Makemake
Makemake | |
---|---|
Deus creador, da fertilidade | |
Membro da mitoloxía rapanui | |
Figura de Make-Make esculpido en pedra. | |
Outros nomes | Make-make |
Xénero | Masculino |
Rexión | Illa de Pascua |
Grupo étnico | Pobo rapanui |
Makemake, tamén escrito Make-Make, é un deus polinésico presente na mitoloxía rapanui[1] da Illa de Pascua. É o creador da humanidade, o deus da fertilidade e o deus xefe de "Tangata manu" ou do home-paxaro (esta seita sucedeu á era máis famosa dos Moais da illa). Parecía ser a forma local, ou nome, do antigo deus polinesio Tāne. Non tiña cónxuxe.[2]
Makemake, representado como unha cara con ollos grandes ou quizais unha caveira con grandes concas dos ollos e un nariz fálico, é un tema frecuente dos petróglifos da Illa de Pascua.[3]
Descrición
[editar | editar a fonte]Na mitoloxía de Rapa Nui era considerado como o creador do mundo. Ó ser unha illa moi afastada, co paso do tempo, as peticións do pobo rapanui cara ós deuses, estaban moi ligadas á adquisición de alimentos. Debido a iso, Make Make, a lendaria deidade de orixe guerreira (matato’a), desprazaría ó case esquecido Haua, así como tamén a Tangaroa, a maior divindade polinésica. Por iso Makemake está igualmente relacionado coa fertilidade.
Posteriormente os conflitos internos, no cal foron destruídos a gran maioría dos moais, fixeron que xurdise como resposta, un diferente culto a Makemake; agora presente na cerimonia do Tangata Manu (home-paxaro), na que os distintos clans competían anualmente polo poder político na illa.
Lenda
[editar | editar a fonte]A lenda di que logo de que Makemake crease a Terra sentía que lle faltaba algo. Pero sucedeu que un día tomou unha cabaza que contiña auga, e abraiado decatouse de que ó ollar na auga vía a súa faciana nela. Makemake saudou á súa imaxe mentres un paxaro se pousaba no seu ombreiro. Observando a gran semellanza entre a súa imaxe e a do paxaro, tomou o seu reflexo e mesturouno co do paxaro, xurdindo así o seu primoxénito.
Pero a pesar diso, Makemake igualmente pensou en crear un ser que tivese a súa imaxe, que falara e pensara como el o desexaba. Primeiramente fecundou as augas do mar, e produto diso apareceron os peixes. Pero como o resultado non foi o agardado, posteriormente procedeu a fecundar unha pedra na que había terra colorada, e dela xurdiu o home.
Make-Make estaba moi ledo ó crear o home como a criatura que el desexaba; e como observou que este víase moi só, posteriormente crearía tamén á muller.
Moito tempo despois, Makemake apareceríaselle en soños a Hau-Maka, e indicaríalle como chegar a unha illa inhabitada (a Illa de Pascua), para que nese lugar tivesen o seu novo fogar o Rei Hotu Matu'a e o seu pobo.
Posteriormente, Makemake xunto a Haua, levarían as aves ata os motu (illotes) fronte a Rano Kau; para que así se lles rendese culto mediante a cerimonia anual de Tangata Manu (o home-paxaro).
Obxecto astronómico
[editar | editar a fonte]Recentemente, a Unión Astronómica Internacional asignou a denominación Makemake (planeta anano) ó obxecto transneptuniano coñecido anteriormente como 2005 FY,[4][5] sendo o cuarto planeta anano recoñecido como tal, e o primeiro que se corresponde cun deus da mitoloxía rapanui.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Robert D. Craig (2004). Handbook of Polynesian Mythology. ABC-CLIO. p. 63. ISBN 978-1-57607-894-5.
- ↑ Metraux 1940, p. 312
- ↑ Metraux 1940, p. 313
- ↑ Blue, Jennifer (14 de xullo de 2008). "Dwarf Planet 136472 2005 FY9 Named Makemake". Consultado o 2016-08-14.
- ↑ Mike Brown (2008). "Mike Brown's Planets: What's in a name? [part 2]". Caltech. Consultado o 2008-07-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Makemake |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alfred Métraux. [1940] 1971. Ethnology of Easter Island. Bernice P. Bishop Museum Bulletin 160. Honolulu: Bishop Museum Press.
- Katherine Routledge The Mystery of Easter Island 1919 ISBN 0-932813-48-8
- Van Tilburg, Jo Anne (1994). Easter Island: Archaeology, Ecology and Culture. Washington D.C.: Smithsonian Institution Press.