iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Mesolítico
Mesolítico - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Mesolítico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Idades prehistóricas
Holoceno   La Tène   Protohistoria
  Hallstatt
Idade de Ferro
  Bronce final  
  Bronce medio
  Bronce antigo
Idade de Bronce
    Calcolítico    
  Neolítico Prehistoria
Mesolítico / Epipaleolítico
Plistoceno     Paleolítico superior  
    Paleolítico medio
    Paleolítico inferior
  Paleolítico
Idade de Pedra

O Mesolítico (pedra intermedia) é un período da prehistoria situado entre o Paleolítico e o Neolítico, e presente (ou polo menos, con duración razoábel) apenas nalgunhas rexións do mundo onde non houbo transición directa entre os dous períodos citados. As rexións que sufriran maiores efectos das glaciacións tiveron Mesolíticos máis evidentes.

Iniciouse co fin do Plistoceno, a preto de 10 mil anos atrás, e rematou coa introdución da agricultura, en épocas que varían de acordo coa rexión.

Culturas mesolíticas

[editar | editar a fonte]

Culturas mesolíticas son as que xorden na transición entre as que aínda representan unha economía de produción. Un fenómeno que aparece con carácter xeral nas culturas mesolíticas é a tendencia para as formas microlíticas e xeométricas na industria lítica e a desaparición gradual da industria ósea. Estas culturas non xorden en todos lados ao mesmo tempo nin teñen idéntica duración. Na Europa continental e nórdica o desenvolvemento das culturas mesolíticas procede da degradación gradual da cultura magdaleniense do Paleolítico superior, á medida que as novas condicións climáticas orixinaban unha diminución e transformación da fauna ao ritmo da diminución progresiva do glaciar escandinavo. As culturas mesolíticas do norte de Europa son en gran parte tributarias da anterior tradición magdalenense.

Enterro de Theviec - Museo de Tolosa

[editar | editar a fonte]

En Francia, o proceso de degradación do Paleolítico dá lugar á aparición da cultura acilense na zona pirenaica, con extensión pola zona cantábrica da Península Ibérica, cultura de transición sen grandes novidades e que continúa as antigas técnicas paleolíticas. Porén, en Francia pódense atopar vestixios da cultura tardenoisense (nome derivado de Tardenois, onde se sitúa o xacemento de Fère), característica dos terreos baixos e zonas de dunas. No Mesolítico adquiren grande importancia os concheiros portugueses das marxes do Texo, onde está asentada unha poboación que vai evolucionando lentamente e na cal aparecen xa moitos elementos raciais mistos. Os principais xacementos son Cabezo da Amoreira, Cova da Onza e Fonte do Padre Pedro. A este ciclo cultural pertencen tamén as oficinas de traballo manual de sílex, ao aire libre, que existen na rexión tarraconense.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.