iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Uche_Agbo
Uche Agbo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Uche Agbo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaUche Agbo
Biografía
Nacemento4 de decembro de 1995 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Kano, Nixeria Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaNixeria Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista defensivo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2010–2011 Taraba F.C.
2011–2012 JUTH F.C. (1)
2012–2013 Enyimba International Football Club 1(0)
2013– Udinese Calcio
2014– cesión Club Recreativo Granada
2015– cesión   Granada CF
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Nixeria
2013–   Nixeria sub-20

Instagram: uchehenryagbo UEFA: 250121851 Editar o valor en Wikidata

Uche Henry Agbo, nado en Kano o 4 de decembro de 1995, é un futbolista nixeriano. Xoga de centrocampista defensivo e o seu equipo actual é o Slovan Bratislava de Eslovaquia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no Bai Boys da súa localidade natal ata que en 2010 trasladouse a Jalingo, a capital do estado de Taraba, para ingresar no Taraba FC.

Posteriormente pasou polo JUTH, do estado de Plateau, e polo Enyimba da cidade de Aba,[1] antes de dar o salto ao fútbol europeo en 2013, fichando polo Udinese despois de realizar con éxito unha proba co club italiano.[2]

En marzo do ano seguinte foi cedido ao Granada, cuxo propietario era o mesmo que o do Udinese, Giampaolo Pozzo.[3] Alí comezou no equipo xuvenil e disputou catro partidos co filial, o Recreativo Granada, na Segunda División B, marcando un gol contra o Lucena. Na tempada 2014/15 xogou 29 partidos co Recreativo e debutou na Primeira División da man do adestrador Abel Resino, que lle deu uns minutos cara ao final do partido contra o Levante no Estadi Ciutat de València.[4] Na tempada 2015/16 continuou no filial pero comezou a ser convocado de xeito máis habitual co primeiro equipo, co que disputou 10 encontros, 6 deles xa como titular.

No 2016 foi traspasado ao Watford inglés, propiedade de Gino Pozzo, fillo de Giampaolo. Volveu ser cedido ao Granada, onde xa tivo ficha do primeiro equipo, converténdose nun habitual das aliñacións dos diferentes adestradores que tivo nesa campaña, na que o equipo acabou descendendo á Segunda División.[5]

A continuación foi traspasado ao Standard de Liège da Primeira División de Bélxica, onde xogou unha campaña e media, debutando tanto na Liga de Campións como na Europa League.

En xaneiro de 2019 saíu cedido ao Rayo Vallecano de Míchel.[6] Na 2019/20 foi cedido media tempada ao Sporting de Braga e a outra media ao Deportivo da Coruña, na Segunda División, con opción a ampliar a súa fichaxe unha tempada máis.[7]

O seu debut co equipo galego produciuse na xornada 25, nun partido contra o Albacete no Carlos Belmonte. Disputou nove encontros, nunha tempada na que o equipo acabou descendendo a Segunda División B por segunda vez na súa historia. En setembro de 2020 asinou co Deportivo un contrato por catro tempadas.[8] Na súa única tempada completa co club coruñés, xogou 19 partidos, 12 deles como titular. No verán de 2021 o Deportivo incluíno nun ERE xunto a Celso Borges e outros traballadores do club, polo que o seu contrato foi rescindido.[9]

En setembro foi anunciado como novo xogador do Slovan Bratislava de Eslovaquia.[10] Co conxunto da capital do país conquistou dúas ligas consecutivas nas súas dúas primeiras tempadas.

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Despois de ser internacional coas categorías inferiores, foi convocado coa selección nixeriana absoluta en outubro de 2016 para substituír o lesionado Leon Balogun contra Zambia, aínda que non chegou a xogar o encontro.[11] O seu debut produciuse finalmente en xuño de 2017, nun partido amigable contra Togo.[12]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Slovan Bratislava
  1. "Ghanaian striker Amankwei set for Enyimba" (en inglés). 2 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2014. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  2. "L’Udinese testa Agbo, Under 20 nigeriano: “Accolto benissimo, spero che…”" (en italiano). 12 de outubro de 2013. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  3. "Success Isaac y Uche Agbo: nuevos jugadores del Granada CF" (en castelán). 18 de marzo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2014. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  4. García Autillo, Isaac (7 de decembro de 2016). "La increíble historia de Uche: el futbolista que jugaba descalzo". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  5. "El balance positivo de Uche Agbo en el Granada" (en castelán). 26 de maio de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  6. "Oficial: Uche Agbo llega cedido al Rayo Vallecano". Marca (en castelán). 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  7. "Uche Agbo, novo xogador do Deportivo 2019-2020". Deportivo da Coruña. 21 de xaneiro de 2020. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  8. "Uche Agbo asina por catro temporadas co Dépor". Deportivo da Coruña. 28 de setembro de 2020. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  9. "Uche Agbo non continuará no RC Deportivo". 31 de agosto de 2021. Consultado o 4 de novembro de 2023. 
  10. "Uche Agbo, nuevo jugador del Slovan Bratislava" (en castelán). 3 de setembro de 2021. Consultado o 4 de novembro de 2023. 
  11. "Granada's Uche Agbo replaces injured Balogun" (en inglés). 27 de setembro de 2016. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  12. "Nigeria - Togo" (en inglés). 1 de xuño de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2021.