iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Pedro_Seoane_Varela
Pedro Seoane Varela - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Pedro Seoane Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro Seoane Varela
Biografía
Nacemento1858 Editar o valor en Wikidata
Arzúa, España Editar o valor en Wikidata
Morte1935 Editar o valor en Wikidata (76/77 anos)
Tánxer, Marrocos Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Pedro Seoane Varela, nado en Arzúa en 1858 e finado en Tánxer en xuño de 1935[1], foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Carta firmada en 1922 por Pedro Seoane Varela, Deputado a Cortes por Betanzos.

Fillo de Pedro Seoane Patiño, do pazo da Torre de Andabao (Andavao, Boimorto). Militou no Rexionalismo como vogal do Comité Rexionalista de Santiago que presidía Manuel Murguía e da man de Aureliano Linares Rivas fundou na Coruña o periódico La Mañana, do que logo foi director (1895). Membro do Partido Conservador e amigo de Augusto González Besada, foi deputado polo distrito de Fonsagrada en 1896, foi despois deputado polo distrito de Cambados de 1907 a 1920, cando González Besada lle cedeu o seu distrito[2]. Como deputado por Cambados dirixiu xestións para declarar de interese xeral o porto de Vilagarcía de Arousa e poder construír un peirao de ferro de 400 metros de extensión, feito polo que o Concello arousán o nomeou fillo adoptivo. En 1920 foi elixido deputado polo distrito de Betanzos. Chegou a ocupar o Consello do Estado e foi ministro do Tribunal Contencioso Administrativo. Grazas ao matrimonio do seu fillo Pedro con Mari Carme Cotoner, filla do marqués de Mondejar, emparentou coa alta aristocracia española. Morreu en Tánxer en 1935, onde residía co seu fillo, daquela cónsul de España en Marrocos.

  1. Vida Gallega, 10-7-1935, p. 41.
  2. Vallejo Pousada, Rafael; Pro Ruiz, Juan e Pan-Montojo, Juan (2005). Deputación Provincial, ed. Cobián, González Besada e Bugallal: Tres ministros galegos na crise da Restauración. Pontevedra. p. 156. ISBN 84-8457-255-2. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Biografía

[editar | editar a fonte]