iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/STS-113
STS-113 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

STS-113

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-113
Misión STS-113 na rampla de lanzamento
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento24 de novembro de 2002, 00:49GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión13,78 días[6]
Obxectivo da misiónMontaxe, reparación e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso7 de decembro de 2002[6]
NSSDC ID2002-052A

STS-113 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 24 de novembro de 2002 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-113, con catro astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Jim Wetherbee, o piloto Paul Lockhart e os especialistas de misión Michael López-Alegría e John Herrington.[3][5][6][7]

Durante a misión estendouse o mastro central da estación coa viga P1, de 13,7 m e 12,5 toneladas e con parte do sistema de control térmico. Para a súa instalación necesitáronse tres paseos espaciais. Durante a misión tamén se transferiron víveres e subministracións do transbordador á estación. Antes de deixar a estación, o 2 de decembro, o transbordador soltou un par de picosatélites unidos por un cable.[3][5][6][7]

O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 7 de decembro de 2002 despois de tres días de atraso por mal tempo na zona.[3][5][6]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 113" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 30 June 2003 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (03-85488(E)). 2 de xullo de 2003: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de decembro de 2017. Consultado o 21 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 113" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-113 / ISS-11A" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-113" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-113" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2019. Consultado o 30 de outubro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]