iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Míchel_Alonso
Míchel Alonso - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Míchel Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMíchel Alonso
Nome orixinalMiguel Ángel Alonso Naya
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1974 (50 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  UD Somozas

Miguel Ángel Alonso Naya, máis coñecido como Míchel Alonso, nado en Ferrol o 24 de xullo de 1974, é un adestrador de fútbol galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Adestrou nas canteiras do Racing de Ferrol e do CD As Pontes e en marzo de 2003 colleu as rendas do primeiro equipo do club pontés, que militaba na Segunda B, en substitución de Víctor Pellón "Calpita".[1] O equipo acabou descendendo pero Míchel Alonso foi renovado para a seguinte tempada e dirixiu o equipo en Terceira ata a súa dimisión en maio de 2004.[2] Para a tempada 2005/06 fichou pola SD O Val, na que foi a segunda campaña en Terceira da súa historia.[3] Con todo, estivo só uns meses no cargo, que deixou en novembro tralos malos resultados.[4]

No ano 2006 regresou ao Racing de Ferrol como segundo adestrador de José Luis Vara, e trala destitución deste, de Manolo García.[5] Deixou o club no verán de 2007 e en xaneiro de 2009 comezou a súa segunda etapa como adestrador do O Val, desta vez na Primeira Autonómica. Con todo, esta nova etapa durou menos de dous meses, pois a finais de febreiro foi elixido polo Racing de Ferrol para substituír no banco ao cesado Manolo Sánchez. O equipo ferrolán ocupaba a sétima posición do seu grupo de Segunda B no momento da súa chegada, e rematou a tempada na mesma posición, lonxe do seu obxectivo do ascenso, polo que Míchel Alonso non continuou no club.

En 2010 converteuse en adestrador do Ordes, co que logrou facilmente a permanencia na Terceira División,[6] e na tempada seguinte pasou ao Somozas, tamén de Terceira.[7] Adestrou a este último equipo durante catro anos, e na tempada 2013-14 logrou un histórico ascenso á Segunda B, ao rematar o equipo primeiro do seu grupo.[8] Ao ano seguinte cumpriu o obxectivo de manter ao equipo na categoría e recibiu unha oferta de renovación, pero decidiu deixar o club.[9]

O 14 de xuño de 2016 foi presentado como adestrador do Racing de Ferrol por segunda vez,[10] sendo cesado catro meses despois debido aos malos resultados.[11] En maio de 2017 volveu a coller as rendas do Somozas, recentemente descendido de novo a Terceira,[12] finalizando en sexta posición e deixando o club ao final da tempada. En maio de 2018 incorporouse ao Rápido de Bouzas como director deportivo,[13] pero en outubro pasou a ser adestrador do equipo de forma provisional tras a rescisión do contrato de Xurxo Otero.[14] Finalmente ocupou o posto durante todo o resto da tempada.[15]

En xuño de 2019 foi anunciado como novo adestrador do Coruxo, na Segunda B.[16] En novembro conseguiu clasificar o Coruxo para a Copa do Rei por primeira vez na súa historia, tras chegar ás semifinais da Copa Federación.[17] Adestrou o club vigués durante dúas campañas e en xuño de 2021 fichou polo Formentera, da Segunda RFEF.[18]

Na súa primeira tempada no club balear acabou a liga na sétima posición, a só dous puntos da promoción de ascenso. Renovado para unha segunda campaña,[19] logrou a permanencia tras acabar 11º, e a continuación decidiu deixar o banco balear, a pesar de ter unha oferta para continuar.[20]

En outubro de 2023 foi anunciado como novo adestrador do Compostela, da mesma categoría, onde substituíu o cesado Manel Menéndez.[21] A pesar dun bo comezo con sete vitorias nos dez primeiros partidos, a chegada do 2024 devastou estas boas sensacións, sumando o equipo só nove puntos dos trinta posibles. Tras vinte partidos ligueiros adestrando o Compostela o propio Míchel recoñeceu a mala situación e presentou a súa dimisión, sendo a derrota ante a UP Langreo o golpe final.[22]

Na tempada 2024/25, fichou polo Arousa, prometendo ante os medios darlle importancia a canteira na súa etapa.[23]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Somozas
  1. "Estreno de Míchel Alonso". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 23 de marzo de 2003. p. 47. 
  2. "Paseo en Brollón". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 30 de maio de 2004. p. 43. 
  3. "El ascenso del Negreira mantiene en Tercera a O Val". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 27 de xuño de 2005. p. 42. 
  4. "Carlos Rodríguez retorna al banquillo de O Val". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). p. 40. 
  5. Aneiros, María (26 de febreiro de 2009). "El Racing apuesta por Míchel para ascender". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 18 de marzo de 2015. 
  6. "Míchel Alonso deja el Ordes y se compromete con el Somozas". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 19 de xuño de 2011. p. 12. 
  7. Valencia, José (18 de xullo de 2011). "Michel Alonso: «Veo a Racing y Pontevedra un punto por encima del resto»". La Voz de Galicia. Consultado o 18 de marzo de 2015. 
  8. Antelo, Iván (12 de maio de 2014). "Entre el cielo y el infierno". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de outubro de 2021. 
  9. "Míchel Alonso no renovará por el Somozas". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xuño de 2015. Consultado o 11 de outubro de 2021. 
  10. "El Racing confía en Míchel Alonso para dirigir el nuevo proyecto"
  11. "Tena regresa al banquillo del Racing de Ferrol tras la destitución de Míchel Alonso" (en castelán). 17 de outubro de 2016. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  12. "Míchel Alonso se hará cargo nuevamente del Somozas" (en castelán). 17 de maio de 2017. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  13. "Míchel Alonso será el director deportivo del Bouzas" (en castelán). 30 de maio de 2018. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  14. "Míchel Alonso se hace cargo del Rápido". Faro de Vigo (en castelán). 19 de outubro de 2018. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  15. "Míchel Alonso, jefe de todo" (en castelán). 1 de novembro de 2018. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  16. "Míchel Alonso, novo adestrador do Coruxo". Faro de Vigo. 20 de xuño de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  17. "O Coruxo apela á ilusión ante a súa histórica cita de Copa". La Voz de Galicia. 17 de decembro de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  18. "Míchel Alonso ocupará el banquillo del Formentera". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de xuño de 2021. Consultado o 11 de outubro de 2021. 
  19. "Míchel Alonso renueva con la SD Formentera". Diario de Ibiza (en castelán). 12 de maio de 2022. Consultado o 9 de novembro de 2023. 
  20. "Míchel Alonso: «El primer año merecíamos el ‘playoff’»". Periódico de Ibiza y Formentera (en castelán). 18 de maio de 2023. Consultado o 3 de setembro de 2023. 
  21. "Michel Alonso, novo adestrador da SD Compostela". 18 de outubro de 2023. Consultado o 9 de novembro de 2023. 
  22. "Michel Alonso dimite como adestrador do Compostela". 18 de marzo de 2024. Consultado o 24 de marzo de 2024. 
  23. "Míchel Alonso: «Non veño adestrar a Terceira RFEF, veño adestrar ao Arousa»". 5 de xuño de 2024. Consultado o 12 de agosto de 2024.