten equipos formados por estudantes matriculados oficialmente, a UCAM conta con equipos practicamente en todas as disciplinas[1] e dominou as últimas edicións do Campionato de España Universitario de Baloncesto Masculino.
Deporte federado
[editar | editar a fonte]A UCAM patrocina 16 equipos federados, nos que xogan deportistas que non están matriculados na UCAM.[2] Entre estes equipos destacan o Club Baloncesto UCAM Murcia, o UCAM Murcia Club de Fútbol e o UCAM Voleibol Murcia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Competiciones Arquivado 20 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. en la página institucional.
- ↑ Deporte federado Arquivado 27 de novembro de 2011 en Wayback Machine. en la página institucional.