iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Thomas_Kuhn
Thomas Kuhn - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Thomas Kuhn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaThomas Kuhn

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en-us) Thomas Samuel Kuhn Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1922 Editar o valor en Wikidata
Cincinnati, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xuño de 1996 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Cambridge, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCambridge (–1996)
Berkeley
Cincinnati
Princeton Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo xudeu Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard - historia da ciencia (–1949)
Universidade Harvard - física, Mestrado en ciencias (–1946)
Universidade Harvard - física (–1943)
Taft School (en) Traducir (–1940)
Hessian Hills School (en) Traducir (–1937)
Universidade Harvard Editar o valor en Wikidata
Director de teseJohn Hasbrouck van Vleck Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía da ciencia, filosofía analítica e historia da ciencia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, filósofo da ciencia, historiador da ciencia, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
Período de tempoFilosofía contemporánea Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Princeton
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Universidade Harvard
Universidade de California, Berkeley Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoFilosofía occidental Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
DoutorandoJohn L. Heilbron (pt) Traducir e Michael Sean Mahoney (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeJehane Barton Burns
Kathryn Muhs Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteThomas s. Kuhn: revolutionary theorist of science (en) Traducir
Thomas S. Kuhn as Sociologist of Knowledge (en) Traducir
Thomas S. Kuhn (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX943335 Bitraga: 1013 WikiTree: Kuhn-4395

Thomas Samuel Kuhn, nado o 18 de xullo de 1922 e finado o 17 de xuño de 1996, foi un físico e filósofo natural dos Estados Unidos de América cuxo traballo incidiu sobre a historia e filosofía da ciencia, tornándose un marco importante no estudo do proceso que leva ao desenvolvemento científico.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Thomas Kuhn naceu en Cincinnati, Ohio, o 18 de xullo de 1922. Estudou a carreira de física na Universidade Harvard, e obtivo o doutoramento en 1949. Ata entón, tivera pouco contacto coa filosofía, xa que a súa carreira era a física e, segundo el, a segunda guerra mundial exercía unha enorme presión para iniciar carreiras científicas, e un gran desprezo en relación ás materias humanísticas. Pero a partir do seu doutoramento o seu interese orientouse cara ao estudo da Historia da Ciencia, ao que se dedicou por completo.

Permaneceu en Harvard coma profesor axudante de Historia da Ciencia, e foi aquí onde preparou un curso de ciencias para non científicos, no que por primeira vez, utilizou exemplos históricos de progresos científicos. Desa experiencia, Kuhn puido percibir que a ciencia, nunha perspectiva histórica, era moi diferente da presentada nos textos de física ou mesmo de filosofía da ciencia.

En 1956, aceptou unha oferta da Universidade de Berkeley, California, onde pasou a ocupar a Cátedra de Historia da Ciencia a partir de 1961. En Berkeley, escribiu e publicou o libro Estrutura das Revolucións Científicas, e aínda que xa publicara un primeiro libro en 1957, A Revolución Copernicana, e un segundo en 1961, A función da medida na física moderna, foi o terceiro libro o que o tornou recoñecido, máis coma un intelectual volvendo cara a Historia e Filosofía da Ciencia, ca coma o físico que era.

En 1964 ocupou a Cátedra de Historia da Ciencia na Universidade de Princeton ata 1979, ano no que pasou a se instalar en Boston, ocupando a Cátedra de Filosofía e Historia da Ciencia do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) ata 1991. Tres anos despois, en 1994, foille diagnosticado un cáncer bronquial do cal morreu o 17 de xuño de 1996 na súa casa de Cambridge, Massachusetts.

O pensamento de Kuhn

[editar | editar a fonte]

Thomas S. Kuhn ocupouse principalmente do estudo da historia da ciencia, no que mostra un contraste entre dúas concepcións da ciencia:

  • Por un lado, a ciencia entendida coma unha actividade completamente racional e controlada. (Enfoque formalista).
  • Por outro lado, a ciencia entendida coma unha actividade concreta que se veu dando ao longo do tempo e que en cada época histórica presenta peculiaridades e características propias. (Enfoque historicista).

Este contraste plásmase na obra A Estrutura das Revolucións Científicas,que ocasionou o chamado xiro histórico-sociolóxico da ciencia, unha revolución na reflexión acerca da ciencia ao considerar propios desta os aspectos históricos e sociolóxicos que rodean a actividade científica, e non só os lóxicos e empíricos, como defendía o modelo formalista.

Enfoque historicista

[editar | editar a fonte]

Segundo o enfoque historicista de Kuhn, a ciencia desenvólvese seguindo determinadas fases:

  1. Establecemento dun paradigma.
  2. Ciencia normal.
  3. Crise.
  4. Revolución científica.
  5. Establecemento dun novo paradigma.
  1. A noción de paradigma resulta fundamental neste enfoque historicista e non é máis ca unha macroteoría, un marco ou perspectiva que se acepta de forma xeral por toda a comunidade científica e a partir do cal se realiza a actividade científica, que ten como obxectivo aclarar os posibles fallos do paradigma ou extraer todas as súas consecuencias.
  2. A ciencia normal é o período durante o cal se desenvolve unha actividade científica baseada nun paradigma. Esta fase ocupa a maior parte do tempo da comunidade científica porque adoitan traballar para mostrar ou poñer a proba a solidez do paradigma no que se basean.
  3. Pero, en ocasións, o paradigma non é capaz de resolver todos os problemas, os cales poden persistir ao longo de anos ou incluso séculos. Nese caso, o paradigma ponse en cuestión e comézase a considerar se é o marco máis adecuado para a resolución de problemas ou se debe ser abandonado. Entón é cando se entra nunha crise, que ademais supón a proliferación de novos paradigmas que compiten entre si tratando de impoñerse coma o enfoque máis adecuado.
  4. Finalmente prodúcese unha revolución científica cando un dos novos paradigmas substitúe ao paradigma tradicional. Trala revolución, o ciclo empeza de novo e o paradigma que foi instaurado dá pé a un novo proceso de ciencia normal.

Desta maneira, o enfoque historicista dá importancia a factores subxectivos que anteriormente foran pasados por alto á hora de explicar o proceso de investigación científica. Kuhn mostra que a ciencia non é só un contraste entre teorías e realidade, senón que hai diálogo, debate, tensións e ata loitas entre os defensores de distintos paradigmas. E é precisamente nese debate ou loita onde se demostra que os científicos non son absolutamente racionais, non poden ser obxectivos, pois non lles é posible afastarse de todos os paradigmas e comparalos de forma obxectiva, senón que sempre están inmersos nun e interpretan o mundo conforme ao mesmo paradigma. Isto demostra que na actividade científica inflúen tanto intereses científicos (ex: a aplicación práctica dunha teoría), coma subxectivos, como por exemplo, a existencia de colectividades ou grupos sociais a favor ou en contra dunha teoría concreta, ou a existencia de problemas éticos, de tal maneira que a actividade científica vese influenciada polo contexto histórico-sociolóxico no que se desenvolve. Así, os historicistas, ao contrario que os formalistas, dan máis importancia tanto ao suxeito que leva a cabo a investigación, coma ao contexto histórico e sociolóxico no que está inmerso.

Inconmensurabilidade

[editar | editar a fonte]

Na súa obra A Estrutura das Revolucións científicas, Kuhn introduce ademais a noción de inconmensurabilidade dos paradigmas que se refire á incapacidade de comparar as teorías entre si. Segundo Kuhn, os paradigmas poden ter diferenzas de tres tipos:

Estas diferenzas entre paradigmas marcan que son incomparables, pois non existe unha linguaxe común e neutral que adapte unha teoría a outra. Neste momento non se pode dicir que un paradigma é mellor ou peor ca outro, pero o avance da ciencia irá determinando a incompatibilidade entre eles ata que un acabe dominando sobre o outro, dando lugar a unha nova revolución científica.

  • A revolución copernicana: a astronomía planetaria no desenvolvemento do pensamento occidental, 1957.
  • A función da medida na física moderna, 1961.
  • A estrutura das revolucións científicas, 1962. Traducida ao galego no 2000, publicada pola Universidade de Vigo.
  • A función do dogma na investigación científica, 1963.
  • Postdata, 1969.
  • A tensión esencial, 1977.
  • A teoría do corpo negro e a descontinuidade cuántica, 1987.
  • O camiño da estrutura, 1990.
  • O problema coa filosofía da historia e da ciencia, 1992.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]