iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Máquina_Pneumática
Máquina Pneumática - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Máquina Pneumática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antlia
Antlia
Nome latino Antlia
Abreviatura Ant
Xenitivo Antliae
Simboloxía A Máquina pneumática
Ascensión recta 10 h
Declinación −30°
Área 239 graos cadrados

Rango 62°

Número de estrelas

(magnitude < 3)

0
Estrela máis brillante α Ant

(magnitude ap. 4.25)

Choiva de meteoros

Ningunha

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +45° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de abril

Máquina Pneumática[1][2] (nome latino Antlia) é unha constelación tamén chamada Antlia Pneumática (máquina pneumática) coma o invento do físico inglés Robert Boyle do século XVII. O seu nome foi reducido na protocolización das 88 constelacións por parte da Unión Astronómica Internacional.

O astrónomo Nicolas-Louis de Lacaille púxolle este nome na época en que estivo traballando no observatorio do Cabo de Boa Esperanza, dende 1750 ata 1754. Despois de observar unhas 10.000 estrelas meridionais, Lacaille fixo unha división do ceo sur con catorce novas constelacións, entre as cales estaba Antlia.

Observación

[editar | editar a fonte]
  • α (alpha) Antliae: (Ascensión recta (A.R.) 10 h, 27 min, 9,1 s - declinación (Dec.) de -31°, 04' 04".). Magnitude aparente de Alfa Ant é 4,25 e o seu tipo espectral é K4.
  • δ (delta) Antliae: A.R. 10 h, 29 min, 35,3 s - Dec. de -30°, 36', 26". A magnitude aparente de Delta Ant é 5,56 e o seu tipo espectral é B9. A Delta Ant acompañada unha estrela branco-azulada de magnitude 9,7 e ambas atópanse a 1100 anos luz de distancia do Sol.
  • ζ (zeta) Antliae: Sistema triplo de estrelas que se pode ver con pequenos telescopios.
  • NGC 3132, nebulosa planetaria coñecida coma Nebulosa "estalido 8" ou Nebulosa de Anel do Sur. No seu corazón contén un sistema estelar binario.
  • NGC 2997, galaxia espiral grande e feble, cun núcleo estelar. Resulta moi difícil observala cun telescopio pequeno dados o seu tamaño e intensidade.
Representación da constelación de Antlia.
  1. "A Real Academia Galega aproba os nomes normalizados das constelacións". Real Academia Galega. 12 de novembro de 2020. 
  2. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]