iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Mar_de_Laptev
Mar de Laptev - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Mar de Laptev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMar de Laptev
(ru) Лаптевых Море
(sah) Лаптевтар байҕаллара Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipomar marxinal Editar o valor en Wikidata
EpónimoDmitri Laptev (pt) Traducir e Khariton Laptev (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deOcéano Ártico Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaRusia Editar o valor en Wikidata
División administrativaRusia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 76°N 125°L / 76, 125
Afluentes
Anabar (en) Traducir ,Río Lena ,Bludnaya (en) Traducir ,Chondon (en) Traducir ,Dzhagaryn (en) Traducir ,Khara-Ulakh (en) Traducir ,Muksunuokha (en) Traducir ,Omoloy (en) Traducir ,Sanga-Jurjach (en) Traducir ,Sellyakh (en) Traducir ,Uele (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Profundidade3.385 m Editar o valor en Wikidata
Perímetro1.300 km Editar o valor en Wikidata
Superficie700.000 km² Editar o valor en Wikidata

O mar de Laptev (en ruso, море Лаптевых) é un mar marxinal do océano Glacial Ártico, que se estende pola costa oriental de Siberia, península de Taimir, a Terra do Norte e as illas de Nova Siberia. O seu límite máis setentrional está no cabo Ártico ata un punto coas coordenadas 79°N e 139°E para cerrar no cabo Anisiy.[1]

O mar de Kara queda ao oeste, o mar de Siberia Oriental ao leste. A superficie deste mar é de aproximadamente 672.000 km².[2] É navegable durante os meses de agosto e setembro.

O mar de Laptev leva o seu nome en recoñecemento a dous exploradores e curmáns rusos, Dmitry Laptev e Khariton Laptev, que realizaron campañas de recoñecemento das súas costas. Anteriormente, este mar era coñecido como mar Nordenscheld ou Nordenskjöld, en recoñecemento ao primeiro navegante da Ruta do Mar do Norte, Adolf Erik Nordenskiöld.[3]

Administrativamente, as súas ribeiras pertencen ao Krai de Krasnoiarsk e á República de Sakha.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O mar de Laptev está situado fronte á costa da Siberia Oriental, e está delimitado, ao leste, polas costas orientais da península de Taimir e as illas de Terra do Norte, que o separan do mar de Kara; ao oeste, polas illas de Nova Siberia, que o separan do mar de Siberia Oriental; ao sur, pola costa norte de Siberia Central; e, ao norte, o seu límite é unha liña trazada a partir do cabo Ártico, que discorre pola illa Komsomolets ata o punto de coordenadas 79°N e 139°L e péchase no cabo Anisiy, ao leste.

Este mar recibe as augas do río Lena, o principal río da Siberia Oriental (con 4.313 km é un dos máis longos de Rusia, que forma un gran delta na súa desembocadura. Un pouco máis ao oeste, bordeando a península de Taimir está o longo estuario do río Khatanga. Estas dúas formas de estuario son indicativas dos cambios nas correntes causadas polos ríos de Siberia no mar de Laptev e determinan en gran parte o clima local. Ao oeste do río Lena, a uns 80 km, desauga o río Oleniok (2.292 km) e máis ao oeste faino o río Anabar. Ao leste do Lena, tamén desaugan os ríos Omoloy e Yana.

As costas do mar son serpenteantes formando golfos e baías de varios tamaños. A paisaxe costeira tamén é diversa, con pequenas montañas nalgúns lugares preto do mar.[4] Os principais golfos da costa do mar de Laptev son o Khatanga, o Oleniok, o Buor-Khaya e a baía do Yana.[5] Ten varias decenas de illas cunha superficie total de 3 784 km2, sobre todo están situadas na parte occidental do mar e nos deltas dos ríos. As tormentas e as correntes debidas á desconxelación do xeo erosionarón considerablemente as illas, polo que as illas Semenovsky e Vasilievsky (74°12 "N, 133°E) que foron descubertas en 1815 xa desapareceron.[5]

Ocupa unha superficie de aproximadamente 672.000 km² o que, por superficie, sitúao como o 36ª mar do mundo.[6] A súa profundidade media é de 50 m mentres que a súa profundidade máxima é de 3.385 m. É navegable durante o mes de agosto e setembro.

O clima do mar de Laptev é continental ártico e, debido ao afastamento cos océanos Atlántico e Pacífico, é un dos máis severos entre os mares árticos, a miúdo e varrido por fortes vendavais, xistras e tormentas de neve, o mar de Láptev está sometido a un clima rigoroso no inverno, e non é raro que a néboa e a neve tamén aparezan no verán.[5][7] O mar onde as temperaturas do aire permanecen por baixo de 0 °C 11 meses ao ano no norte e 9 meses no sur xéase durante a maior parte do ano sendo navegable entre agosto e setembro, aínda que o uso de crebaxeos permite alcanzar durante todo o ano o principal porto deste mar, Tiksi, situado preto da boca do río Lena.

Os ventos sopran desde o sur e o suroeste no inverno, e desprazanse cunha velocidade media de 8 m/s cara á primavera. No verán, cambian de dirección cara ao norte, e a súa velocidade é de 3-4 m/s. Ventos relativamente débiles resultantes dunha baixa convección que ocorre só nas augas superficiais, á profundidade de 5-10 metros

Os fenómenos naturais da noite polar e o do sol de medianoite duran ao redor de 3 meses ao ano no sur e 5 meses no norte.

En 1712, Yakov Permyakov e o seu compañeiro Merkury Vagin exploraron a parte oriental do mar de Laptev e descubriron a illa Gran Lyakhovsky. Permyakov e Vagin foron asasinados no camiño de regreso polos membros amotinados da expedición.

En 1735, o explorador ruso de Siberia Vasili Pronchishchev navegou desde a cidade de Yakutsk ata o río Lena no seu balandro Yakutsk. Explorou a costa oriental do delta do Lena, e detívose para invernar na desembocadura do río Oleniok. Lamentablemente moitos dos membros da súa tripulación caeron enfermos e morreron, debido principalmente ao escorbuto. A pesar de todas as dificultades, chegou á costa oriental da península de Taimyr en 1736 e dirixiuse ao norte cartografando a súa costa. Pronchishchev e a súa esposa María (tamén coñecida como Tatyana Feodorovna) sucumbiron ao escorbuto e morreron no camiño de regreso.

Durante 1739-42, no marco da segunda expedición a Kamchatka, o explorador do ártico ruso e vicealmirante Dmitry Laptev describiu a costa desde a desembocadura do río Lena, ao longo dos golfos Buor-Khaya e do río Yana, ata o estreito que agora leva o seu nome, estreito de Dmitry Laptev. Como parte da mesma expedición, un primo de Dmitry, Khariton Laptev, liderou unha campaña de recoñecemento da costa da península de Taimyr, partindo da desembocadura do río Khatanga.

En 1892-94, e novamente entre 1900-02, o barón Eduard Toll explorou o mar de Laptev no curso de dúas expedicións. Toll levou a cabo estudos xeográficos e xeolóxicos na zona en nome da Academia Imperial de Ciencias de Rusia. Na súa última expedición Toll desapareceu fronte ás illas de Nova Siberia en circunstancias misteriosas.

Durante a época soviética, as zonas costeiras o mar de Laptev experimentaron un limitado auxe debido aos primeiros convois de crebaxeos que navegaban a Ruta do Mar do Norte e así mesmo pola creación da Dirección da Ruta do Mar do Norte. Tiksi tivo un activo aeroporto e o porto de Nordvik, ao oeste, converteuse nunha «crecente cidade».[8]

Despois da desintegración da Unión Soviética, a navegación comercial no Ártico siberiano entrou en declive no decenio de 1990. Transporte marítimo máis ou menos regular soamente atópase partindo de Múrmansk ata Dudinka, no oeste; e entre Vladivostok e Pevek, no afastado leste do país. Os portos entre Dudinka e Pevek están próximos a ver desaparecer toda navegación. Logashkino e Nordvik foron abandonados e agora son poboacións pantasma.

Flora e fauna

[editar | editar a fonte]

A flora e a fauna son escasas debido ao clima duro. A vexetación do mar está representada sobre todo polo grupo das diatomeas, con máis de 100 especies. En comparación, o número de algas verdes, algas azuis e especies dos flaxelados é de aproximadamente unha de cada 10.

  1. International Hydrographic Organization, ed. (1953). "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 6 de febreiro de 2017. 
  2. Море Лаптевых: история открытия, фото, видео - ... (ed.). "Море Лаптевых (mar de Laptev)" (en ruso). Archived from the original on 12 de abril de 2019. Consultado o 14 de xuño de 2020. 
  3. Colliers Encyclopedia.
  4. A. D. Dobrovolskyi and B. S. Zalogin Mares da USSR. Mar de Laptev, Universidade de Moscova (1982) (en ruso)
  5. 5,0 5,1 5,2 Mar de Laptev, Grande Enciclopedia Soviética (en ruso)
  6. «Geo-data: the world geographical encyclopedia» / John F. McCoy, project editor.-- 3ª ed. 2002. A superficie que se da nesta publicación é de 700.000 km2.
  7. Laptev Sea, Encyclopædia Britannica on-line (en inglés)
  8. William Barr, The First Soviet Convoi to the Mouth of the Lena.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]