iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Torrecerredo
Torrecerredo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Torrecerredo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaTorrecerredo
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaParque Nacional dos Picos de Europa Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaAsturias, España e Castela e León, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°11′53″N 4°51′04″O / 43.1981, -4.8511
CordilleiraMacizo dos Urrieles Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude2.648 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica1.931 m Editar o valor en Wikidata

O Torrecerredo ou Torre de Cerredo (en asturiano, Torrecerréu) é unha montaña española que con 2.648 metros sobre o nivel do mar constitúe o cume cimeiro dos Picos de Europa, da Cordilleira Cantábrica e máis do noroeste da Península Ibérica, e por suposto tanto de Asturias como da Comunidade de Castela e León.

Situación

[editar | editar a fonte]

O Torrecerredo ou Torre de Cerredo érguese no Macizo Central dos Picos de Europa ou macizo dos Urrieles, na divisoria das provincias de Asturias e León. O seu cume, cun desnivel de máis de 2.200 metros sobre do río Cares, permite unhas fermosas vistas do macizo occidental e dos leitos que verquen sobre da garganta do Cares.

Ascensións

[editar | editar a fonte]

O pico foi escalado por primeira vez por Aymar d'Arlot de Saint Saud, Paul Labrouche, Juan Suárez, de Espinama, e máis François Salles, de Gavarnie, o 30 de xuño de 1882.

A vía máis fácil de ascensión arrinca desde Jou de Cerredo e está catalogada como Pouco Difícil Inferior. No último tramo, duns 200 metros, ten unha aproximación sinxela, para a cal non é precisa nin material de escalada. As dúas rutas de aproximación máis empregadas parten desde os próximos refuxios de Jou de los Cabrones e da Vega de Urriellu.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]