María de Medici
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Nome orixinal | (it) Maria de Medici (fr) Marie de Médicis |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de abril de 1575 (Gregoriano) Florencia, Italia |
Morte | 3 de xullo de 1642 (67 anos) Colonia, Alemaña |
Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis |
Governor of the Bastille (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Ámsterdam (1638–1638) Francia (1600–1630) A Haia |
Ocupación | salonnière, coleccionista de arte, política |
Instrumento | Guitarra e Laúde |
Obra | |
Arquivos en | |
Outro | |
Título | Raíña consorte de Francia (1600–) |
Familia | Medici |
Cónxuxe | Henrique IV de Francia (1600–1610) |
Fillos | Lois XIII de Francia, Sabela de Francia, Cristina de Francia, Nicolau Henrique de França, Gastão, Duque d'Orleães, Henriqueta María de Francia |
Pais | Francisco I de Médici e Joana de Áustria, Grã-Duquesa da Toscana |
Irmáns | Filipe de Médici Eleonora de Médici Ana de Médici |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Obálky knih, |
María de Medici (en italiano: Maria de' Medici), nada en Florencia o 26 de abril de 1575 e finada en Colonia (Alemaña) o 3 de xullo de 1642, foi unha nobre italiana, segunda esposa do rei Henrique IV e raíña consorte de Francia de 1600 a 1610, así como rexente durante a minoría do seu fillo Lois XIII, entre 1610 e 1614, permanecendo no poder ata 1617.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era filla de Francisco I de Médici, Gran Duque de Toscana coa súa primeira esposa, a arquiduquesa Xoana de Austria. María tivo unha infancia despreocupada ata 1578, cando morreu a súa nai. Á morte da súa muller, o Gran Duque casou coa súa amante, Bianca Cappello. A partir de entón, María de Médici púxose triste e solitaria no Palacio Pitti.
Tiña por compañía só os seus irmáns, Leonor, Ana e Filipe. Porén, Filipe morreu en 1583 e Ana en 1584. Leonor deixou a Toscana para converterse en duquesa de Mantua, casando con Vicente I Gonzaga, duque de Mantua en 1584. Como o único fillo que quedaba do primeiro matrimonio do Gran Duque, María sentiuse moi soa. O seu consolo foi a presenza do seu curmán Virgílio Orsini, e da súa amiga Leonora Galigai, que era a súa irmá de leite.
En outubro de 1587, María pasou baixo a tutela do seu tío, Fernando I, Gran Duque de Toscana, sucesor de Francisco I que morreu o 19 de outubro de 1587. Fernando I renunciou a ser cardeal e casou con Cristina de Lorena. relación conflitiva con María.
Á espera dun posible matrimonio, María converteuse nunha rapaza dedicada ao estudo, á aprendizaxe da historia, das matemáticas, da arte do debuxo, da escultura e da música. Ela herdou do seu pai o amor pola ciencia; era unha apaixonada das xoias e das pedras preciosas, polo que tamén aprendeu a distinguir o real do falso.
Familia
[editar | editar a fonte]Ascendencia
[editar | editar a fonte]Antepasados de María de Medici | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Descendente
[editar | editar a fonte]Nome | Nacemento | Falecemento |
---|---|---|
Lois XIII de Francia | 27 de setembro de 1601 | 14 de maio de 1643 |
Isabel de Francia | 22 de novembro de 1602 | 6 de outubro de 1644 |
Cristina de Francia | 10 de febreiro de 1606 | 27 de decembro de 1663 |
Nicolao Henrique de Francia | 16 de abril de 1607 | 17 de novembro de 1611 |
Gastón de Orleáns | 25 de abril de 1608 | 2 de febreiro de 1660 |
Henrietta María de Francia | 25 de novembro de 1609 | 10 de setembro de 1669 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María de Medici |