Premios do Cinema Europeo
Premios do Cinema Europeo | |
---|---|
Tipo | yearly prize e grupo de premios |
Data de fundación | 1988 |
Na rede | |
http://www.europeanfilmawards.eu/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os Premios do Cinema Europeo foron establecidos en 1988 pola Academia do Cinema Europeo para recoñecer os méritos cinematográficos europeos. Os premios outórganse en dez categoría, sendo a máis importante a de mellor filme. Os premios están restrinxidos ao cinema de Europa e aos produtores, directores e actores europeos.
Os premios recibiron ata 1997 o nome de premios Félix en referencia á antiga estatua do galardón, logo substituída por unha estatua feminina.
A sede de entrega altérnase entre Berlín e outras cidades europeas.
Procedemento do premio
[editar | editar a fonte]Os filmes que participan deben ser longametraxes de ficción estreadas publicamente e mostradas (en festivais ou cines convencionais) despois do 1 de xullo do ano anterior. Baseándose nunha selección de aproximadamente corenta filmes recomendados para as candidaturas, os membros da Academia do Cinema Europeo vota os nomeamentos nas categorías principais,[1] que se anuncian a principios de novembro no Festival de Cinema Europeo de Sevilla. A partir das candidaturas, os membros da Academia votan os gañadores en cada categoría, que se entregan nunha cerimonia a principios de decembro.
Elixibilidade
[editar | editar a fonte]Os criterios para que un filme cualifique como europeo baséanse na convención europea sobre coprodución cinematográfica, apéndice II, establecido polo Consello de Europa. Esta definición pode estenderse a obras e nacionalidades israelís e palestinas.
Unha obra cinematográfica considérase europea se acada polo menos 15 puntos:
Elementos europeos | Peso dos puntos |
---|---|
Grupo creativo | |
Director | 3 |
Guionista | 3 |
Compositor | 1 |
Grupo de interpretación | |
Primeiro papel | 3 |
Segundo papel | 2 |
Terceiro papel | 1 |
Grupo técnico | |
Cámara | 1 |
Gravador de son | 1 |
Montador | 1 |
Director artístico | 1 |
Estudio ou lugar de gravación | 1 |
Lugar de posprodución | 1 |
Marcas
[editar | editar a fonte]Gañadores do "Big Five"
[editar | editar a fonte]A seguinte é unha listaxe dos filmes gañadores do "Big Five" (filme, director, guión, actor e actriz). Só un filme gañou estes cinco premios.
Ano | Filme | Director | Guionista | Actor | Actriz | País |
---|---|---|---|---|---|---|
2016 | Toni Erdmann | Maren Ade | Maren Ade | Peter Simonischek | Sandra Hüller | Alemaña |
Múltiples vitorias
[editar | editar a fonte]Filmes que gañaron tres premios ou máis.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|