Manuel Curros Enríquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de setembro de 1851 Celanova, España |
Morte | 7 de marzo de 1908 (56 anos) A Habana, Cuba |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | autor, xornalista, escritor, poeta |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía, novela, teatro |
Movemento | Rexurdimento |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Modesta Luisa Polonia Vázquez Rodríguez |
Fillos | Adelardo, Leopoldo, Sofía, Augusto, Socorro e Manuel |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Enciclopedia Galega Universal |
Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851[1] e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Cronobiografía de Manuel Curros Enríquez.
Curros Enríquez naceu en Celanova no 1851, na casa número 14 da rúa de San Roque. Era o cuarto fillo do escribán Xosé María de Curros Vázquez (de Santiso) e de Petra Enríquez (de Vilanova dos Infantes).[3] O pai de Curros era un home autoritario e de ideas tradicionalistas[4] que sometía o seu fillo a malleiras frecuentes, malia que, de acordo con outras fontes,[5] Xosé María de Curros defendeu sempre as ideas liberais. Asistiu á escola de Manuel Rebollo e cando estivo preparado tivo que axudar o seu pai como escribente. A finais de 1866 marchou cara a Madrid, á casa do seu irmán Ricardo, onde cursou o bacharelato e comezou estudos de Dereito, carreira que non rematou. En Madrid, Curros atopará tamén a protección de Modesto Fernández González, quen desempeñará un papel fundamental na súa vida, como se verá máis adiante.[4]
Participa na Revolución de 1868 que derroca a Isabel II o cal fai que asuma os ideais democráticos. Ingresa de escribente no Concello de Madrid e visita os círculos literarios coa intención de facer alí carreira literaria, desa época é a lenda en castelán El Maestre de Santiago. Ós vinte anos casou polo civil con Modesta Luisa Polonia Vázquez Rodríguez,[4] natural de Pobra de Seabra, sete anos máis vella ca el,[6] coa que tivo un fillo en 1873. En 1873 comezou a súa carreira xornalística ao ingresar na Gaceta de Madrid e ao ano seguinte entra en El Imparcial, para o que cubriu, entre decembro de 1875 e febreiro de 1876, a Terceira guerra carlista escribindo as Cartas del norte. Sucedeuno na tarefa outro correspondente, Fauró, tras ser ferido de bala por un axudante do brigadier Mariné con quen compartía estancia segundo relata no tomo III o recompilador das súas obras completas para a Casa editorial Perlado, Páez y C.ª, Sucesores de Hernando (Madrid, 1910).[7]
No 1876 o seu protector, Modesto Fernández, convoca un certame poético en Ourense. Curros inicialmente négase a participar, pois as bases impoñían presentar textos de carácter costumista, temática que se opoñía aos seus gustos e aos seus ideais. Con todo, finalmente accede a participar e obtén a vitoria cos poemas «Unha boda en Einibó», «O Gueiteiro» e «A Virxe do Cristal»,[4] vitoria que o determinou como poeta galego. Curros establécese en Ourense e traballa na Intervención da Administración Económica (Facenda). Colabora no xornal El Trabajo.
Aires d'a miña terra
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Aires da miña terra.
En 1880 publicou Aires d'a miña terra.[8] Neste libro de poemas manifesta o seu anticlericalismo, ao considerar que a Igrexa non se achega ós pobres e necesitados, senón que só defende castes e privilexios. Nesta obra publica o poema "Mirand’ó chau" no que, entre outros, escribe o celebre verso S’eu fixen tal mundo, que o demo me leve. A reacción eclesiástica non se fixo esperar, e o 28 de agosto dese mesmo ano o bispo de Ourense, Cesáreo Rodrigo, condena e reproba o libro por conter "proposiciones heréticas, blasfemas, escandalosas”. Prohíbese aos fieis a lectura e posesión do libro e remátase excomungando a Curros. Simultaneamente, o bispo de Ourense denuncia o libro diante das autoridades xudiciais. O xulgado de Ourense procesouno por delito contra o libre exercicio dos cultos e ordenou o secuestro dos exemplares en poder do editor e a destrución dos moldes de copia. Curros foi condenado polo xuíz Manuel Mella Montenegro a dous anos, catro meses e un día de cadea, e mais ao pago dunha multa de 250 pesetas. Finalmente, foi absolto na Audiencia da Coruña [9] en segunda instancia grazas á defensa do seu avogado, Luciano Puga Blanco. O celanovés adicaralle un poema, A Luciano Puga, que se incluirá nunha posterior edición de Aires d'a miña terra
Cesado no seu posto de traballo na Delegación de Facenda en Ourense, regresa a Madrid en 1883 e ingresa na redacción de El Porvenir, xornal republicano. En 1887 accedeu ao posto de redactor xefe de El País. Xa en agosto de 1888 apareceu O divino sainete, obra que pasou desapercibida para a crítica galega por medo, xa que afondaba no ton anticlerical de Aires d'a miña terra. Porén, si foi comentada por Valentín Lamas Carvajal n'O Tio Marcos d'a Portela. Tamén en Madrid tivo moi boa acollida, e mesmo se chegou a comparar naquel momento a Curros co Arcipreste de Hita e mesmo con François-Marie Arouet ou con Abílio Manuel Guerra Junqueiro.[Cómpre referencia]
Curros na emigración
[editar | editar a fonte]En 1894 decidiu emigrar cara a América. Acollido con entusiasmo á súa chegada, na Habana dirixiu o xornal La Tierra Gallega. Cando se suspendeu a publicación deste, ingresou na redacción de El diario de las Familias e despois na do Diario de la Marina. Dende este último apoiou o autonomismo cubano, o que lle causou problemas coas autoridades e acabou indispoñéndose coa maioría dos seus paisanos. En 1904 viaxou á Coruña, onde foi agasallado polo rexionalismo galego nun acto no que o coroaron como poeta.[10]
De volta na Habana, retoma as súas actividades no Diario de la Marina. Creou xunto con Manuel Murguía a Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, base da futura Real Academia Galega, da que foi nomeado presidente ao ano seguinte.
Curros Enríquez, xa moi enfermo, ingresou no hospital do Centro Asturiano ao negarse a facelo no do Centro Galego e alí morreu o 7 de marzo de 1908. Os seus restos mortais foron embarcados para Galicia, onde chegaron o 31 de marzo á cidade da Coruña. A capela ardente ficou instalada nos baixos da Casa do Concello.[11] Foi enterrado no Cemiterio de San Amaro, non sen polémica entre quen querían unha cerimonia relixiosa e quen querían un enterro civil. Segundo as crónicas da época, unhas corenta mil persoas ateigaron as rúas da Coruña o 2 de abril de 1908 para acompañaren o cortexo fúnebre nunha expresión multitudinaria de afecto popular sen antecedentes na historia de Galicia.[11][12][13]
Obras
[editar | editar a fonte]- El maestre de Santiago (1874), lenda en verso, editado como libro en 1892.
- Cartas del norte (1875-1876), publicadas en El Imparcial, sobre a Terceira guerra carlista.
- A Virxe do Cristal (1877), para o certame poético de Ourense.
- Paniagua y Compañía. Agencia de sangre (1877), editado por Vicente Abad.[14]
- "La señorita de aldea" (1878), publicado en dúas entregas en El Heraldo Gallego.[15]
- Aires da miña terra (1880). Traducida ao castelán en diversas ocasións,[16] a primeira delas en 1892.[17]
- El último papel. Zarzuela cómica en un acto, prosa y verso (1887), publicado en seis entregas en Galicia. Revista Regional.[18]
- O divino sainete (1888). Traducida ao castelán en dúas ocasións[19][20] e ao éuscaro.[21]
- Eduardo Chao. Estudio biográfico-político (1893), edición en castelán.[22][23]
Galaxia publicou en 2022 O maio (ISBN 978-84-9151-792-4), álbum ilustrado por Blanca Millán sobre o poema de Curros.
Hai tamén unha antoloxía da súa obra en ruso.[24]
- Traducións do portugués ao castelán.
- La condesita (A Morgadinha de Valflor de M. Pinheiro Chagas)
- La lira lusitana (textos de Guerra Junqueiro e Teófilo Braga), publicado en El Porvenir.[25]
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Aires de poesía. Escolma de poetas da bisbarra de Celanova[26][27][28]. Aira editorial, 2023. ISBN 978-84-125593-7-8
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Máis de cincuenta concellos de Galicia teñen unha rúa co nome de Manuel Curros Enríquez. Tamén hai diversos centros educativos repartidos por toda a xeografía do país bautizados na honra ao poeta celanovés.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Curros Enríquez.
I | II | III | IV | V | VI |
Aires da miña terra O Divino Sainete |
El Maestre de Santiago El Padre Feijóo Poesías escogidas |
Cartas del Norte La Condesita Poesías escogidas |
Paniagua y Compañía El último papel Hijos ilustres de Galicia Artículos escogidos |
La Lira Lusitana La Señorita de aldea De mi álbum Artículos y poesías |
Eduardo Chao. Estudio biográfico-político |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fundación Curros Enríquez". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2017.
- ↑ Figuras homenaxeadas Real Academia Galega.
- ↑ Casares Mouriño 1980, p. 13.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Carballo Calero 1975.
- ↑ Casares Mouriño 2004, p. 137.
- ↑ Casares Mouriño 1992, p. 17.
- ↑ Obras completas III.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
- ↑ Segunda edición en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
- ↑ Alonso Montero, X. (2001). A coroación de Curros Enríquez (A Coruña, 21 de outubro de 1904). A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ 11,0 11,1 Reiriz Rey, Jesús María; Alfeirán Rodríguez, Xosé (2004). Tiempos republicanos (en castelán). A Coruña: Ateneo Republicano de Galicia. ISBN 84-933103-2-8.
- ↑ "O enterro de Curros segundo Galo Salinas" RAG, 10/7/2014.
- ↑ "Féretro de Curros". Almanaque das Irmandades. Arquivado dende o orixinal o 22/12/2017. Consultado o 20/12/2017.
- ↑ Paniagua y Compañía, Agencia de Sangre na Biblioteca Digital Hispánica.
- ↑ Nº 255 do 25/3/1878 e nº 256 do 31/3/1878.
- ↑ "Aires da miña terra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12/09/2019. Consultado o 17/7/2019.
- ↑ "Aires de mi tierra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12/09/2019. Consultado o 17/7/2019.
- ↑ "Hemeroteca virtual da RAG". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 14 de marzo de 2020.
- ↑ "El divino sainete: poema en ocho cantos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18/04/2018. Consultado o 17/7/2019.
- ↑ "El divino sainete". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18/04/2018. Consultado o 17/7/2019.
- ↑ "Jostirudi jaikotarra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18/04/2018. Consultado o 17/7/2019.
- ↑ Eduardo Chao. Estudio biográfico-político na Biblioteca Digital Hispánica.
- ↑ Obras completas VI
- ↑ "Антология галицкой литературы.Мануэль Кm". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 01/06/2020. Consultado o 17/7/2019.
- ↑ "Notas del recopilador". Obras completas V. pp. 420-421.
- ↑ "Memoria poética". 14/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
- ↑ "Posta de largo do libro de poesía “Aires de Pedra”". 16/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
- ↑ "El libro ‘Aires de poesía’ incluye poemas de la escritora Anisia Miranda". 11/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Curros Enríquez |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Manuel Curros Enríquez |
A Galicitas posúe citas sobre: Manuel Curros Enríquez |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- AAVV (2004). Actas do I Congreso internacional "Curros Enríquez e o seu tempo" I. CCG. ISBN 84-95415-88-7. [1]:
- Alonso Montero, X. (2004). A Guerra Civil tamén se perpetrou contra Curros Enríquez…. pp. 41–102.
- Méndez Ferrín, X. L. (2004). Arredor d'O divino sainete. pp. 103–115.
- Rodríguez, Francisco (2004). Crítica literaria e contexto ideolóxico-político: análises e avaliacións da obra…. pp. 117–133.
- Casares Mouriño, C. (2004). Subsidios para unha revisión de aspectos controvertidos da vida, obra e ideoloxía…. pp. 135–147.
- García Domínguez, Raimundo (2004). A coroación de Ramón Cabanillas. pp. 151–162.
- Domingo Cuadriello, Jorge (2004). Los últimos años de Curros Enríquez: (a través de algunos testimonios). pp. 163–185.
- Montero Prego, Benito (2004). O proceso penal a Manuel Curros Enríquez: (1880-1881). pp. 187–218.
- Neira Vilas, Xosé (2004). A coroa de Curros Enríquez. pp. 219–224.
- Reza Rodríguez, Xosé Benito (2004). A Celanova que coñeceu Curros. pp. 225–233.
- Ríos, P. (2004). Contribución a la biografía de Curros Enríquez…. pp. 235–259.
- AAVV (2004). Actas do I Congreso internacional "Curros Enríquez e o seu tempo" II. CCG. ISBN 84-95415-79-8. [2]:
- "Curros Enríquez, Manuel". Diccionario enciclopédico galego universal 19. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 126-127. ISBN 84-7680-429-6.
- "Curros Enríquez, Manuel". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo. 2010-2011. pp. 309–314.
- "Curros Enríquez, Manuel". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 635-636. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Curros Enríquez, Manuel". Enciclopedia Galega Universal 7. Ir Indo. 1999-2002. p. 19-21. ISBN 84-7680-288-9.
- Alonso Montero, X. et al. (2005). "Curros Enriquez, Manuel". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Benito Reza, X (2001). Manuel Curros Enríquez: Xornalista, precursor, poeta civil. O gran rebelde. Ir Indo.
- Carré, Luis (1953). Manuel Curros Enríquez, sua vida e sua obra. Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires.
- Casares Mouriño, Carlos (1980). Curros Enríquez. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-356-7.
- ————————— (1992). Poesía galega completa, Manuel Curros Enríquez. Galaxia. ISBN 978-84-7154-844-3.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 335–398. ISBN 84-7154-227-7.
- Fernández del Riego, F. (1971) [1951]. Historia da literatura galega (2ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. pp. 106–110.
- Ferreiro, Celso Emilio (1954). Curros Enríquez. Biografía. Colección de escritores gallegos. A Coruña: Editorial Moret.
- Gómez, A.; Queixas, M. (2001). Historia xeral da literatura galega. A Nosa Terra. p. 137-148. ISBN 84-95350-79-3.
- López-Keller Álvarez, Carlos (1998) «Curros en 1876 Apuntes dunha metamorfose» Madrygal. Revista de estudios gallegos.
- Martínez-Risco Daviña, L. "Manuel Curros Enríquez " Diccionario Biográfico Español". RAH (en castelán).
- Montero Prego, Benito (2001). O proceso penal a Manuel Curros Enríquez: (1880-1881). CCG. ISBN 84-95415-41-0.
- Pena, X.R. (2014). Historia da literatura galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento. Xerais. pp. 297–343. ISBN 978-84-9914-764-2.
- Vilanova, Alberto (1953). Vida y obra de Manuel Curros Enríquez (en castelán). Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires.
- Vilavedra, D., ed. (1995). "Curros Enriquez, Manuel". Diccionario da literatura galega I. Galaxia. p. 162-168. ISBN 84-8288-019-5.
Unha viaxe para contar. Celanova TVG |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fundación Curros Enríquez
- Manuel Curros Enríquez na Biblioteca Virtual Galega.
- Curros no Álbum de Galicia [3] e no Álbum da Emigración [4] do CCG.
- Creator:"Curros Enríquez, Manuel, 1851-1908" en Internet Archive.
- Obras dixitalizadas de Curros na Biblioteca Digital Hispánica da Biblioteca Nacional de España.
- Toural Quiroga, Manoel (1/10/2010). "Os primeiros anos de Curros en Madrid", A Nosa Terra nº 1394, febreiro 2010, Equitación de Xis.