iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Modena_F1
Modena F1 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Modena F1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Modena
Nome completo Italia Modena Team SpA
Bandeira Italia
Baseada en Módena, Italia
Tempadas en activo 1 1991
Número de pilotos Italia Nicola Larini
Bélxica Eric van de Poele
Debut Gran Premio dos Estados Unidos de 1991
Carreiras 16 (6 saídas)
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0 (mellor resultado: 7º no Gran Premio dos Estados Unidos de 1991)
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio de Australia de 1991


Modena Team SpA foi un equipo de Fórmula Un de Italia que disputou unha soa tempada en 1991. O equipo tivo unha historia bastante confusa, e refírese a miúdo como a el como equipo "Lambo" ou Lamborghini debido ás súas conexións co fabricante de automóbiles italiano. Competiu en 16 grandes premios do campionato do mundo (6 como titular), pero non anotou puntos no Campionato. O seu mellor resultado foi sétimo no Gran Premio dos Estados Unidos de 1991.

Lamborghini Engineering, Team Glas e Modena Team

[editar | editar a fonte]

O equipo xurdiu cando, durante 1990, o financeiro mexicano Fernando González Luna encargou á Lamborghini Engineering (Lamborghini establecera unha división específica de Fórmula Un en 1988 co obxectivo de construír un motor V12 para a Fórmula 1) o deseño dun coche completo para o ano 1991, para participar na Fórmula 1 co seu propio equipo, ao que chamou GLAS (González Luna Auto Scuderia), tiña un orzamento de 20 millóns de dólares. A realización do auto foi confiada a Mauro Forghieri, que xa traballara no deseño do V12; para mediados da tempada de 1990, o prototipo estaba listo para ser presentado ao público, pero de súpeto González Luna desapareceu da circulación co diñeiro para a operación.[1]

Malia que a repentina desaparición de González Luna creou considerables problemas económicos, Lamborghini (entón baixo o control de Chrysler), decidiu continuar co proxecto de forma independente agora que tiñan un coche de Fórmula Un. A firma italiana inxectou unha suma de diñeiro no equipo para que seguira funcionando, tamén asinou un acordo co empresario italiano Carlo Patrucco (entón vicepresidente de Confindustria)[1] para o patrocinio do equipo, xestionado directamente por Lamborghini Engineering e Forghieri, trasladaron a base a Modena, o que resultou no subsecuente cambio de nome do equipo, foi inscrito na tempada de 1991 co nome de Modena Team SpA, porque en Lamborghini eran reticentes a que o equipo verase como un equipo de fábrica, xa que isto podería reflectir negativamente na marca. A maioría das fontes e os seguidores dos medios de comunicación ignoraron isto, referíndose ao equipo como Lamborghini, ou máis coloquialmente como "Lambo". Con todo, logo dunha investimento inicial de Lamborghini, Módena Team foi unha entidade totalmente independente e non recibiu máis investimento ou axuda financeira de Lamborghini.

Tempada 1991

[editar | editar a fonte]

O cambio de nome causou confusión durante toda a tempada. Era esencialmente o equipo Lamborghini Engineering, xa que deseñaran e construíran o chasis, o chasis levaba o nome da empresa e estaba impulsado por un motor de Lamborghini, pero foron inflexibles e puxeronlle un nome diferente o que resultou que o equipo coñecido como Módena pero os coches inscribíranse como Lambo 291. "Modena" era tamén o apelido de Stefano Modena, un piloto que disputou a tempada 1991 con Tyrrell. O Lambo 291 era un chasis de aspecto bastante rechamante e elegante, co seu distintivo de cor azul característico, pontóns laterais triangulares e radiadores inclinados. Os radiadores inclinados na F1 convertéronse nunha tendencia de deseño algúns anos máis tarde, continuando ata os nosos días. Despois dalgunhas probas levadas a cabo polo ex piloto de Fórmula 1 Mauro Baldi a finais de 1990, o equipo, contratou a Nicola Larini e Eric van de Poele, e estaba listo para ser presentado. Mario Tolentino sería o enxeñeiro de carreira de Larini mentres que o ex piloto de Fórmula Un David Morgan foi contratado como enxeñeiro de van de Poele.

Ao ser o primeiro ano na Fórmula 1, o Modena Team viuse obrigado a participar, durante as primeiras oito carreiras, na sesión previa á cualificación o venres pola mañá, onde se eliminaban aos catro competidores máis lentos, non tendo acceso á cualificación e carreira. Na primeira carreira da tempada, disputada en Phoenix, o novato van de Poele non puido pasar este obstáculo, mentres que Larini clasificouse en décimo sétima posición, quedanto sétimo na meta, malia as tres voltas perdidas co gañador Ayrton Senna, foi un resultado moi positivo para un equipo debutante.

No Gran Premio do Brasil ningún Lambo superoo a precualificación. Foille mellor en Imola, onde van de Poele clasificouse en vixésimo primeira posición, na carreira, aproveitando o gran número de retiradas, o belga ocupou o quinto lugar, pero na última volta quedou sen combustible á vista da bandeira de meta, o que resultou que van de Poele clasificara noveno. Nas seguinte cinco carreiras ningún dos pilotos pasou a precualificación.

A mediados da tempada o equipo atopábase en dificultades financeiras, non puido obter ningún tipo de patrocinio significativo e Lamborghini negouse a liberar fondos adicionais. Aínda que o equipo non tivo que volver a participar na precualificación grazas ao sétimo posto de Larini nos EE.UU., foron incapaces de facer ningún progreso. Larini conseguiu participar noutras catro carreiras (retirouse no Gran Premio de Alemaña, 16º nos Gran Premio de Hungría e Gran Premio de Italia e chocou con Jean Alesi no Gran Premio de Australia). Foghieri deixara o seu cargo como director técnico a metade de tempada para volver a centrarse no seu papel en Lamborghini Engineering e supervisar o deseño dun novo motor para a tempada 1992 de Fórmula Un.

Ao final da tempada, Modena Team SpA estaban endebedado e Lamborghini xa non proporcionaba axuda financeira, o equipo estaba ao final da súa andaina. Forghieri volveu para tratar de organizar Módena como unha entidade independente de Lamborghini Engineering e viable, ou intentar unha fusión co equipo Larrousse de Fórmula Un ou co proxecto de F1 que naceu morto de Reynard para salvar ao equipo. Con todo, ningunha das propostas converteuse en realidade. En última instancia, o equipo desapareceu antes da tempada 1992, incapaz de superar os seus problemas financeiros.

Resultados Completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Puntos Pos.
1991 Lambo 291 Lamborghini L3512 V12 G USA BRA SMR MON CAN MEX FRA RU ALE HUN BEL ITA POR ESP XPN AUS 0 NC
Nicola Larini 34 7 NSCP NSCP NSCP NSCP NSCP NSCP NSCP Ret 16 NSC 16 NSc NSC NSC Ret
Eric van de Poele 35 NSCP NSCP 9 NSCP NSCP NSCP NSCP NSCP NSC NSC NSC NSC NSC NSC NSC NSC

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Chiavegato, Cristiano (20-2-1991). "C'è un disco volante in F1". La Stampa (en italiano). p. 32. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]