Matt Damon
Matthew Paige "Matt" Damon, nado en Cambridge (Massachusetts) o 8 de outubro de 1970, é un actor, guionista e produtor de cine estadounidense. Foi gañador do Oscar ó mellor guión orixinal por Good Will Hunting e nomeado ó Oscar ó mellor actor polo mesmo filme.
Comezos
[editar | editar a fonte]Matt Damon é fillo de Kent Telfer Damon, un axente inmobiliario e corredor de accións, e Nancy Carlsson-Paige, mestra de educación infantil e na Universidade de Lesley.
Estudou na Cambridge Rindge and Latin School na súa cidade natal, onde fixo amizade cun veciño e tamén alumno desta escola, Ben Affleck, que comparten o mesmo soño de se converter en actor de cine. Finalmente, xuntos protagonizaron e escribiron o guión para o filme Good Will Hunting. Formouse en 1988 e comezou a estudar na Universidade Harvard, pero non rematou os estudos porque comezou cos seus primeiros traballos como actor.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa carreira iniciouse tralo éxito do filme Good Will Hunting (1997), cun guión que escribiu co seu amigo Ben Affleck. Ámbolos dous gañaron o Óscar ó mellor guión orixinal e o Globo de Ouro ó mellor guión polo seu traballo. Por outra banda, Damon obtivo múltiples nomeamentos ó mellor actor, incluíndo o Premio da Academia.
Dende entón, protagonizou filmes de grande éxito comercial, como Saving Private Ryan (1998), The Bourne Identity (2002), The Bourne Supremacy (2004), The Bourne Ultimatum (2007), Syriana (2005), The Good Shepherd (2006), e Infiltrados (2006).
Tamén acadou un nomeamento ós Globos de Ouro por interpretar o personaxe principal en The Talented Mr. Ripley (1999) e foi nomeado a un Premio da Academia por mellor actor secundario en Invictus (2009). É considerado como un dos corenta mellores actores de cine de tódolos tempos.
O 25 de xullo de 2007, Damon recibiu unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood e foi nomeado como o home máis sexy vivo pola revista People. Damon está moi involucrado no traballo humanitario, incluíndo proxectos como ONE Campaign, H2O Africa Foundation, e Water.org.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Damon estivo saíndo con Minnie Driver, a súa compañeira en Good Will Hunting. Despois diso, tivo unha relación de dous anos coa actriz Winona Ryder. Dende o ano 2001 ó 2003, saíu con Odessa Whitmire, a ex-asistente persoal de Billy Bob Thornton e Ben Affleck.
Damon está casado coa arxentina Luciana Bozán Barroso, a quen coñeceu en Miami mentres participaba no filme Stuck on You. A parella ten tres fillas; Isabella, Gia Zavala Damon e Stella Zavala Damon. Luciana Barroso tiña outra filla chamada Alexia do seu primeiro casamento, que tamén foi adoptada por el. Dende o ano 2010, a familia vive en Manhattan.
Damon é seareiro declarado dos Boston Red Sox. Despois de que o equipo gañase a World Series do 2007 relatou o lanzamento do DVD conmemorativo do evento.
Filmografía[1]
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1988 | Mystic Pizza | Steamer | |
1988 | The Good Mother | Extra | |
1989 | Field of Dreams | Extra en Fenway Park | |
1992 | School Ties | Charlie Dillon | |
1993 | Xerónimo | 2º Tte. Britton Davis | |
1995 | The Good Old Boys | Cotton Calloway | |
1996 | Glory Daze | Edgar Pudwhacker | |
1996 | Courage Under Fire | ESpecialista Ilario | |
1997 | Good Will Hunting | Will Hunting | |
1997 | The Rainmaker | Rudy Baylor | |
1997 | Chasing Amy | Shawn Oran | |
1998 | Rounders | Mike McDermott | |
1998 | Saving Private Ryan | James Francis Ryan | |
1999 | The Talented Mr. Ripley | Tom Ripley | |
1999 | Dogma | Loki | |
2000 | Finding Forrester | Steven Sanderson | |
2000 | All the Pretty Horses | John Grady Cole | |
2000 | The Legend of Bagger Vance | Rannulph Junuh | |
2000 | Titan A.E. | Cale Tucker | Voz |
2001 | The Majestic | Luke Trimble | Voz |
2001 | Ocean's Eleven | Linus Caldwell | |
2001 | Jay and Silent Bob Strike Back | El mesmo | |
2002 | Confessions of a Dangerous Mind | Matt, solteiro #2 | |
2002 | The Bourne Identity | Jason Bourne | |
2002 | Spirit: Stallion of the Cimarron | Spirit | Voz |
2002 | Gerry | Gerry | Tamén co-guionista |
2002 | The Third Wheel | Kevin | |
2003 | Stuck on You | Bob Tenor | |
2004 | Howard Zinn: You Can't Be Neutral on a Moving Train | Narrador | Voz |
2004 | Ocean's Twelve | Linus Caldwell | |
2004 | The Bourne Supremacy | Jason Bourne | |
2004 | Jersey Girl | Relacións públicas/Executivo nº 2 | |
2004 | EuroTrip | Donny | |
2005 | Syriana | Bryan Woodman | |
2005 | The Brothers Grimm | Wilhelm Grimm | |
2006 | The Good Shepherd | Edward Wilson | |
2006 | Infiltrados | Sarxento Maior Colin Sullivan | |
2007 | Ocean's Thirteen | Linus Caldwell | |
2007 | The Bourne Ultimatum | Jason Bourne | |
2007 | Youth Without Youth | Ted Jones | |
2007 | Arthur | El mesmo | Voz |
2008 | Che: guerrilla | Fr. Schwarz | |
2009 | Gake no ue no Ponyo | Koichi | Voz (versión en inglés) |
2009 | O informante | Mark Whitacre | |
2009 | Invictus | Francois Pienaar | |
2009 | The People Speak | El mesmo | Tamén como produtor |
2010 | Green Zone | Suboficial Xefe Roy Miller | |
2010 | 30 Rock | Carol | Serie de televisión (episodios: "I Do Do", "The Fabian Strategy" e "Live Show") |
2010 | Inside Job | Narrador | Documental |
2010 | Alén da vida | George Lonegan | |
2010 | Valor de lei | La Boeuf | |
2011 | The Adjustment Bureau | David Norris | |
2011 | Margaret | Aaron Caije | |
2011 | Contaxio | Thomas Emhoff | |
2011 | Happy Feet 2 | Krill #2 | |
2011 | We Bought a Zoo | Benjamin Mee | |
2012 | Promised Land | Steve Butler | Tamén escritor e produtor |
2013 | Elysium | Max Da Costa | |
2013 | The Zero Theorem | Administrador | |
2014 | The Monuments Men | James Granger | |
2014 | The Man Who Saved the World | El mesmo | Documental |
2014 | Interstellar | Dr. Mann | |
2015 | The Martian | Mark Watney | |
2016 | Jason Bourne | Jason Bourne | Tamén escritor e produtor |
2016 | The Great Wall | William Garin |
Premios[2]
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2016 | Mellor actor | The Martian | Nomeado |
2009 | Mellor actor secundario | Invictus | Nomeado |
1998 | Mellor actor | Good Will Hunting | Nomeado |
1998 | Mellor guión orixinal | Good Will Hunting | Gañador |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2016 | Mellor actor - Comedia ou musical | The Martian | Gañador |
2014 | Mellor actor en miniserie ou telefilme | Behind the Candelabra | Nomeado |
2010 | Mellor actor - Comedia ou musical | The Informant! | Nomeado |
2010 | Mellor actor secundario | Invictus | Nomeado |
2000 | Mellor actor - Drama | The Talented Mr. Ripley | Nomeado |
1998 | Mellor actor - Drama | Good Will Hunting | Nomeado |
1998 | Mellor guión | Good Will Hunting | Gañador |
Premios BAFTA
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2016 | Mellor Actor | The Martian | Nomeado |
- Premios do Sindicato de Actores
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2010 | Mellor actor secundario | Invictus | Nomeado |
2007 | Mellor elenco | The Departed | Nomeado |
1999 | Mellor elenco | Saving Private Ryan | Nomeado |
1998 | Mellor elenco | Good Will Hunting | Nomeado |
1998 | Mellor actor | Good Will Hunting | Nomeado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha en IMDb". Consultado o 07-06-2017.
- ↑ "Ficha de premios en IMDb". Consultado o 07-06-2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Matt Damon |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Yahoo! Movies (en inglés)
- People.com (en inglés)
- Moviefone (en inglés)
- Blog de novas e fotos de Matt Damon (en inglés)
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de Massachusetts
- Actores de voz dos Estados Unidos de América
- Guionistas dos Estados Unidos de América
- Produtores de cine dos Estados Unidos de América
- Paseo da Fama de Hollywood
- Nados en 1970
- Nados en Cambridge, Massachusetts
- Estadounidenses de ascendencia inglesa
- Óscar ó mellor guión orixinal