iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Ovidio_Murguía
Ovidio Murguía - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Ovidio Murguía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOvidio Murguía

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xullo de 1871 Editar o valor en Wikidata
Lestrobe, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xaneiro de 1900 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisManuel Murguía Editar o valor en Wikidata  e Rosalía de Castro Editar o valor en Wikidata
IrmánsAlejandra Murguía
Aura Murguía
Gala Murguía
Amara Murguía de Castro Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1380756 BUSC: murguia-ovidio-1871-1900 Find a Grave: 224040901 Editar o valor en Wikidata

Ovidio Martínez de Castro, máis coñecido como Ovidio Murguía,[1] nado en Lestrobe (Dodro) o 2 de xullo de 1871 e finado na Coruña o 1 de xaneiro de 1900, foi un pintor galego, membro da posteriormente denominada Xeración Doente.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no pazo de Hermida, fillo dos escritores Manuel Martínez Murguía e Rosalía de Castro, de quen herdou o seu sentimento artístico. Quedou orfo de nai aos 14 anos. Comezou a pintar en Santiago de Compostela, na Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, da que era profesor o artista José María Fenollera. En 1895 trasladouse a Madrid, pero non seguiu os camiños habituais de ir á Real Academia de Belas Artes de San Fernando nin as posibles pensións para Roma, por aquel entón pouco menos que imprescindible para facer carreira oficial.

O seu parentesco co novelista Alejandro Pérez Lugín, en cuxa casa residía, permitiulle asistir a faladoiros literarios e relacionarse con artistas. Saía ao campo, na zona do Guadarrama, a pintar paisaxes do natural, e acudía con frecuencia ao Museo do Prado, onde realizou copias dos grandes mestres, para exercitarse no oficio de pintor.

O neno Ovidio (de pé), coa familia, en 1883 ou 1884.

O seu pai, home ambicioso, relacionouno con políticos influentes da época, para os que realizou escenas de xénero, moi en voga por entón, e decoracións murais para os seus palacios. Así, en 1898 leva a cabo á súa primeira encomenda importante, un conxunto de obras que o político galego Montero Ríos lle encarga para ornar o pazo de Lourizán[2]. Ovidio cumpre estas encargas, aínda que non de moi boa gana, até que decide liberarse deles por completo e vivir sen traballar, unha vida que a súa precaria saúde non tolera.

Concorreu a algunhas exposicións, pero a súa curta vida non lle permitiu callar a obra que, sen dúbida, o seu temperamento estaba destinado. A pintura de Ovidio Murguía figura nos museos de Galicia, especialmente no Museo Provincial de Pontevedra e no Museo de Belas Artes da Coruña, onde está a máis representativa.

En marzo de 2014 a Fundación Rosalía de Castro presenta un cadro inédito de Ovidio Murguía que vén de adquirir para os seus fondos. A obra non está catalogada ao non abandonar nunca a casa da familia Bustelo Calvo-Sotelo de Ribadeo; todo parece indicar que a peza é unha encomenda. O cadro Árbore de montaña, é quizais a obra de maior tamaño (190 x 130 cm) pintada por Ovidio Murguía. A data 1899 figura xunto á sinatura do pintor.[3]

Ovidio Murguía de Castro falece prematuramente de tuberculose no 1900 con 28 anos de idade, feito que máis tarde faría que Barreiro e Bello Piñeiro o encadrase dentro da Xeración Doente.

Cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Dicionario biográfico de Galicia, Tomo 2, p. 282, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
  2. Fundación Rosalía de Castro (22 de maio de 2014) A Casa-Museo vén de adquirir un cadro descoñecido de Ovidio Murguía. "Ovidio falece con 28 anos cando daba cabo á súa primeira encomenda importante, un conxunto de obras para (...) Montero Ríos (...) encomenda realizada polo político galego en 1898, en Madrid".
  3. "A Fundación Rosalía presenta un cadro non catalogado de Ovidio Murguía" Arquivado 07 de xuño de 2014 en Wayback Machine., Galiciaé (22-3-2014).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]