iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Paphos
Paphos - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Paphos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPaphos
Πάφος (el)
Baf (tr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 34°46′34″N 32°25′35″L / 34.77612852, 32.42651039
EstadoChipre
Distrito (pt) TraducirPafos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación35.961 (2019) Editar o valor en Wikidata (1.987,89 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie18,09 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude72 m Editar o valor en Wikidata
Creación300 a. C. Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal8049 e 8010 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico26 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webpafos.org.cy Editar o valor en Wikidata

Paphos /ˈpæfɒs/ (en grego: Πάφος e en turco: Baf), é unha cidade costeira no suroeste de Chipre e a capital do Distrito de Paphos. Na antigüidade, había dúas localidade chamadas Paphos: o Vello Paphos[1] e o Novo Paphos.[2] A cidade actual é Novo Paphos. Está a carón do Mediterráneo, a uns 50 km oeste de Limasol (o maior porto da illa), que ten conexión coa autoestrada A-6. O Aeroporto Internacional de Paphos é o segundo maior aeroporto do país. A cidade ten un clima mediterráneo subtropical, coas temperaturas máis suaves da illa.

Pafos está incluído na lista oficial de tesouros culturais e naturais do Patrimonio da Humanidade da UNESCO polos seus espectaculares restos antigos e foi seleccionada como Capital Europea da Cultura para 2017, xunto con Aarhus.

De orixe fenicia, aínda que a rexión estivo habitada a partir do Neolítico, na época grega era considerada o lugar de nacemento da deusa, Afrodita, sendo por iso un importante lugar do seu culto,[3][4], así como doutras divindades pre-helenicas de fertilidade. Desde o século XII a.C. houbo un templo micénico dedicado á deusa.

Houbo unha tradición de que Pafos fora fundado por Agapenor de Arcadia, ao regresar da guerra de Troya, que tamén construíra o santuario de Afrodita.

Mito da fundación

[editar | editar a fonte]

Había unha tradición que Paphos fundouna Agapenor de Arcadia, ao regreso da Guerra de Troia, e que tamén construíra o santuario de Afrodita,[5][6] Con todo, outra tradición atribúe a súa fundación a Cíniras.[7] Houbo tamén un personaxe mitolóxico chamado Pafos, que nunha versión era unha muller filla de Galatea e de Pigmalión e en outra era un home, fillo de Céfalo e de Eos. En ambas versións era ascendente, pai ou nai, de Cíniras.[8] A tradición da fundación polos arcadios axústase ao feito de que en Chipre se falaba o dialecto arcado-chipriota,[9] cuxo terminus ante quen encóntrase en torno aos anos 1050-950 a.C. e coa noticia dada por Pausanias da existencia en Tegea, unha cidade arcadia, dun templo de Afrodita Pafia.[10]

Segundo outra lenda preservada por Estrabón (xi. p. 505), cuxo texto, porén, varía, foi fundada polas amazonas.

Vella Paphos

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Kouklia.

Paphos vella, agora o sitio de Kouklia (grego: Κούκλια; turco: Kukla ou Konuklia; francés: Covocle) (Engel, Kypros, vol. i. p. 125) está sobre un outeiro.[11] a poucos quilómetros do mar, ao cal se unía mediante un camiño. Non estaba lonxe do promontorio Zephyrium[12] e da boca do Bocarus.[13]

A arqueoloxía mostra que Palaepaphos (Kouklia) estivo habitada desde o período Neolítico. Foi un centro do culto a Afrodita, a deusa grega do amor e a beleza e das deidades pre-helenicas da fertilidade. O mítico lugar de nacemento de Afrodita estaba na illa. O mito fundador está entrelazado coa deusa en todos os niveis, de maneira que Paphos Vella converteuse no lugar máis famoso e importante para adorar a Afrodita no mundo antigo.

Os nomes gregos de dous reis antigos, Etevandros e Akestor, están testemuñados no silabario chipriota en obxectos do século VII a.C. atopados en Kourion.[14]

Afrodita e Paphos

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén Santuario de Afrodita Pafia

Os gregos acordaron que Afrodita chegou a terra no lugar de Paphos cando xurdiu do mar.[15] Segundo Pausanias (i. 14), o seu culto introduciuse en Pafos desde Siria, pero probablemente Tiña orixe Fenicia. Antes de que fora probado pola arqueoloxía entendíase que o culto a Afrodita establecérase antes do tempo de Homero (c. 700 a. C.), xa que o bosque e o altar de Afrodita en Paphos son mencionados na Odisea (viii. 362). A arqueoloxía estableceu que os chipriotas veneraban unha deusa de fertilidade antes da chegada dos gregos, nun culto que combinaba aspectos do Exeo e do continente oriental. Figuras e elementos femininos que se atopronan nas inmediacións remóntanse ao comezo do terceiro milenio. Os témenos estaban ben establecidos antes de que se erixisen as primeiras estruturas na Idade de Bronce:

"Houbo unha continuidade ininterrompida de culto a partir dese momento ata o 391 d.C. cando o emperador romano Teodosio I prohibiu todas as relixións pagás e o santuario caeu nas ruínas en que o atopamos hoxe.[16]

Aquí o culto da deusa estaba centrado, non só para Chipre, senón para todo o mundo Exeo. Os Cinyradae, ou descendentes de Ciniras, eran os sacerdotes principais, gregos por nome pero de orixe fenicio. O seu poder e autoridade eran moi grandes; pero pode deducirse de certas inscricións que foron controlados por un senado e unha asemblea do pobo. Tamén aquí houbo un oráculo.[17] Poucas cidades foron tan cantadas e glorificadas polos poetas.[18] Os restos do vasto santuario de Afrodita aínda son discernibles, a súa circunferencia está marcada por enormes muros de cimentos. Logo da súa destrución por un terremoto, foi reconstruído por Vespasiano, sobre cuxas moedas está representada, así como sobre as anteriores e posteriores, e especialmente no estilo das de Septimio Severo.[19] A partir destas representacións, e dos restos existentes, Gustav Friedrich Hetsch, un arquitecto de Copenhague, intentou restaurar o edificio.[20][21]

Nova Paphos

[editar | editar a fonte]
Mosaico da Casa de Dionisos, deus do viño, terceiro c. a.C.

A nova Paphos fundouse cerca do mar preto dun bo porto natural. Estaba preto de 60 estadios ou 12 km ao noroeste da antiga cidade.[22] Tamén tiña un mito de fundación: se dixo que fundouna Agapenor, xefe dos arcadios no sitio de Troia,,[23] que, logo da captura da cidade, foi levado pola tormenta que o separou da frota grega cara á costa de Chipre.(Pausanias viii. 5. § 2.) Un Agapenor foi mencionado como rei dos Pafianos nun distrito grego preservado en Analecta[24] e Heródoto (vii. 90) alude a unha "colonia" arcadiana en Chipre.

En realidade probablemente fundouna Nicocles, o último rei de Palaepaphos, baseado nunha inscrición que rexistrou a fundación do templo de Artemisa Agrotera en Nea Paphos. Os habitantes de Marion, probablemente tamén foron trasladados a esta nova cidade logo da súa destrución no 312 a.C. por Ptolomeo.[25] Un tesouro de moedas de prata non utilizadas (no museo de Chipre) atopadas baixo a Casa Helenística e que data do final do século IV. a.C. son os primeiros achadegos no sitio e indican a súa data de fundación.

Palaepaphos sempre conservou a preeminencia na adoración de Afrodita e Estrabón conta que a estrada que o conducía desde Nova Paphos estaba abarrotada anualmente con homes e mulleres que a percorrían cara ao antigo santuario e non só procedían deste último lugar, senón tamén das outras cidades de Chipre. Cando Séneca dixo (N. Q. vi. 26, Epistle 91) que Paphos fora case destruída por un terremoto, é difícil dicir a cal das cidades fai referencia. Dio Cassius (liv. 23) relata que foi restaurada por Augusto, e chamouna "Augusta" no seu honor; pero aínda que este nome se conservou nas inscricións, nunca suplantou o antigo en uso popular.

Piar de San Pablo en Pafos

Segundo os Feitos dos Apóstolos, despois de desembarcar en Salamis, e proclamar o Evanxeo nas sinagogas,[26] Os profetas e os mestres, Barnabas e Saul de Tarso, viaxaron ao longo da costa sur da illa de Chipre ata chegar a Pafos.ref>Acts 13:4-6</ref> Allí, Sergius Paulus, o procónsul romano, converteuse despois de que Saúl reprendeu a Sorcerer Elymas.[27] En Paphos, primeiros feitos identifican a Saul como Paulo.[28]

Tácito (Hist. ii. 2, 3) rexistra unha visita do xove Tito a Pafos antes de acceder ao imperio, que preguntou con moita curiosidade a súa historia e antigüidades. (Cf. Suetonio Titus c. 5.) Baixo este nome, o historiador sen dúbida incluía a cidade antiga e moderna, e entre outros trazos da adoración do templo rexistra, con algo como sorpresa, que a única imaxe da deusa era unha pedra piramidal.

O santuario foi pechado durante a Persecución de pagáns a finais do Imperio Romano.

Arqueoloxía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: parque arqueolóxico de Paphos.

O parque arqueolóxico de Paphos cobre a maior parte da importante cidade antiga grega e romana e é un sitio declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO polos seus destacados restos antigos.

Os restos máis significativos descubertos ata agora son catro grandes e elaboradas vilas romanas: a Casa de Dionisos, a Casa de Orfeo, a Casa de Aion e a Casa de Teseo, todos con soberbios pisos de mosaico preservados. Ademais, as escavacións descubriron unha Ágora, Asklepion, a Basílica de Panagia Limeniotissa, un Odeón, un Teatro e unha necrópole coñecida como Tumbas dos Reis.



Vista panorámica do porto e do castelo medieval.

Vista panorámica do porto e do castelo medieval.


Historia post-clásica

[editar | editar a fonte]

Paphos gradualmente perdeu gran parte da súa atracción como centro administrativo, especialmente despois da fundación de Nicosia. A cidade e o seu porto continuaron declinando ao longo da Idade Media e o domino otomán, mentres Nicosia, e a cidade portuaria de Larnaca foron gañando importancia.

A cidade e o distrito continuaron perdendo poboación ao longo do período colonial británico e moitos dos seus habitantes trasladáronse a Limassol, Nicosia e ao exterior. A cidade e distrito de Paphos permaneceron como a parte máis subdesenvolvida da illa ata 1974.

A moderna Paphos

[editar | editar a fonte]

Tras a invasión turca de Chipre en 1974, houbo unha rápida actividade económica en todos os ámbitos, especialmente no turismo na zona de Kato Paphos. O goberno investiu fortemente en represas e traballos de distribución de auga, infraestrutura viaria e a construción do aeroporto internacional de Paphos, segundo aeroporto internacional de Chipre.

Na década de 1980, Kato Paphos recibiu a maior parte do investimento. Na década de 1990, o Coral Bay Resort desenvolveuse aínda máis e no 2000, creouse o Resort Aphrodite Hills.

Hoxe, Paphos, cunha poboación de 32.754 habitantes (2011), é un popular recurso turístico que alberga un atractivo porto pesqueiro. Ktima é o principal barrio residencial mentres Kato Paphos, xunto ao mar, construíuse ao redor do porto medieval e contén a maior parte dos hoteis de luxo e da infraestrutura de entretemento da cidade. A Avenida Apostolou Pavlou (Avenida de San Pablo), a estrada máis transitada de Paphos, conecta as dúas partes da cidade. Comeza preto do centro da cidade en Kennedy Square e remata fóra da fortaleza medieval no porto.

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía de Paphos depende en gran parte do turismo e hai catro centros turísticos no distrito: Kato Paphos, Coral Bay, Latchi, e Aphrodite Hills. O máis grande de lonxe é Kato Paphos, que emprega a máis da metade da poboación de Paphos. O cultivo, especialmente o cultivo de bananas, uva e tabaco, tamén contribúe significativamente á economía de Paphos. Paphos ten unha rede de distribución de auga 100 km (62 mi) que rega 5.000 ha de terreo. Paphos ten o segundo aeroporto internacional da illa. O porto de Paphos non é importante en termos de comercio internacional xa que a maior parte dos envíos utilizan o porto de Limassol. A mariña de Paphos ten importancia cultural e histórica e tamén se usa para a pesca.


Rocha de Afrodita (Petra tou Romiou) na costa de Paphos.

Rocha de Afrodita (Petra tou Romiou) na costa de Paphos.

Paphos foi seleccionada para ser Capital Europea da cultura no 2017 xunto con Aarhus.

Predecesor:
Donostia
Polonia Wrocław

Capital Europea da cultura
xunto con Dinamarca Aarhus

2017
Sucesor:
A Valeta
Países Baixos Leeuwarden
  1. Vella Paphos, en grego antigo: Πάφος παλαιά, Ptol. v. 14. § 1; ou, Παλαίπαφος, Estrabón xiv. p. 683; Palaepaphos, Plin. v. 31. s. 35)
  2. Novo Paphos en grego antigo (Πάφος Νέα, Ptol. l. c.; Nea Paphos, Plin. l. c..
  3. Homero, Odisea VIII,362.
  4. Himnos homéricos: V, a Afrodita,61.
  5. Pausanias VIII,5,2.
  6. Estrabón XIV,6,3.
  7. Apolodoro, Biblioteca mitológica III,14,3.
  8. Pierre Grimal, Diccionario de mitología griega y romana, p. 396, Ed. Paidós, 7ª ed., 2004.
  9. Estrabón, Geografía libros XI-XIV, p.592, nota 341 de Mª Paz de Hoz García-Bellido, Madrid: Gredos (2003), ISBN 84-249-2373-1.
  10. Pausanias VIII,53,7.
  11. The hill is celsa Paphos in Aeneid x. 51
  12. (Strabo xiv. p. 683)
  13. Hesychius, under Βώκαρος
  14. Terence Bruce Mitford (1971). The Inscriptions of Kourion. American Philosophical Society. ISBN 978-0-87169-083-8. 
  15. Tac. Hist. ii. 3; Mela, ii. 7; Lucan viii.456
  16. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2006. Consultado o 29 de xaneiro de 2019. 
  17. Engel, i.p. 483.
  18. For example, Aeschylus Suppliants 525; Virgil Aeneid i. 415; Horace Odes i. 19, 30, iii. 26; Status Silvius i. 2. 101; Aristophanes Lysistrata 833, etc.
  19. Engel, vol. i. p. 130.
  20. Müller's Archäol. § 239, p. 261; Eckhel, vol. iii. p. 86.
  21. Münter, Friedrich Christian Carl Hinrich; Hetsch, Gustav Friedrich (1824). Der Tempel der himmlischen Göttin zu Paphos: zweite Beilage zur Religion der Karthager (en alemán). Schubothe. OCLC 13923976. 
  22. Strabo xiv. p. 683.
  23. Iliad. ii.609
  24. p. 181, Brunk
  25. http://www.perseus.tufts.edu/hopper/text?doc=Perseus%3Atext%3A1999.04.0006%3Aentry%3Dpaphos-1
  26. Acts 13:5
  27. Acts 13:6–12
  28. Acts 13:9

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]