Sátiro
Un sátiro (en grego Σάτυρος, Sátyros) é unha criatura da mitoloxía grega na que encarna un espírito ou forza vital da natureza.
Os sátiros, relacionados coas Ménades, forman o cortexo dionisíaco que acompaña ó deus Dioniso. Poden estar tamén asociados co deus Pan.
Aparecen representados de diversas formas, aínda que a máis común é a dunha criatura metade home, metade cabuxa ou carneiro, con orellas puntiagudas e cornos na cabeza, abundante vilosidade, nariz chato, cauda de cabuxa e unha virilidade descomunal é ás veces en erección. Por veces tamén se representan sátiros femias. Cando van vestidos levan pelicos de animais como a pantera (atributo do deus Dioniso).
As representacións romanas confundían ós sátiros cos faunos, que adoitaban ter pernas de chibo. A confusión perdurou incluso nas obras de arte contemporáneas, como o "fauno danzante" de Lequesne, que é mais ben un sátiro.
As representación aparecen en diversas idades da vida. Os pequenos son chamados satyriscoi e aparecen como mozos graciosos: o sátiro Anapauomenos ("en descanso"), atribuído ó escultor Praxíteles é un bo exemplo. Os sátiros maiores son chamados silenos, polo deus Sileno ou Pan, preceptor de Dionisio, é aparecen representados cunha grande fealdade. Adoitan portar copas ou tirsos nas mans, en actitude de bailar coas ninfas.
Criaturas semellantes ós sátiros aparecen noutras mitoloxías, como o Leszi eslavo, ou a carantoña, que se di habita nos bosques do noroeste da Península Ibérica. Normalmente trátase de criaturas de carácter festivo, burleiro e descarado, amigos da festa e do bo viño, cunha sexualidade promiscua e despreocupada e ás veces incluso violenta. Na mitoloxía cristiá a figura do sátiro foi traspasada ó diaño.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sátiro |
Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |