iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Refraneiro_galego_da_abella
Refraneiro galego da abella - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Refraneiro galego da abella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ó que se fai mel cómeno as moscas
  • A abella i a ovella en abril deixan a pelexa [1].
  • A abellariza e o coello, no monte vello.
  • A auga enriba de mel sabe mal e fai ben [2].
  • A cera sobexa queima a igrexa [3]
  • A chuvia no mes de agosto, non é chuvia que é mel e mosto [4][5].
  • A ovella e a abella no maio deixan a pelexa.
  • A ovella e a abella polo abril deixan a pelexa.
  • A quen Dios quer ben, caille a sopa no mel.
  • A quen se fai de mel, cómeno as moscas.
  • Abella e ovella, e pedra que trebella.
  • Abellas revoltas, tempestades ás voltas [1].
  • Aceite, no alto; viño, no medio; mel, no baixo.
  • Aceite, o de enriba; viño, o do medio; mel, o do fondo.
  • Ano de abellas, ano de ovellas.
  • Ano de enxames, ano de fames [6].
  • Ano de ovellas, ano de abellas [7][8].
  • A quen con mel trata, algo se lle pega [9].
  • A todos lle gusta o mel, e a min tamén [9].
  • Abella e ovella, e pedra que trebella [1].
  • Abellas revoltas, tempestades ás voltas [1].
  • Ano de enxames, ano de fames [6].
  • As abellas da Madalena, Dios as trai e Dios as leva [10].
  • As moscas no verau comen o mel e comen o gando.
  • Ás solteiras mel, ás casadas fel.
  • Ata despois da vendimia non cáte-la entena.
  • Ata lavar os galleiros non cáte-lo teu abelleiro.
  • Ata pasada a vendimia non digas: “¡Eite a mel miña!”.
  • Auga de agosto, azafrán, mel e mosto.
  • Auga de agosto dá mel e mosto [11].
  • Auga de agosto, mel e mosto [2].
  • Auga en agosto, azafrán, mel e mosto [12].
  • Cando chove en agosto, chove mel e mosto.
  • Cando chove por agosto, chove mel e mosto [13].
  • Cando é moita a cera na igrexa está o abade de festa [14].
  • Canto máis doce é o mel, máis zugan as abellas nel [15].
  • Chuvia polo agosto é mel e mosto [16].
  • Con mel cóllense as moscas [9].
  • De Dios vén o ben e das abellas o mel.
  • Debaixo de mel hai moitas veces fel [17].
  • Despois das uvas e mel sabe mal o viño, pero fai ben.
  • En abellas e en ovellas nunca metas o que teñas.
  • En abril morre a fraca; a colmea, non a vaca [18].
  • En agosto chove mel e mosto.
  • En pombas e en abellas nunca metas o que teñas.
  • En xaneiro xa a abella pon os pés no salgueiro.
  • Enxame de maio vale un bo cabalo [6].
  • Enxame probe, no inverno nace e no maio morre [6].
  • Enxame probe, se do inverno sale no maio morre [6].
  • Enxamio pobre, se do inverno sae, en maio morre.
  • Esta nosa filla non dá tino a naide; nin é mel, nin fel, nin vinagre [19].
  • Facédevos mel, e comeranvos as moscas [6].
  • Máis moscas se pillan con mel ca con fel.
  • Máis moscas xunta covo de mel que ola de vinagre [9].
  • Máis moscas xunta entena de mel que ola de vinagre.
  • Máis val pan con mel que pan sin el [20]
  • Marzo marzán, cara de can; a mediodía enxamea a colmea e a noite morre a abella [21].
  • Marzo, marzán, pola maña cara de can, a medio día zoa a abella e á noite mata a vella.
  • Miguel, Miguel, non tes abellas e mais vendes mel [22].
  • Moscas comen o mel i o gando.
  • Non é o mel pra boca do burro [9].
  • Non está feito o mel prá boca do burro.
  • Non hai máis cera ca que arde.
  • Non hai mel sin fel [9].
  • Non se fixo o mel pró fuciño do porco [9].
  • Non sea tanta a cera que prenda lume [14].
O enxame de abril, pra min; o de maio, pra meu amo, i o de San Xoán, pro can
O enxame de abril, pra min; o de maio, pra meu amo, i o de San Xoán, pro can
  • O enxame de abril, pra min; o de maio, pra meu amo, i o de San Xoán, pro can [6].
  • Ó porco teixo non o quer San Antón porque arrouba a cera de alumear ó Señor.
  • Ó que ha de morrer ás escuras non lle importa ser cereiro.
  • O que mata unha abella ten cen anos de pena [1].
  • O que mata unha abella, ten cen anos de pena; o que mate un abellón ten cen anos de perdón.
  • O que rico quer ser, catro cousas ha de ter: cabras, ovellas, abellas e muíño onde moer.
  • O que rico quer ser, istas cousas ha de ter: cabras, ovellas, abellas e muíño onde moer.
  • Ó que se fai mel cómeno as moscas.
  • Ó que se volve mel, cómeno as moscas [9].
  • O que ten moito mel, cómeo con pan, cómeo sin el, ou cómeo como quer [23].
  • O viño con mel sabe mal e fai ben [24].
  • Ofrece-lo pez, que a cera vai cara.
  • Os recíos de agosto son mel e mosto [5].
  • Ovella e abella, e pedra que trebella, e péndola tras da orella, cobizaba pró seu fillo a vella.
  • Ovella vella e enxamio probe, no maio morre.
  • Ovella, abella, pedra que trebella e péndola tras da orella, cobizaba para o seu fillo a vella.
  • Ovella, abella, pedra que trebella, partes na igrexa e péndola tras da orella, deseaba para o seu fillo a vella.
  • Ovellas e abellas nas túas devesas e non nas alleas.
  • Ovellas, abellas e lentellas, todas son consellas.
  • Polo San Miguel están as uvas o mesmo que mel [25].
  • Polo San Miguel sabe o touciño a mel [25].
  • Prá boca do burro non se fixo o mel.
  • Quen anda co mel chúpase os dedos [9].
  • Quen anda co mel sempre se lle apega algo del [9].
  • Quen con mel trata, ben sabe o que é doce [9].
  • Quen rico ser queira, estas cousas ha de ter: ovella e abella e a pedra que terbella, egua parideira e muller goberneira.
  • Quen se fai de mel, cómeno as moscas [9].
  • Quen todo é mel, cómeno as abellas [9].
  • San Pedro por unha abella matounas todas.
  • Sancristán que vende cera e non ten colmea, que o digan as velas da eirexa.
  • Se queres mel, por San Miguel.
  • Se queres ter abellas mira por elas nas Candeas, e se queres ter mel mira polo san Miguel[26]
  • Se queres ter abellas míraas polas Candeas, e se queres ter mel míraas polo san Miguel [1].
  • Se te morde a donicela, busca viño e busca vela, que mañán che darán terra [27]
  • Se te roi un alacrán, busca a cera e mais o pan, e se te roi a adelouciña, búscaos aínda máis axiña.
  • Se tivéra-la túa casa a arder, a túa muller a morrer, e no teu cu un abelleiro, ¿a quen acodirías primeiro?
  • Todos ó mel e todos ó fel [28].
  • Unha mala abella revolve un cobo [1].
  • Unha mala abella revolve unha colmea [1].
  • Unha mestra pra moitas abellas e un pastor pra moitas ovellas [1].
  • Unto de porco e mel das abellas fervidos en viño e ... ¡fóra catarreira!
  • Vinagre e mel saben mal e fan ben [29].
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Eladio Rodríguez González, s. v. abella.
  2. 2,0 2,1 Eladio Rodríguez González, s. v. auga.
  3. Sobexo significa demasiado, excesivo. Eladio Rodríguez González, s. v. cera.
  4. Real Academia Galega 1913, s. v. agosto. No orixinal: chuva, non e chuva.
  5. 5,0 5,1 Eladio Rodríguez González, s. v. agosto.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Eladio Rodríguez González, s. v. enxame.
  7. Real Academia Galega (1913-, s. v. ano.
  8. Eladio Rodríguez González, s. v. ano.
  9. 9,00 9,01 9,02 9,03 9,04 9,05 9,06 9,07 9,08 9,09 9,10 9,11 9,12 Eladio Rodríguez González, s. v. mel.
  10. A Madalena celébrase o 22 de xullo. Eladio Rodríguez González, s. v. abella.
  11. Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: da.
  12. Real Academia Galega 1913, s. v. auga.
  13. Eladio Rodríguez González, s. v. chover.
  14. 14,0 14,1 Eladio Rodríguez González, s. v. cera.
  15. Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: avellas, nél.
  16. Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.
  17. Eladio Rodríguez González, s. v. mel, s. v. debaixo.
  18. Aníbal Otero Álvarez (1977).
  19. Eladio Rodríguez González, s. v. fillo.
  20. Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: él.
  21. Elixio Rivas Quintas (1978).
  22. Elixio Rivas Quintas (1988). No orixinal: nâo, abelhas.
  23. Eladio Rodríguez González, s. v. mel. No orixinal: tèn, él.
  24. Eladio Rodríguez González, s. v. viño.
  25. 25,0 25,1 Eladio Rodríguez González, s. v. San Miguel.
  26. As Candeas ou a Candelaria é o 2 de febreiro; e san Miguel, o 29 de setembro.
  27. A vela fai referencia ós cirios que se poñen rodeando ó cadaleito.
  28. É dicir, hai que andar ás duras e ás maduras. Elixio Rivas Quintas (1978).
  29. Eladio Rodríguez González, s. v. vinagre.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]