iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Telescopio_Hale
Telescopio Hale - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Telescopio Hale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Telescopio Hale
TipoTelescopio reflector e telescopio óptico
Data de fundación1948
Nomeado en referencia aGeorge Ellery Hale
Eventos/Actividadesconstrución
EnCalifornia e Observatorio Palomar
PaísEstados Unidos de América
33°21′23″N 116°51′54″O / 33.356277777778, -116.86488888889
Na rede
http://www.astro.caltech.edu/palomar/about/telescopes/hale.html
editar datos en Wikidata ]
O telescopio Hale.

O telescopio Hale é un telescopio de 200 polgadas (508 cm) de diámetro instalado no Observatorio Palomar, Estados Unidos; entrou en funcionamento en 1947 e comezou observacións regulares en 1949.[1] Foi financiado grazas ao esforzo de George Hale.

Grazas ao seu enorme tamaño e potencia, puidéronse medir os espectros e velocidades radiais de gran cantidade de galaxias: grazas a eles Milton Humason e Edwin Hubble puideron determinar a lei que rexe o desprazamento destes corpos celestes, medindo de modo aproximado o valor da constante de Hubble.

O espello de 200 polgadas (5,1 m) de diámetro do telescopio reflector foi realizado por Corning Inc. entre 1934 e 1936, utilizando vidro de borosilicato de baixa expansión.[2]

Tras un intento errado de fabricar o espello con cuarzo fundido, George Ellery Hale expuxo a Corning Inc. o reto de fabricar o espello do telescopio de 200 polgadas. No seu primeiro intento tamén fracasou, porque a peza de vidro presentaba burbullas. Con todo, o segundo intento foi un éxito grazas a que para a súa fabricación tomáronse todo tipo de precaucións, incluíndo un ano de lento arrefriado controlado da colosal peza. O espello estivo terminado en 1935.

Os seus cinco metros de diámetro significaron un fito na historia da Astronomía, sendo o telescopio de maior tamaño até que, anos despois, os soviéticos lograron construír un cun espello de seis metros de diámetro (telescopio de Zelenchúkskaia). Porén, as dificultades para construír espellos macizos de maior tamaño forzaron a desenvolver outras tecnoloxías distintas: os telescopios de espellos segmentados, boa mostra dos cales é o Telescopio de Monte Hopkins. Hai uns anos denominábase Telescopios de Nova Xeración (Next Generation Telescopes, NGT) aos telescopios reflectores cuxos espellos primarios serían de máis de seis metros de diámetro O primeiro telescopio desta xeración foi o Keck I, de dez metros de diámetro, situado en Mauna Kea, Hawai, que empezou a funcionar a finais de 1990.

Entre os seus moitos logros cabe destacar, como anécdota, que en 1982 foi o primeiro telescopio do mundo en localizar o aínda inerte cometa 1P/Halley nese ciclo, bastantes meses antes de que comezase a activarse e a brillar ao emitir gas e po: isto puido conseguirse tanto polo diámetro do seu enorme espello primario como por usar unha cámara CCD.

  1. Valerie Illingworth, redactor, The Facts on File Dictionary of Astronomy, 3a edición, 1994, Facts on File, Nueva York, p. 322:
    " Palomar Observatory...The 200" reflector, now known as the Hale telescope, first saw light in Dec. 1947. Regular observing began in 1949"
    "Observatorio Palomar... O reflector de 200 polgadas, agora coñecido como telescopio Hale, apareceu por primeira vez á luz en decembro de 1947. A observación regular comezou en 1949."
  2. "Caltech Astronomy: History - 1908–1949". Caltech. n.d. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2008. Consultado o 17 de marzo de 2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]