Tahini
Aparencia
(Redirección desde «Tahina»)
Tahini | |
Tahini con limón e allo. | |
Outros nomes | Tahina |
Tipo | Mollo |
Orixe | Oriente Medio |
Ingredientes | |
Vexetal | Semente de sésamo |
Relacionados | |
Similares | Hummus |
Tahini ou tahina (en árabe: طحينية, en hebreo: טחינה, en turco: Tahin que significa fariña) é unha pasta feita con sementes de sésamo moídas que se emprega en moitos pratos da gastronomía en Oriente Medio.[1]
Emprego
[editar | editar a fonte]É un ingrediente esencial do hummus (puré de garavanzos) e do baba ganush (puré de berenxenas). Pode tomarse tamén untada en pan (principalmente, en pan de pita) e aliñada, e adóitase diluír en zume de limón e auga, engadindo opcionalmente allo para formar un mollo que acompaña diversos pratos, como as brochetas de carne (os chamados pinchos morunos), a carne asada (shawarma), as croquetas de garavanzos ou fabas (faláfel), ensaladas, etc.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ghillie Basan, Jonathan Basan (2006), The Middle Eastern Kitchen: A Book of Essential Ingredients with Over 150 Authentic Recipes, p.146, Hippocrene Books
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tahini |