iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Sotelo_Blanco
Sotelo Blanco Edicións - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Sotelo Blanco Edicións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sotelo Blanco»)
Sotelo Blanco Edicións
Tipoeditorial
Data de fundación1980
SedeSan Marcos
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]
Olegario Sotelo Blanco, fundador de Sotelo Blanco Edicións.

Sotelo Blanco Edicións é unha empresa editorial galega, con sede en Santiago de Compostela. Foi creada por Olegario Sotelo Blanco no mes de marzo de 1980 e está especializada en publicacións narrativas, poéticas, infantís e ensaísticas. Ademais encárgase da publicación da revista trimestral A Trabe de Ouro, que acadou os cen números, dirixida por Xosé Luís Méndez Ferrín que inclúe artigos sociopolíticos e textos inéditos desde o ano 1990.

Historia da lingua galega.

A editorial foi fundada no ano 1980 polo escritor, editor e xornalista galego Olegario Sotelo Blanco. Ademais de ter fundado Sotelo Blanco, tamén creou a editorial Ronsel en 1992, que publica obras en lingua castelá.

Ten publicado máis de 1000 obras en lingua galega. Nos seus comezos dedicáronse a un labor de recuperación cultural, editando facsímiles e libros de conversas con persoeiros. Tamén tiñan unha liña de apoio á poesía, ao teatro e a narrativa a través das coleccións “Leiladoura”, “A Biblioteca do Arlequín” e “Medusa”. Destaca o número de publicacións dirixidas ao público infantil e xuvenil, nas que se promocionan autores e ilustradores galegos como Xavier Mugardos ou Viki Berre, en coleccións como Bolboreta ou Os contos da Mala Malona.[1]

A editorial está especializada na narrativa con coleccións como “Medusa”, “Literaria” e “Biblioteca de traducións” e na poesía destacan as coleccións “Leiladoura” e “Vento que zoa”; tamén publica teatro (“A biblioteca do arlequín”), entrevistas e cuestións de actualidade (“Realidade”), a historia, a literatura, o ensaio e as ciencias humanas (“Clásicos galegos”, “Estudios e investigación”, “A biblioteca do profesor”, “Literaria e crítica” ou “Comarcas galegas”). Teñen un gran número de obras de literatura infantil e xuvenil con coleccións como “12 x 22”, “Sotelo Blanco infantil e xuvenil”, “Os contos de Mala Malona”, “Pip”, “A túa dona”, “Bolboreta” ou “Contos para crecer”. Elaboran material didáctico (“Lectura e escritura”, “Matemáticas”, “Coeducación”, “Música”, “FP-ciclos formativos”, “Actividades didácticas” ou “Libros de texto”) e realizan un importante labor coa edición de volumes especiais denominados como facsímiles e raros (“Resgate” e “Resgate 2”).[2]

Nesta editorial teñen publicados autores como Antón Avilés de Taramancos, Manuel Rivas, Miguel Anxo Fernán-Vello, Eduardo Blanco Amor, Méndez Ferrín, ou Ricardo Carballo Calero.[1]

Na década de 1990 abriu a súa propia distribuidora e sede en Santiago de Compostela.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Sotelo Blanco Edicións". Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo. 1999-2002. p. 386. ISBN 84-7680-288-9. 
  2. "Edicións Sotelo Blanco". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]