iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Monarca
Monarca - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Monarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un monarca é aquela persoa que ostenta unha autoridade única e suprema sobre un pobo, e que normalmente asume de xeito hereditario. A autoridade que posúe pode variar desde a estritamente nominal ata a absoluta. Tipicamente esta autoridade exércea sobre un país e de forma vitalicia. O sistema de autoridade encabezado polo monarca chámase monarquía.

Un monarca pode recibir distintos títulos, como rei (ou raíña), emperador (emperatriz), gran duque, príncipe etc. Existen, ademais, termos específicos para os monarcas dalgúns estados, derivados dos idiomas locais, tales como tsar (de Rusia), faraón (de Exipto), khan (para varios estados do que hoxe é China e Mongolia), cacique etc. Os monarcas dos estados gobernados pola lei islámica eran chamados sultáns. Os termos príncipe e princesa destínanse nalgúns estados aos fillos, descendentes ou herdeiros do monarca, mais noutros o propio monarca ostenta o título de príncipe. Nalgúns países europeos, asiáticos e africanos, un "rei" é o xefe de estado, falándose entón de estado monárquico.

Sucesión

[editar | editar a fonte]

O sistema de sucesión ao trono non é igual en todas as monarquías. Tradicionalmente, o máis común é que sexa hereditaria e que o sucesor sexa o fillo primoxénito home; en caso de que non os tivera, sucederíalle a súa filla máis vella ou algún familiar de sexo masculino, dependendo de se a monarquía permite reinar ás mulleres, e incluso que a sucesión pase por unha rama feminina da liñaxe.

Algunhas monarquías aboliron esta preferencia polos homes, e é o fillo primoxénito do monarca, home ou muller, quen sucede ao rei.

En España, foi abolida en 1789 a lei sálica que impedía ás mulleres reinar, mais segue existindo unha preferencia polos homes na sucesión ao trono. O príncipe Filipe sucedeu ao rei Xoán Carlos I, malia ter dúas irmás máis vellas ca el.

Tamén hai algúns monarcas elixidos e ditadores que se autoproclaman líderes dunha monarquía autoproclamada.

Monarcas actuais

[editar | editar a fonte]

Os monarcas actuais son:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.