iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Maserati_no_automobilismo
Maserati no automobilismo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Maserati no automobilismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maserati
Nome completo Officine Alfieri Maserati
Bandeira Italia
Baseada en Módena, Italia
Tempadas en activo 7 (1950, 1952-1957)
Número de pilotos Juan Manuel Fangio
Stirling Moss
Debut Gran Premio do Reino Unido de 1950
Carreiras 56
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 2 (1954, 1957)
Vitorias 9
Pole positions 8
Voltas Rápidas 13
Puntos totais
Derradeiro GP Gran Premio de Italia de 1957


Ao longo da súa historia, o fabricante de automóbiles italiano Maserati participou en diversas competicións de automobilismo incluíndo a Fórmula Un, carreiras de coches deportivos e carreiras de coches de turismos, tanto como equipo oficial como por medio de equipos privados.

Un dos primeiros Maserati o Tipo 26 pilotado por Alfieri Maserati con Guerino Bertocchi en calidade de mecánico gañou a Targa Florio na clase 1500 cc en 1926, terminando no noveno lugar.[1]

Maserati tivo moito éxito na preguerra nas carreiras de Gran Premio, usando unha variedade de coches de 4, 6, 8 e 16 cilindros (dous oito en liña montados paralelos entre si).

Outros éxitos notables anteriores á guerra inclúen gañar as 500 Millas de Indianapolis dúas veces (1939 e 1940), en ambas ocasións con Wilbur Shaw ao volante dun 8CTF.

Deporte e coches GT

[editar | editar a fonte]

Maserati gañou a Targa Florio en 1937, 1938, 1939 e 1940. As dúas primeiras vitorias logrounas Giovanni Rocco cun Maserati 6CM e as dúas últimas Luigi Villoresi cun 6CM en 1939 e un 4CL en 1940.

Na posguerra a fábrica de Maserati fixo un esforzo para participar nas carreiras de autos deportivos en 1954 para a segunda tempada do Campionato do Mundo Sportscar. A fábrica correu como Officine Alfieri Maserati.

No Campionato do Mundo Sportscar de 1954 Maserati participou co Maserati A6 GCS, acabou quinto no Campionato de Fabricantes.

No Campionato do Mundo Sportscar de 1955 Maserati terminou cuarto no Campionato de Fabricantes.

No Campionato do Mundo Sportscar de 1956 Maserati terminou segundo no Campionato de Fabricantes incluíndo unha vitoria nos 1000 km de Bos Aires e nos 1000 quilómetros de Nürburgring. A vitoria nos 1 000 quilómetros de Bos Aires de 1956 foi dun Maserati 300S deportivo pilotado por Stirling Moss e Carlos Menditeguy.

No Campionato do Mundo Sportscar de 1957 Maserati terminou segundo no Campionato de Fabricantes. Esta vez con vitorias en Sebring e Rabelöfsbanan

No Campionato do Mundo Sportscar de 1959 Maserati terminou cuarto no Campionato de Fabricantes.

No Campionato do Mundo Sportscar de 1960 Maserati terminou terceiro no Campionato de Fabricantes. Cunha vitoria no ADAC 1000 km de Nürburgring cun Maserati Tipo 61 pilotado por Stirling Moss e Dan Gurney.

No Campionato do Mundo Sportscar de 1961 Maserati terminou segundo no Campionato de Fabricantes. Repetindo vitoria no ADAC 1000 km de Nürburgring cun Maserati Tipo 61 esta vez pilotado por Lloyd Casner e Masten Gregory.

Lista de coches deportivos e GT de Maserati

Maserati MC12

Coches de turismo

[editar | editar a fonte]

O coche Maserati Biturbo Grupo A competiu sen éxito no British Touring Car Championship a finais dos anos 1980, no Campionato Europeo de Turismos e no Campionato Mundial de Turismos (1987).

Os coches do Campionato Mundial de Turismos de 1987 presentáronse por Prol Team Italia / Imberti. O coche estaba no Grupo A División 3 competindo en contra dos Ford Sierra RS Cosworth e máis tarde na tempada cos Ford Sierra RS 500. O coche foi pilotado por Bruno Giacomelli, Armin Hahne, Marcello Gunella, Mario Hytten, Nicola Tesini e Kevin Bartlett.

Para o British Touring Car Championship os coches presentáronse por Trident Motorsport. Isto foi nas tempadas 1988 e 1989. O coche foi pilotado por Nick May, John Lepp e Vic Lee.

Coches de Rally

[editar | editar a fonte]

Un antigo coche WTCC de 1987 comprouno Adriano Dece que reformouno para utilizalo nos rally de estrada, a compañía tamén fabricou o coche de rally Maserati Biturbo Grupo A.

Fórmula Un

[editar | editar a fonte]
Juan Manuel Fangio gañou o campionato mundial de pilotos de 1957 nun Maserati 250F.

Maserati participou na Fórmula Un durante os anos 1940, 1950 e 1960. O seu equipo oficial de Fórmula Un foi moi exitoso, cun total de 9 vitorias en Grandes Premios para o equipo de fábrica e un título mundial de Juan Manuel Fangio.[2] Maserati deseñou tres coches de Fórmula Un, o Maserati 4CLT, o Maserati A6GCM e o Maserati 250F, e o pre-segunda guerra mundial Maserati 4CL tamén se utilizou con certo éxito. Con todo, debido ás dificultades financeiras de finais de 1950 o equipo tivo que retirarse da Fórmula Un en 1958 malia a pesar de que o 250F aínda era exitoso. Os equipos privados continuaron usando o 250F ata 1960.

Na década de 1960, Maserati forneceu motores ao equipo británico de Fórmula Un Cooper. O coche máis exitoso desa colaboración foi a Cooper-Maserati T81, que tiña un motor Maserati V12. Gañou o Gran Premio de México de 1966 e Gran Premio de Suráfrica de 1967, pilotado por John Surtees e Pedro Rodríguez, respectivamente.

Comezos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

O Maserati 4CLT de 1948 foi un dos primeiros coches construídos cás novas regulacións da Fórmula Un, presentado en 1946, foi desenvolvido a partir do coche Maserati 4CL voiturette de 1938. O vello deseño seguía sendo competitivo a pesar do parénteses da segunda guerra mundial e participou en carreiras de Fórmula Un cando se reiniciaron logo da guerra. O seu éxito animou a Maserati para desenvolver o deseño do coche e estas melloras foron reunidas no 4CLT.

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. "Enrico's Maserati Pages - The Targa Florio". maserati-alfieri.co.uk. Consultado o 2010-04-25. 
  2. "Maserati Celebrates Fangio". Maserati Celebrates Fangio. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2013. Consultado o 2010-04-09. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]