iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Maleza
Mala herba - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Mala herba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Maleza»)
O mexacán ou carrelo (Taraxacum officinale) é unha planta común en todo o mundo, especialmente en Europa, Asia e América. É considerada unha mala herba nalgúns contextos, por exemplo nos céspedes, mais non noutros, xa que pode ser usada como planta medicinal ou comestíbel en ensaladas, por iso tamén recibe o nome galego de leitaruga.

Mala herba, herba adventicia ou herba daniña son termos que se refiren a toda planta que medra nunha leira agrícola ou xardín e non é apreciada ou querida nese lugar. A verba mala ten connotacións despectivas e subxectivas, polo que ás veces é preferíbel empregar os sinónimos adventicia ou infestante. As malas herbas forman o que se denomina maleza ou mata e o conxunto espeso de matas forma o mato ou matogueira, tamén chamado breña, coucheira, fraguiza, matagueira, vedramio.

Algunhas plantas coma a avea eran orixinalmente herbas adventicias que medraban bravas nas leiras de trigo até ficaren finalmente domesticadas. Algunhas especies, coma as o xénero Lolium ou do Melilotus son infestantes, mais tamén se lles pode dar uso forraxeiro.

Algunhas especies cultivadas, coma o xirasol ou a pataca, pódense comportar como malas herbas no caso de que nazan ou regromen ao ano seguinte no terreo no que instalemos un novo cultivo. Porén no caso xeral as malas herbas adoitan ser especies bravas e que producen danos económicos de importancia.

Normalmente o solo agrícola constitúe o denominado banco de sementes onde hai un alto número de sementes e partes vexetativas, moitas delas en estado de repouso e outras prontas a xermolar en canto teñan as condicións axeitadas. As sucesivas labras que adoitan deixan o solo esfarelado tamén favorecen o desenvolvemento das herbas adventicias.

A malherboloxía é a ciencia dedicada ao estudo deste tipo de plantas.

Principais características vitais

[editar | editar a fonte]
  • Rusticidade: xeralmente aturan mellor a seca cás plantas cultivadas, son máis resistentes a pragas e doenzas e adoitan ser máis vizosas e medrar máis á présa.
  • Ciclo vital xeralmente breve, mais tamén as hai vivaces.
  • Produción de altas cantidades de sementes.
  • Alta capacidade xerminativa, ás veces combinada con presenza de sementes latentes.
  • Facilidade de dispersión das sementes, ás veces facilitada polo vento grazas ós penachos que estas desenvolven, enganchadas no pelo de animais, no calzado, nas ferramentas etc.
  • Multiplicación vexetativa: por exemplo, a raíz do cardo das viñas (xénero Cirsium) que malia cortado, o anaco que fica baixo o chan medra de novo e non se pode eliminar de xeito mecánico.

Danos que producen

[editar | editar a fonte]
  • Na colleita: as correolas, do xénero Convolvulus, enrédanse na maquinaria; as malas herbas, aínda verdes, poden humedecer a colleita facéndoa fermentar os restos de adventicias na colleita deprecian o produto.
  • Ocupan terreo e non deixan medrar o cultivo, nalgúns casos por alelopatía, podendo chegar a asfixiala.
  • Competencia pola auga, os nutrientes e a luz.
  • Plantas nocivas: poden ser velenosas ou que dean un mal sabor a produtos coma a fariña ou chegar a intoxicar os rabaños.

Papel na vexetación

[editar | editar a fonte]

As herbas adventicias no terreo onde aparecen atraen e sosteñen unha gran variedade de organismos, incuíndo aqueles que regulan a densidade de malas herbas e a composición da flora adventicia. O último grupo inclúe herbívoros, granívoros e microorganismos. A predación que estes fan sobre as sementes reducen significativamente a entrada de sementes no banco do solo e, polo tanto, fan diminuír o uso de herbicida.[1]

O trevo branco (Trifolium repens) considérase unha herba daniña nos céspedes, porén é apreciada coma fonte de forraxe.

O control das malas herbas pódese facer tradicionalmente por medio de técnicas de tipo mecánico ben sexan manuais ou con maquinaria; utilizando rotación de cultivos, labrando uns días antes da sementeira para que saian as primeiras malas herbas e volver a labrar para as eliminar. Tamén se pode cubrir o chan con materiais inertes tipo cobertor térmico (mulching) ou nalgúns casos poden usarse a auga ou os lumes controlados.

O uso de herbicidas é unha técnica máis moderna que require dun coidado moi especial na aplicación (ler ben as instrucións do fabricante do produto para evitar danos ao contorno e ás persoas).

A agricultura ecolóxica non fai uso de herbicidas de síntese e procura empregar as outras técnicas mencionadas.

Malas herbas en Galicia

[editar | editar a fonte]

Innumerábeis especies poden ser consideradas herbas daniñas no agro e na xardinaría galega, dende fentos, silveiras até incluso árbores coma eucaliptos ou carballos.

  1. Paula Westerman European weed reseaarch society AbstractsUniversität Rostock 2007

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]