iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Restauración_Francesa
Restauración Francesa - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Restauración Francesa

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaRestauración Francesa
Royaume de France (fr) Editar o valor en Wikidata

HimnoLe Retour des Princes français à Paris (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata
CapitalParís Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor en Wikidata
Relixióncatolicismo Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1814 Editar o valor en Wikidata
Disolución1830 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porMonarquía de Xullo Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento , Editar o valor en Wikidata
Moedafranco francés Editar o valor en Wikidata

A Restauración Francesa é o nome que se lle da a un período da historia de Francia que comeza coa volta dos Borbóns ao trono francés e remata coa Revolución de 1830.

A Primeira Restauración

[editar | editar a fonte]

A restauración de Lois XVIII ao trono en 1814 se puido levar a cabo grazas a axuda do ministro de exterior de Napoleón, Talleyrand quen convenceu as forzas aliadas do desexo de restaurar aos Borbón no trono.[1] Os aliados que habían apoiado a diferentes candidatos nun principio: Gran Bretaña aos Borbóns, Austria considerou a rexencia do fillo de Napoleón, François Bonaparte, e os Rusos dubidaban entre o duque de Orleáns Lois Filipe ou Jean-Baptiste Bernadotte (antigo Mariscal de Francia baixo o goberno de Napoleón que era ademais herdeiro ao trono de Suecia). Ofrecéuselle a Napoleón conservar o trono ata febreiro de 1814, coa condición de que as fronteiras de Francia volveran as de 1792, pero este negouse.[2]

Lois, en acordo coa Declaración de Saint-Ouen[3] aceptou a constitución escrita, a Carta de 1814, que garantía unha lexislatura bicameral. O sufraxio estaba limitado aos homes con propiedades considerables, e só un 1% da poboación podía votar.[4]

Caricatura na que se mostra a Familia Real e os Aliados preocupados pola felicidade de Europa

Logo da popularidade inicial, Lois XVIII de Francia tratou de desfacer os avances logrados trala revolución o que fixo que perdera os seus apoios maioritarios. Actos como o de trocar a bandeira tricolor pola bandeira dos Borbóns, nomearse Lois XVIII, como sucesor de Lois XVII quen nunca gobernou, o de adoptar o título de Rei de Francia en lugar de Rei dos Franceses e o recoñecemento dos aniversarios das mortes de Lois XVI e de María Antonieta foron significantes para o descontento popular.

A caída da Primeira Restauración

[editar | editar a fonte]

Napoleón que estaba na illa de Elba aproveitou un descoido dos seus vixilantes para poder escapar e chega a Antibes o 1 de marzo de 1815, a súa chegada é acollida con clamor en toda Francia agás na Provenza onde sempre apoiaron aos Borbóns. Sen disparar nin un só tiro, a pequena tropa de Napoleón pasou a converterse nun grande exército que cinco días máis tarde da súa chegada a Francia, chega a París de onde Lois XVIII fuxira con celeridade. Comezan así os Cen Días que rematarán coa Batalla de Waterloo e a caída definitiva de Napoleón.

A Segunda Restauración

[editar | editar a fonte]

Trala caída definitiva de Napoleón en 1815, Lois XVIII regresa a Francia. Entre 1816 e 1817, Lois XVIII rebaixa os impostos durante unhas fames causando a baixada dos prezos e provocando a ira dos terratenentes, fonte de lexitimidade dos Borbóns. Coa morte deste en 1824, sobe ao trono de Francia, Carlos X. Aínda hoxe existe un grande debate entre os historiadores sobre cales foron as causas reais que levaron á caída de Carlos X. Considerase, porén, que é desde 1827 ata 1830 cando unha serie de crises económicas, combinadas co auxe da oposición liberal na Cámara dos Deputados a que fixo caer aos conservadores pro-borbónicos. En 1830, o goberno de Carlos X se atopaba con problemas por todas partes. A nova maioría liberal, o auxe da prensa liberal en París, que superaba ao oficial do goberno, indicaban un xiro ata a esquerda dos parisienses. A situación pronto chegou ao extremo a revolución que estalou ese mesmo ano e que rematou con Lois Filipe de Orleáns como novo Rei dos Franceses. Poñíase inicio á Monarquía de Xullo.

Reis desta etapa

[editar | editar a fonte]
  1. Tombs. 1996. p. 329
  2. Tombs, p. 329
  3. Furet, p. 271
  4. "Furet, p. 272"

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]