iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Río_Dviná_Occidental
Río Dviná Occidental - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Río Dviná Occidental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Dviná Occidental
(lv) Daugava
(ltg) Daugova
(ru) Западная Двина
(be) Дзвіна Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporío
rio internacional (pt) Traducir
rio fronteiriço (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
País da cuncaLetonia, Belarús, Rusia, Lituania e Estonia Editar o valor en Wikidata
Altitude inicial221 m Editar o valor en Wikidata
División administrativaVoblast de Viciebsk, Belarús (pt) Traducir, Oblast de Tver, Rusia (pt) Traducir, Oblast de Smolensk, Rusia (pt) Traducir, Krāslava Municipality, Letonia (en) Traducir, Municipio de Augšdaugava, Letonia, Daugavpils, Letonia, Livani, Letonia (pt) Traducir, Municipio de Jēkabpils, Letonia, Municipio de Aizkraukle, Letonia, Ogre Municipality, Letonia (en) Traducir, Município de Salaspils, Letonia (pt) Traducir, Ķekava Municipality, Letonia (en) Traducir e Riga, Letonia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónColinas de Valdai (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
Altitude final0 m Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónGolfo de Riga Editar o valor en Wikidata
Mapa
 56°51′20″N 32°32′30″L / 56.8555408, 32.5416877
57°03′43″N 24°01′33″L / 57.0619, 24.0258
Afluentes
58
Conca hidrográficaDaugava basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións1.020 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica87.900 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal678 m³/s Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5401512

O río Dviná Occidental ou Daugava (ruso: Зáпадная Двинá, letón: Daugava, Západnaya Dviná; en bielorruso, Zajódniaya Dzviná) é un río do nordés de Europa, que nace na meseta de Valdái, no noroeste de Rusia e desemboca no golfo de Riga preto da cidade de Riga, capital de Letonia.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O río Daugava nace na meseta de Valdái, na rexión rusa de Andreápol, no óblast de Tver. Discorre no seu primeiro tramo en dirección sur e, tras atravesar o óblast de Tver, segue polo bordo noroccidental do óblast de Smolensk. Alí cambia de dirección cara ao oeste e entra tamén na parte norte de Belarús, onde baña as cidades de Vítebsk e Pólatsk. Penétrase en Letonia en dirección preferentemente noroeste e, tras cruzar as cidades de Daugavpils e Riga, desauga no golfo de Riga, no mar Báltico.[2]

Está conectado por unha canle ao río Bereziná e desde aí co río Dniéper.

En condicións atmosféricas normais, o Daugava, que ten unha lonxitude de 1.020 km, ten unha profundidade máxima duns 12 m; con todo, coas crecidas que teñen lugar durante a primavera, chega a alcanzar unha profundidade de até 17 metros. Debido aos rápidos e á pouca profundidade do seu leito, úsase principalmente para o transporte de troncos. Ademais construíronse estacións hidroeléctricas ao leste de Riga. O Daugava permanece xeado desde decembro até abril.[3]

Afluentes

[editar | editar a fonte]

Os principais afluentes deste río son:[4]

  • río Velesa (Велеса), cunha lonxitude de 114 km, un caudal de 13,4 m³/s e unha conca de 1.420 km²;
  • río Mezhá (Межа), cunha lonxitude de 259 km, un caudal de 61 m³/s e unha conca de 9.080 km²;
  • río Kasplia (Каспля), cunha lonxitude de 224 km e unha conca de 5.410 km²;
  • río Dysná (Дисна), cunha lonxitude de 178 km e unha conca de 8.180 km²;
  • río Toropa (Торопа), cunha lonxitude de 174 km, un caudal de 14 m³/s e unha conca de 1950 km²;
  • río Óbol (Оболь), cunha lonxitude de 148 km e unha conca de 2.690 km²;
  • río Drissa (Дрисса), cunha lonxitude de 183 km, un caudal de 40 m³/s e unha conca de 6.420 km²;
  • río Ogre, cunha lonxitude de 222 km, un caudal de 17,9 m³/s e unha conca de 1.730 km²
  1. "Río Daugava". Conoce los ríos. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2020. Consultado o 10 de xullo de 2020 (en castelán). 
  2. "Dvina Occidental". The Free Dictionary. Consultado o 10 de xullo de 2020 (en castelán). 
  3. "El río Daugava "se viste de blanco" en invierno". TeleMadrid. Consultado o 10 de xullo de 2020 (en castelán). 
  4. "Afluentes del Río Daugava". Deepfo. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2020. Consultado o 10 de xullo de 2020 (en castelán).