Star Trek (filme)
Star Trek | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Star Trek |
Director | J. J. Abrams |
Produtor | J. J. Abrams Damon Lindelof |
Guión | Roberto Orci Alex Kurtzman |
Baseado en | Star Trek de Gene Roddenberry |
Intérpretes | Chris Pine Zachary Quinto Leonard Nimoy Karl Urban Zoe Saldana Simon Pegg John Cho Anton Yelchin Eric Bana Bruce Greenwood |
Música | Michael Giacchino Alexander Courage (Temas) |
Fotografía | Daniel Mindel |
Montaxe | Mary Jo Markey Maryann Brandon |
Estudio | Spyglass Entertainment Bad Robot Productions |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 2009 |
Duración | 126 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ciencia ficción |
Orzamento | $150.000.000[1] |
Filme seguinte | Star Trek Into Darkness |
Na rede | |
http://www.startrek.com/page/star-trek-2009 e http://www.startrekmovie.com/ | |
Star Trek é un filme de ciencia ficción de 2009 dirixido por J. J. Abrams, con guión de Roberto Orci e Alex Kurtzman, produción de Damon Lindelof e Bryan Burk ademais do propio Abrams, e distribuído por Paramount Pictures. É o décimo primeiro filme baseado no universo Star Trek creado por Gene Roddenberry e nel aparecen os personaxes da serie de televisión orixinal de Star Trek como o doutor Leonard McCoy ("Bones"), o oficial de comunicacións Uhura, o enxeñeiro Montgomery Scott, o temoneiro Hikaru Sulu e o oficial mozo Pavel Chekov.
A intriga do filme céntrase na primeira misión común de James T. Kirk (Chris Pine) e Spock (Zachary Quinto) no USS Enterprise para combater a Nero (Eric Bana), un romulano que procedo do futuro que se enfronta á Federación de Planetas Unidos ameazando con destruír todos os seus planetas.
O desenvolvemento do filme comezou en 2005, pretendíase ser fiel ó canon de Star Trek pero modernizando a produción, introdución elementos dalgunhas das novelas e modificando a historia con viaxes no tempo a filmación realizouse entre o 25 de decembro de 2007 e marzo de 2008 e a estrea foi o 7 de maio de 2009 en Australia, recadando máis de 76 millóns de dólares na primeira semana.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Historia de como se coñeceron o capitán Kirk e Spock. Todo está preparado para a viaxe inaugural da nave máis moderna que xamais existiu: a USS Enterprise. A súa tripulación ten unha importante misión: atopar un xeito de deter ó malvado Nero (Eric Bana), que movido pola vinganza ameaza a toda a humanidade. Pero o destino da galaxia está en mans de dous rivais que naceron en mundos diferentes. Un deles, Tiberio James Kirk (Chris Pine), un rapaz dunha granxa de Iowa que busca emocións, é un líder nato na busca dunha causa. O outro, Spock (Zachary Quinto), que creceu no planeta Vulcano, é un paria debido á súa parte medio humana. Mais Spock é tamén un brillante e decidido estudante. A tripulación da USS está liderada polo Capitán Christopher Pike (Bruce Greenwood). Tamén están o Oficial Médico, Leonard "Bones" McCoy (Karl Urban); o home que pasará a ser o enxeñeiro xefe do buque, Montgomery "Scotty" Scott (Simon Pegg); a oficial de comunicacións Uhura (Zoe Saldana); o experimentado Timonel Sulu (John Cho) e o rapaz de 17 Chekov (Anton Yelchin).
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Chris Pine como James T. Kirk
- Jimmy Bennett como Kirk de neno
- Zachary Quinto como Spock
- Jacob Kogan como Spock de neno
- Leonard Nimoy como Spock de vello
- Karl Urban como Dr. Leonard "Bones" McCoy
- Zoe Saldana como Nyota Uhura
- Simon Pegg como Montgomery "Scotty" Scott
- John Cho como Hikaru Sulu
- Anton Yelchin como Pavel Chekov
- Eric Bana como Capitán Nero
- Bruce Greenwood como Christopher Pike
- Rachel Nichols como Gaila
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2009: Oscar: Mellor maquillaxe. 4 nomeamentos.
- 2009: 2 nomeamentos ós Premios BAFTA: Mellor son e efectos especiais visuais.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 2009
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por J. J. Abrams
- Filmes producidos por J. J. Abrams
- Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América
- Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América
- Filmes de Bad Robot Productions
- Filmes de Paramount Pictures
- Filmes de Spyglass Entertainment
- Filmes rodados nos Ánxeles
- Filmes rodados en California
- Filmes rodados en Utah
- Filmes sobre vinganza
- Filmes de viaxes no tempo
- Star Trek
- Filmes distribuídos en sistemas IMAX