Sociedade Alemá da Medalla de Arte
Sociedade Alemá da Medalla de Arte | |
---|---|
Tipo | Grupo de presión e asociación profesional |
Data de fundación | 1991 |
En | Berlín |
País | Alemaña |
Na rede | |
http://www.medaillenkunst.de | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Sociedade Alemá da Medalla de Arte (en alemán: Deutsche Gesellschaft für Medaillenkunst –DGMK–) é unha entidade asociativa alemá fundada en Bonn en 1991 que ten por obxecto a preservación e a promoción da arte da medalla nese país.[1][2]
A sociedade, que mudou a súa sede a Berlín, supera os 200 membros, entre os persoais e os corporativos, que abranguen artistas, museos, coleccionistas, científicos, fabricantes e comerciantes.[1]
En outubro de 2019 foi nomeado presidente da entidade Martin Hirsch.[3]
Fundación
[editar | editar a fonte]O día 15 de xuño de 1991 tivo lugar unha reunión no distrito de Ernst-Moritz-Arndt_Haus, en Bonn, á que asistiron numerosas persoas relacionadas coa arte da medalla. O motivo do encontro era a asistencia á exposición Aufbruch-Durchbruch. Zeitzeichen in der deutschen Medaillenkunst, celebrada no Rheinisches Landesmuseum Bonn e organizada conxuntamente polo Gabinete Numismático (Münzkabinett) de Berlín e o de Múnic. Os asistentes chegaran coa intención de superaren as divisións que padecían as sociedades medallísticas do país, fundamentalmente a Deutschen Medaillengesellschaft ("Sociedade Alemá da Medalla"), no oeste, e a Deutschen Gesellschaft für Medaillenkunst ("Sociedade Alemá para a Arte da Medalla"), no leste. O resultado do encontro foi a fusión de ambas as institucións para fundar unha entidade unificada que representase a arte da medalla.[4]
Funcionamento
[editar | editar a fonte]A Sociedade serve de apoio á investigación da arte histórica da medalla e, consonte os obxectivos fixados pola Federación Internacional da Medalla (FIDEM), procura a promoción especial da medalla contemporánea.[1][2]
Con ese fin, organiza exposicións, simposios e conferencias, promove a emisión de medallas e promove os contactos entre artistas, estudosos, afeccionados, fabricantes e comerciantes.[1][2]
Premios
[editar | editar a fonte]Premio Hilde-Broër
[editar | editar a fonte]Trátase dun premio para a promoción da medalla de arte moderna establecido en 2005 en conxunto co municipio de Kressbronn, no lago Constanza, onde o artista Hilde-Broër pasou a segunda etapa da súa vida.[5]
Os artistas da medalla galardoados con este premio foron os seguintes: Hans Karl Burgeff (2005)[5], Heide Dobberkau (2006)[6], Wilfried Fitzenreiter (2007)[7], Gertrud Angelika Wetzel (2008)[8], Peter Götz Güttler (2009)[9], Anna Franziska Schwarzbach (2011)[10], Bernd Göbel (2013)[11], Hubertus von Pilgrim (2013)[12], Eberhard Linke (2015)[13], Klaus Kowalski (2017)[14] e Heidi Wagner-Kerkhof (2019)[15].
Premio Johann Veit Döll
[editar | editar a fonte]A artesanía do gravado na localidade turinxia de Suhl ten unha historia centenaria. Medallistas de sona, como Johann Veit Döll, a familia Stockmar, Johann Balthasar Gass, Christoph Carl Pfeuffer e Friedrich Wilhelm Hörnlein traballaron para os gobernantes saxóns e prusianos e para a Ceca de Berlín, a Ceca Estatal de Saxonia e a corte do Tsar en San Petersburgo.[16]
Seguindo esta tradición, a cidade de Suhl outorga como galardón dunha medalla contemporánea de gran calidade artística e técnica. Este recoñecemento foi instituído en 2002 co nome de Johan Veit Döll, e foi outorgado con carácter bianual a partir de 2006 en conxunto coa Sociedade Alemá da Medalla de Arte.[16]
Algúns dos artistas galardoados con este premio foron: František Chochola (2002), Peter G. Güttler e Ralf Exner (2006), Hubertus von Pilgrim (2008), Arthur K. Grupp (2010). [16]
Publicacións
[editar | editar a fonte]A Sociedade Alemá da Medalla de Arte publica cunha certa periodicidade catálogos e monografías acerca da arte da medalla. Na serie Die Kunstmedaille in Deutschland ("A medalla de arte en Alemaña"), que durante os seus tres primeiros volumes se denominou Die Kunstmedaille der Gegenwart in Deutschland ("A medalla de arte do presente en Alemaña"), trátanse varios temas do aspecto artístico da medalla histórica e da contemporánea. Esta serie componse de 29 volumes, varios deles elaborados en estreita colaboración coa Fundación Gitta Kastner, da Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña, e co Münzkabinett de Berlín.[17]
- Volume 1 (1992). Die Kunstmedaille der Gegenwart in Deutschland 1988-1991.
- Volume 2 (1994). Steguweit, W. (ed.). Die Kunstmedaille der Gegenwart in Deutschland 1991-1993.
- Volume 3 (1994). Kestner-Museum Hannover (Hrsg.): Die Kunstmedaille der Gegenwart in Norddeutschland 1974-1994. ISBN 3-924029-23-7
- Volume 4 (1996). Steguweit, W. (ed.). Die Kunstmedaille in Deutschland 1993-1995, mit Nachträgen seit 1988. ISBN 3-7861-1926-0
- Volume 5 (1996). Dräger, U. Deutsche Kunstmedaillen des 20. Jahrhunderts aus der Sammlung des Landesmünzkabinetts Sachsen-Anhalt. ISBN 3-7861-1955-4
- Volume 6 (1997). Steguweit, W. (ed.) Medaillenkunst in Deutschland von der Renaissance bis zur Gegenwart. ISBN 978-3786122517
- Volume 7 (1997). Steguweit, W. (ed.). Kunst und Technik der Medaille und Münze. Das Beispiel Berlin. ISBN 3-7861-1999-6
- Volume 8 (1998). Heidemann, M. Medaillenkunst in Deutschland von 1895 bis 1914. ISBN 9783786114161
- Volume 9 (1999). Wynhoff, E. Hans Karl Burgeff - Medaillen. Plaketten. Münzen. Gesamtverzeichnis 1951-1997.
- Volume 10 (1999). Steguweit, W. (ed.). Die Kunstmedaille in Deutschland 1995-1998. ISBN 3-7861-2329-2
- Volume 11 (2000). Steguweit, W. (ed.). Arche 2000. ISBN 9783786123675
- Volume 12 (2000). Steguweit, W. (ed.). XXVII FIDEM 2000 - Internationale Medaillenkunst. ISBN 3-7861-2368-3
- Volume 13/I (2000). Klauß, J. Die Medaillensammlung Goethe - Band I: Bestandskatalog.
- Volume 13/II (2000). Klauß, J. Die Medaillensammlung Goethe - Band II: Bestandskatalog - Quellen.
- Volume 14 (2000). Steguweit, W. (ed.). Die Medaille und Gedenkmünze des 20. Jahrhunderts in Deutschland. ISBN 3-88609-443-X
- Volume 15 (2002). Forschler-Tarrasch, A. Leonhard Posch - Porträtmodelleur und Bildhauer. 1750-1831. ISBN 978-3922912552
- Volume 16 (2002). Bernd Göbel - Medaillen, Plastik, Geräte, Grafik.
- Volume 17 (2002). Heidemann, M.; Steguweit, W. (eds.). Dank der Burg. Medaillenkunst in Halle im 20. Jahrhundert. ISBN 978-3786124627
- Volume 18 (2003). Wesche, M. (ed.). Der Künstlerkreis der Medailleure München. ISBN 3-7861-2486-8
- Volume 19 (2004). Steguweit, W.; Dräger, U. (ed.). Bibliographie zur Medaillenkunde. ISBN 3-86105-004-8
- Volume 20 (2004). Steguweit, W. Hilde Broër - Bildhauerin und Medailleurin. Leben und Werk. ISBN 3-7861-2490-6
- Volume 21 (2005). Bannicke, E. Johann Christian Koch - Medailleur des Barock. ISBN 3-7861-2512-0
- Volume 22 (2005). Dethlefs, G.; Dräger, U.; Steguweit, W. (eds.). GeldKunst - KunstGeld. Deutsche Gedenkmünzen seit 1949. Gestaltung und Gestalter. ISBN 3-9801644-7-0
- Volume 23 (2007). Dräger, U. (Ed.). Die Welt 'en miniature' - Deutsche Medaillenkunst heute. ISBN 978-3-86105-019-6
- Volume 24 (2007). Steguweit, W. Von Ludwig Gies bis Karl Burgeff. Medaillenkunst in Köln im 20. Jahrhundert: ISBN 978-3-7861-2568-6
- Volume 25 (2008). Thiemer, B.; Dräger, U. (eds.). Jutta Osten. Ein gewagtes Leben. ISBN 978-3-937751-53-5
- Volume 26 (2008). Steguweit, W. (ed.). Hilde-Broër-Preis für Medaillenkunst. Ausstellung der Preisträger 2005-2008. ISBN 978-3-9804329-2-4
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Startseite". Sitio web da DGMK.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Satzung der Deutschen Gesellschaft für Medaillenkunst". Numismatissche Gesellschaft zu Berlin.
- ↑ "Über Uns". Sitio web da DGMK.
- ↑ "Chronik 1991-2010". Sitio web da DGMK.
- ↑ 5,0 5,1 "Hilde-Broër-Preis für Medaillenkunst 2005". Sitio web da DGMK.
- ↑ "Hilde-Broër-Preis für Medaillenkunst 2006". Sitio web da DGMK.
- ↑ "Hilde-Broër-Preis für Medaillenkunst 2007". Sitio web da DGMK.
- ↑ "Hilde-Broër-Preis für Medaillenkunst 2008". Sitio web da DGMK.
- ↑ "Hilde-Broër-Preis für Medaillenkunst 2009". Sitio web da DGMK.
- ↑ "Hilde-Broër-Preis für Medaillenkunst 2011". Sitio web da DGMK.
- ↑ "Hilde-Broër-Preis für Medaillenkunst 2013 (I)". Sitio web da DGMK.
- ↑ "Hilde-Broër-Preis für Medaillenkunst 2013 (II)". Sitio web da DGMK.
- ↑ "Hilde-Broër-Preis für Medaillenkunst 2015". Sitio web da DGMK.
- ↑ "Hilde-Broër-Preis für Medaillenkunst 2017". Sitio web da DGMK.
- ↑ "Hilde-Broër-Preis für Medaillenkunst 2019". Sitio web da DGMK.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 "Deutscher Medailleurpreis Johann Veit Döll". Sitio web da DGMK.
- ↑ "Publikationen der DGMK". Sitio web da DGMK.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Szeiklies-Weber, I.; Steguweit, W. (eds.) (1990). Aufbruch, Durchbruch. Zeitzeichen in der deutschen Medaillenkunst. Medaillen, Reliefs, Kleinplastik. Staatliche Münzsammlung. ISBN 978-3922840008