Sinope
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Sinop (tr) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Turquía | ||||
Provincia | Sinop (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 57.404 (2022) | ||||
Lingua oficial | lingua turca | ||||
Xeografía | |||||
Bañado por | Mar Negro | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Evento clave
| |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 57000 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | sinop.bel.tr | ||||
Sinope (Σινώπη) é un porto da costa do Mar Negro, capital dun distrito (Il) de igual nome de Turquía.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi unha cidade hitita que aparece baixo o nome de Sinuwa.
No primeiro milenio antes da nosa era foi a principal das colonias gregas na costa do Euxino, situada nunha península da costa de Paflagonia, próxima ao Cabo Carambis.
A lenda relaciónaa cos argonautas e con Sinope, a filla de Asopo. Os habitantes alegaban que fora fundada por Autólico, un argonauta e compañeiro de Hércules.
Foi fundada como colonia de Mileto por Ambron; os colonos habían ser expulsados polos cimerios aos que Herodoto asigna a fundación. Expulsados os cimerios, estableceuse unha colonia de Éfeso (-632) dirixida por Cous e Crítines (Estacio e Estevo de Bizancio chámano Crítios de Corpo). Nos seguintes anos Sinope vai volverse unha cidade importante moi prospera.
Na segunda metade do século -V estaba gobernada por un tirano chamado Timesileón, que foi aliado de Atenas na guerra do Peloponeso. Expulsado o tirano, os atenienses enviaron un corpo de 600 colonos. Xenofonte descríbea como rica e próspera e di que o seu territorio chegaba ao río Halys, exercendo influencia sobre as tribos de Paflagonia e Capadocia; tiña colonias en Ceraso, Cotiora e Trapezos (Trebisonda). Coa axuda da cidade os dez mil puideron embarcar para Heraclea Póntica. Estrabón di que a súa frota era das principais dos gregos e dona do Euxino, e repartíase con Bizancio a pesca de atún.
Era unha república que o -362 se someteu aos persas e o -331 foi incluída no reino de Capadocia sometido a Alexandre o grande.
Do -322 ao -301 pasou por mans dalgúns dos diádocos de Alexandre o grande e o -301 estableceuse outra vez a tiranía con Escidrotemis (Scydrothemis), príncipe que recibiu unha embaixada de Tolomeo I Soter; o -280 foi outra vez república.
O -220 foi atacada polo rei Mitrídates do Ponto, pero foi rexeitado con axuda enviada desde Rodas. Un tempo despois foi atacada por Farnaces, sucesor de Mitrídates, nun ataque por sorpresa, e apoderouse (-183). Os reis do Ponto convertérona na súa capital.
Mitrídates V Everxetes foi asasinado na cidade o -120 e sucedeuno o seu fillo Mitrídates VI Eupátor chamado o grande, que fora educado na cidade e que a embeleceu, construíndo un novo porto, arsenais navais, e almacéns pola pesca. Despois da batalla de Cízico, Mitrídates nomeou tirano da cidade a Báquides, pero foi finalmente ocupada por Lúculo (70) que lle restaurou a súa independencia.
Despois da derrota de Farnaces II do Ponto en Zela, Xulio César puxo a cidade baixo protectorado romano e estableceu unha colonia romana (Colonia Julia Caesaris Felix Sinope).
A cidade permaneceu como cidade importante e praza forte destacada, pero o seu comercio comezou a decaer, con todo a pesca do atún aínda mantivo a súa prosperidade. O problema da falta de auga foi resolto por Traxano coa construción dun acueduto. Ficou no poder de Roma e de Bizancio, ata que o 1071 foi ocupada polos selxúcidas, pero os bizantinos recuperárona o 1098 e conservárona ata o 1204. Neste ano, foi ocupada por tropas da raíña Tamara de Xeorxia que entregaron o poder a David Comneno, que estableceu un efémero despotado. O 1214 o territorio foi repartido entre Nicea e Iconio (que ocupou a cidade); o 1243 a rexión pasou a soberanía do IlKhan de Persia e sobre o 1302 o emir de Kastamonu (da dinastía Djahandar Oghlu) ocupouna. Baixo os turcos pasou a chamouse Sinab.
Na segunda metade do século XIV as loitas civís levaron á división dos dominios dos Djandar Oghlu e algúns dos emires pretendentes residiu en Sinope; aquí residía Isfandiyar cando a cidade foi ocupada polos otománs o 1393. O 1402 Isfandiyar foi restaurado por Timur Lenk (Tamerlán) ata o 1458 en que foi outra vez ocupada polos otománs.
O 1853 librouse en Sinope unha batalla naval na que os rusos, baixo mando do almirante Nakhimov, destruíron a frota otomán.
Naceron alí o filósofo Dióxenes, o cínico, Batón historiador de Persia, e Dífilo, poeta cómico.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sinope |