Tetrápodos
Tetrápodos Tetrapoda Rango fósil: Devoniano superior - actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Triturus vulgaris | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Clases | |||||||||||||||||
Os tetrápodos (Tetrapoda) (do grego τετραπόδηs tetrӑpódēs, latinizado tetrapoda, "de catro pés, ou de catro patas") son unha superclase de animais vertebrados con catro extremidades empregadas no desprazamento ou a manipulación. Dado que os anfibios, réptiles, mamíferos e aves son tetrápodos (incluíndo as píntegas ápodas e serpentes, por cuestións taxonómicas), o termo é especialmente útil para describir os membros máis primitivos do grupo, que irradiaron dende os sarcopterixios (peixes de "aletas lobuladas") aos primeiros anfibios do período devoniano.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Taxonomía
[editar | editar a fonte]O seguinte é un esquema taxonómico parcial:
- Filo Chordata
- Clase Sarcopterygii
- Superclase Tetrapoda
- Familia Elginerpetontidae
- Familia Acanthostegidae
- Familia Ichthyostegidae
- Familia Whatcheeriidae
- Familia Crassigyrinidae
- Familia Loxommatidae
- Familia Colosteidae
- Clase Amphibia - Anfibios
- Subclase Lepospondyli
- Subclase Temnospondyli
- Subclase Lissamphibia - Ras e píntegas
- Superorde Reptiliomorpha
- Amniota
- Clase Sauropsida - Réptiles
- Clase Aves - Aves
- Clase Synapsida - Mamíferos con características de réptiles
- Clase Mammalia - Mamíferos
- Amniota
Evolución
[editar | editar a fonte]A especialización evolutiva dos vertebrados no Devoniano superior levou a peixes sarcopterixios como Panderichthys a teren descendentes como Eusthenopteron, que podía respirar aire e vivía en pantanos superficiais; a Tiktaalik, cuxas aletas similares a patas podían levalo ocasionalmente a terra firme, e que precedeu aos primeiros anfibios tetrápodos, como Acanthostega, cuxos pés tiñan oito dedos; e Ichthyostega, que desenvolveu membros fortes que lle permitiron deambular por terra. Os sarcopterixios, peixes de aletas lobuladas, evolucionaron cara a formas actuais como o fósil vivente celacanto.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Clack, Jennifer A. (2002). Gaining Ground: The Origin and Early Evolution of Tetrapods. Indiana University Press. ISBN 978-0253340542.
- Clack, Jennifer A. (1997). "Devonian tetrapod trackways and trackmakers: a review of the fossils and footprints.". Paleogeography, Paleoclimatology, Paleoecology 130 (1). 0031-0182 , 227-250.
- Laurin, Michel (2004). "The evolution of body size. Cope’s Rule and the origin of amniotes.". Systematic Biology 53 (4). 1063-5157 , 594-622.
- Long, J.A.; Gordon, M.S. (2004). "The greatest step in vertebrate history: a paleobiological review of the fish-tetrapod transition.". Physiological and Biochemical Zoology 77 (5). 1522-2152 , 700-719.
- Markey, Molly J.; Marshall, Charles R. (2007). "Terrestrial-style feeding in a very early aquatic tetrapod is supported by evidence from experimental analysis of suture morphology.". PNAS 104 (17). 0027-8424 , 7134-7138.
- Laurin, M. & Anderson, J. S. (2004) Meaning of the name Tetrapoda in the scientific literature: An exchange. Syst. Biol. 53:68–80.
- Ruta, Marcello; Jeffery, Jonathan E.; Coates, Michael I. (2003). "A supertree of early tetrapods.". Proceedings of the Royal Society B 270 (1532). 0962-8452 , 2507–2516. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 27 de agosto de 2012.
- Ruta, Marcello; Wagner, Peter J.; Coates, Michael I. (2006). "Evolutionary patterns in early tetrapods. I. Rapid initial diversification followed by decrease in rates of character change.". Proceedings of the Royal Society B 273 (1598). 0962-8452 , 2107–2111. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2013. Consultado o 27 de agosto de 2012.
- Wagner, Peter J.; Ruta, Marcello; Coates, Michael I. (2006). "Evolutionary patterns in early tetrapods. II. Differing constraints on available character space among clades.". Proceedings of the Royal Society B 273 (1598). 0962-8452 , 2113–2118. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2013. Consultado o 27 de agosto de 2012.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- UCMP Taxonomy page
- How did fish grow legs?
- Human Ears Evolved from Ancient Fish Gills
- Sinostegia discovery reported in National Geographic
- Devonian Times - Tetrapod Trackways Arquivado 04 de agosto de 2007 en Wayback Machine.
- Abstract of Jennifer A. Clack, "An early tetrapod from 'Romer's Gap'" en Nature, xullo de 2002.