iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Peter_Pan
Peter Pan - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Peter Pan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua de Peter Pan nos xardíns de Kensington (Londres).

Peter Pan é un personaxe de ficción literario. A primeira aparición foi en forma impresa no ano 1902 nun libro titulado O paxariño branco, unha versión de ficción da relación entre o seu escritor James Matthew Barrie e os nenos Llewelyn Davies, e logo foi utilizado nunha obra teatral moi famosa: Peter Pan ou o neno que non quería medrar, estreada en Londres o 27 de decembro de 1904.

No ano 1906, a sección "O paxariño branco" na que aparecía Peter Pan foi publicada como libro, co título Peter Pan nos xardíns Kensington, e con ilustracións de Arthur Rackham. En 1911 Barrie adaptou a obra teatral a unha novela: Peter & Wendy. A longametraxe de animación da Disney Peter Pan acadou gran sona.

A novela Peter & Wendy foi traducida ao galego por Alberto Avendaño co título de Peter Pan, publicada por Editorial Galaxia en 1989.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]