Norma Shearer
Edith Norma Shearer, nada en Montreal o 10 de agosto de 1902 e finada en Woodland Hills, California o 12 de xuño de 1983, foi unha actriz canadense.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pasou a súa infancia en Montreal, onde se interesou pola música. Non obstante, tras ver un vodevil no seu noveno aniversario decidiu converterse en actriz. Tras o divorcio dos seus pais en 1920, marchou coa súa nai e a súa irmá a Nova York para buscar traballo no teatro.
Os seus primeiros traballos foron como extra en películas da Universal Pictures.[2]
Chegou a Hollywood en 1923, asinando un contrato coa Metro-Goldwyn-Mayer, da que foi unha das primeiras estrelas.
Na súa primeira proba de cámara para unha película coincidiu co produtor Irving Thalberg, que quedou moi impresionado con Shearer e a converteu na súa protexida. Casaron en 1927,[3] tras converterse ela ao xudaísmo.[4]
Shearer xa era unha actriz coñecida cando chegou o cinema sonoro, e foi unha das actrices que logrou facer a transición desde o mudo. Cansa de ter unha imaxe de “boa rapaza”, convenceu o seu marido para protagonizar The Divorcee en 1930. Con este filme gañou o Oscar á mellor actriz.[5] Tras este papel continuou interpretando personaxes sensuais nos anos anteriores ao Código Hays.[6]
Tras varios fracasos, retirouse en 1942.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme |
---|---|
1921 | The Stealers |
1923 | The Wanters |
1924 | He Who Gets Slapped |
1927 | The Student Prince in Old Heidelberg |
1929 | The Trial of Mary Dugan |
1929 | The Last of Mrs. Cheyney |
1929 | Their Own Desire |
1930 | The Divorcee |
1930 | Let Us Be Gay |
1931 | Strangers May Kiss |
1931 | A Free Soul |
1931 | Private Lives |
1932 | Smilin’ Through |
1932 | Strange Interlude |
1934 | Riptide |
1934 | The Barretts of Wimpole Street |
1936 | Romeo and Juliet |
1938 | Marie Antoinette |
1939 | Idiot’s Delight |
1939 | The Women |
1940 | Escape |
1942 | We Were Dancing |
1942 | Her Cardboard Lover |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Norma Shearer" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2018. Consultado o 17 de febreiro de 2017.
- ↑ LaSalle 2000, p. 14
- ↑ "Norma Shearer To Wed Metro Film Executive". Pittsburgh Press (Pittsburgh). United Press. 18-8-1927. p. 12.
- ↑ Lambert, Gavin Norma Shearer: A Biography, pp. 321–324
- ↑ "FILM AWARDS ARE MADE.; Norma Shearer and George Arliss Get High Honors". The New York Times. 7-11-1930. Consultado o 9-11-2011.
- ↑ Gary Morris (2010-03-31). "Shearer at Bright Lights website". Brightlightsfilm.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2012. Consultado o 2010-07-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Norma Shearer |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- LaSalle, Mick (2000). Complicated Women: Sex and Power in Pre-Code Hollywood. Nova York: St Martin's Press. ISBN 978-0-312-25207-6.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Norma Shearer na IMDb (en inglés).