iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Ruibarbo
Ruibarbo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Ruibarbo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ruibarbo cru
Valor nutricional por 100 g
Enerxía88 kJ (21 kcal)
4.54 g
Azucres1.1 g
Fibra alimentaria1.8 g
0.3 g
0.8 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
2%
0.02 mg
Riboflavina (B2)
3%
0.03 mg
Niacina (B3)
2%
0.3 mg
Ácido pantoteico (B5)
2%
0.085 mg
Vitamina B6
2%
0.024 mg
Ácido fólico (B9)
2%
7 μg
Colina
1%
6.1 mg
Vitamina C
10%
8 mg
Vitamina E
2%
0.27 mg
Vitamina K
28%
29.3 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
9%
86 mg
Ferro
2%
0.22 mg
Magnesio
3%
12 mg
Manganeso
9%
0.196 mg
Fósforo
2%
14 mg
Potasio
6%
288 mg
Sodio
0%
4 mg
Cinc
1%
0.1 mg

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

O ruibarbo (Rheum rhabarbarum L.) é unha planta cultivada comestíbel moi utilizada como fitoterápico. Provén do nordés de Europa - Asia (Ucraína). Acada os tres metros de altura e consta de follas con pecíolos grosos arroibados e comestíbeis. O seu consumo en Europa é bastante popular, mais non en Galiza.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O nome é unha combinación do grego rha e de barbarum; rha reférese tanto á planta como ao río Volga, de onde supostamente é orixinaria.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Acada até tres metros de altura e consta de follas con pecíolos grosos e carnoso de (normalmente) entre 2 e 5 centímetros de groso. A cor do pecíolo varía entre o verde e o vermello e é a única parte comestíbel, xa que as súas follas son tóxicas, pois teñen forte concentración de ácido oxálico, nefrotóxico e corrosivo.[2] Estas follas están dispostas en grupos basais, son cordadas e palmadamente bilobulares. O seu talo subterráneo é un rizoma que lle serve para almacenar nutrientes durante o invierno. As flores teñen tonalidades que varían entre o vermello amarelado e o verde abrancazado, agrupadas ao tamaño dun talo alto, e que aparecen durante o verán.

A planta vive varios anos e desaparece no inverno antes de aparecer novamente na primavera. A súa colleita non debe pasar o principio do verán porque a medida que máis medra, máis contido de ácido oxálico ten, polo que resulta incomestíbel.

Orixinario de Asia, ten sido usado como planta medicinal dende hai milleiros de anos, principalmente na medicina chinesa. O ruibarbo tamén era moi utilizado e vendido polos viaxantes da ruta da seda. Como alimento comezou a ser utilizado por volta do século XIII, cando chegou a Gran Bretaña. Aínda hoxe é na Gran Bretaña onde se produce e consome a maior parte do ruibarbo. Tamén se consome en Francia.

Propiedades e indicacións terapéuticas

[editar | editar a fonte]

Dixestivo, estimulante do fígado, estomáquico, laxante en doses superiores a 2g e antidiarreico en doses de até 300 mg (raíces). Indicado para atonía gástrica acompañada de presión de ventre. Diminúe a absorción de ferro. Esa droga asociada ao ácido acetil salicílico (AAS) pode causar xenxivite e estomatite.

Segundo algúns especialistas non é recomendábel para quen teña cálculo renal ou gota debido ao seu alto contido de oxalato (por mor do 10% de taninos presentes).

Na gastronomía adoita usarse en sobremesas. Pode consumirse cru, directamente ou adobándoo como ensalada e tamén cocido, en forma de compota, marmelada ou como recheado de empanadas doces (tortas de ruibarbo).

Polo seu alto contido de antraquinonas os seus extractos son utilizados para o tratamento das carouquexas e outras afeccións das mucosas bucais e as súas infusións úsanse coma laxantes.[3] Tamén é utilizado en purgantes, en particular para desparasitar. Non se teñen sinalado danos irreparábeis na dentición, mais se recomenda consumir o ruibarbo con alimentos que conteñan calcio, como o leite ou o iogur.

  1. McGee, Harold. On Food and Cooking: The Science and Lore of the Kitchen. New York, NY: Scribner, 2004. p 366
  2. (en inglés) U.S. National Library of Medicine - National Institutes of Health: Rhubarb leaves poisoning
  3. Ruibarbo; Criasaude.