iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Minas_Tirith
Minas Tirith - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Minas Tirith

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Plano de Minas Tirith.

Minas Tirith (Torre da Garda, en sindarin) é unha cidade do universo da Terra Media de J. R. R. Tolkien.

Na Primeira Idade, Minas Tirith era a Torre construída por Finrod Felagund en Tol Sirion para vixiar os pasos norteños do río Sirion. Foi tomada por Sauron e recuperada grazas a Beren, Lúthien e Huan.

Na Terceira Idade, Minas Tirith era a cidade capital do reino de Gondor. Orixinalmente coñecéuselle como Minas Anor (Torre do Sol, en sindarin), adoptando o novo nome tralo cambio de capital, trala decadencia da antiga capital Osgiliath.

A súa construción data do 3320 da Segunda Idade baixo o goberno de Anárion, irmán de Isildur e segundo fillo de Elendil. Ostoher reconstruíu a cidade no ano 420 da Terceira Idade, e gradualmente foise volvendo máis importante que Osgiliath, a capital orixinal. O rei Tarondor cambiou a residencia do rei de xeito permanente á cidade en 1540.

Minas Tirith está rodeada polo Rammas Echor, unha gran parede que circunda os Campos de Pelennor. Esta parede foi construída por Ecthelion II, pai de Denethor II, pero non foi unha boa defensa contra as lexións de orcos de Mordor.

A cidade está dividida en sete niveis de 100 pés de altura cada un, rodeados de murallas brancas de pedra. As portas que conectan cada nivel dan cara distintas direccións (a Gran Porta, a puerta do nivel máis baixo, estaba orientada cara ao leste) facendo un zig-zag para que a entrada dos inimigos sexa máis lenta. No sétimo nivel atópase a cidadela de Minas Tirith coa Torre Branca de Ecthelion, de trescentos pés de altura. Despois da batalla contra o exército de Mordor, e de que o ariete Grond destruíse a Gran Porta da muralla, un continxente de ananos comandados por Gimli repararon a puerta con mithril.

A descrición de Tolkien acerca da forma física de Minas Tirith está seguida escrupulosamente por Peter Jackson no seu filme The Lord of the Rings: The Return of the King. Porén, no libro non é a Cidadela o lugar da coroación de Aragorn, a cal realmente ocorre na chaira fóra de Minas Tirith.