iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Nacionalismo_sindhi
Nacionalismo sindhi - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Nacionalismo sindhi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización da rexión de Sindh, en Paquistán.
Bandeira dos nacionalistas sindhis.

O nacionalismo sindhi (en sindhi: سنڌي قوم پرستي) é un movemento nacionalista que xurdiu no ano 1972 co obxectivo de separarse de Paquistán. Despois de que Bangladesh acadara a independencia no ano 1971, G. M. Syed deulle unha nova dirección ao nacionalismo e fundou Jeay Sindh Mahaz en 1972 e presentou a idea do Sindhudesh; unha nación separada para os sindhis.[1] G. M. Syed é considerado como o fundador do nacionalismo sindhi moderno.[2] Porén, o nacionalismo sindhi está moi dividido.[3]

Independencia de Sindh

[editar | editar a fonte]

As demandas do movemento nacionalista sindhi abranguen dende maiores dereitos culturais, económicos e políticos, até a autonomía política e a secesión total de Paquistán, e a creación dun estado independente coñecido como Sindhudesh. O movemento foi fundado por G. M. Syed en 1972 para separar Sindh de Paquistán.[1] Os separatistas sindhis coidan que o pobo sindhi sofre de privacións por parte da maioría punjabi de Paquistán.[4] En 1972, G. M Syed, considerado como o fundador do nacionalismo sindhi formou a organización Jeay Sindh Mahaz. Posteriormente, JSM dividiuse en moitas faccións. As dúas correntes políticas máis salientables do nacionalismo sindhi son Jeay Sindh Qaumi Mahaz e Jeay Sindh Muttahida Mahaz, que cren na loita política.[1][5]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Analysis: Sindhi nationalists stand divided". DAWN.COM (en inglés). 4 de decembro de 2014. Consultado o 9 de febreiro de 2017. 
  2. "Making of the Sindhi identity: From Shah Latif to GM Syed to Bhutto". DAWN.COM (en inglés). 10 de setembro de 2015. Consultado o 9 de febreiro de 2017. 
  3. Sangi, Sohail (2014-12-04). "Analysis: Sindhi nationalists stand divided". DAWN.COM (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2021. 
  4. "Here's The Untold Story Of Sindhudesh - A 'Country' Of Sindhi People Lost In Pakistan". indiatimes.com (en inglés). 6 de decembro de 2016. Consultado o 10 de febreiro de 2017. 
  5. "Baloch rebels inspire separatists in Sindh". www.thefridaytimes.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2013. Consultado o 10 de febreiro de 2017.