Peixe mandarín
Aparencia
(Redirección desde «Synchiropus splendidus»)
Peixe mandarín | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Non avaliado | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Synchiropus splendidus' (Herre, 1927) | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Callionymus splendidus Herre, 1927 Neosynchiropus splendidus (Herre, 1927) Pterosynchiropus splendidus (Herre, 1927) |
O peixe mandarín, de nome científico Synchiropus splendidus, é un pequeno peixe de cores brillantes pertencente á familia dos calinonímidos, que é moi popular nos acuarios de auga salgada. O peixe mandarín é oriúndo do océano Pacífico, habitando aproximadamente dende as Illas Ryukyu até o sur de Australia.
Características
[editar | editar a fonte]Posúe un corpo alongado, ollos saltóns e dúas aletas dorsais. Acada unha lonxitude próxima aos 6 centímetros. Destacan as franxas verdes, alaranxadas, e amarelas, con azul como cor de fondo que ten ao correr do corpo. Aliméntanse principalmente de pequenos crustáceos e outros invertebrados.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peixe mandarín |