iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Tarifa
Tarifa - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Tarifa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTarifa
Imaxe

EpónimoTarif ibn Malik (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 36°00′55″N 5°36′20″O / 36.01531, -5.60567
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Cádiz Editar o valor en Wikidata
CapitalTarifa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación18.621 (2023) Editar o valor en Wikidata (44,37 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie419,67 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico e Mar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Altitude7 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
19 de decembro de 1811Siege of Tarifa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónSebastián Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJuan Andrés Gil García
Francisco Ruiz Giráldez (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal11380 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE11035 Editar o valor en Wikidata

Sitio webaytotarifa.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX454487

Tarifa é un municipio situado no extremo meridional da provincia de Cádiz, ocupando a parte occidental da comarca do Campo de Xibraltar.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Dentro do seu termo municipal atópase o punto máis meridional da Península Ibérica, a Punta de Tarifa ou Marroquí, accidente xeográfico que se sitúa na Illa de Las Palomas, unida hoxe á propia cidade por medio dunha estrada-rúa, que serve de acceso ao faro que nela se sitúa.

O cabo ou Punta de Tarifa serve ademais de divisoria ás augas do mar Mediterráneo e do océano Atlántico, que se cruzan xusto enfronte da propia cidade, que polo tanto está situada na parte máis angosta da canle ou Estreito de Xibraltar, a unha distancia máxima de 14 quilómetros das costas marroquís, o que a converte na cidade europea máis próxima ao continente africano.

Tarifa posúe un termo municipal cuxa extensión é de 414,56 km², o que lle converte no máis extenso da comarca campoxibraltareña, achegando un 27,4% do marco territorial da mesma.

Tarifa linda ao leste cos termos municipais de Alxeciras e Los Barrios, ao norte con Medina-Sidonia, e ao noroeste con Vejer de la Frontera e Barbate. Os límites oeste, sur e sueste non son político-administrativos senón físicos, así ao oeste limita co océano Atlántico e ao sur e sueste co mar Mediterráneo.

En Tarifa atópase máis de medio centenar de covas e abrigos con arte rupestre, pertencentes ao conxunto coñecido localmente como arte sureña. De todos estes xacementos destaca a Cueva del Moro con gravados de cabalos dunha antigüidade de 20.000 anos.

Contaba en 2007 con 17.736 habitantes.