Los Santos de Maimona
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Estremadura | |||
Provincia | Provincia de Badaxoz | |||
Capital | Los Santos de Maimona (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 8.096 (2023) (74,96 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 108 km² | |||
Altitude | 529 m | |||
Comparte fronteira con | Zafra Hinojosa del Valle (pt) Usagre (pt) Ribera del Fresno (pt) Fuente del Maestre (pt) Villafranca de los Barros Puebla de Sancho Pérez (pt) | |||
Organización política | ||||
• Alcalde | Manuel Lavado Barroso (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 06230 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 06122 | |||
Páxina web | lossantosdemaimona.org | |||
Los Santos de Maimona é un municipio de España, na provincia de Badaxoz, Comunidade Autónoma de Estremadura. Ten unha poboación de 8.107 habitantes.
Localización
[editar | editar a fonte]Atópase a 75 km da capital e cunha poboación superior aos 8.000 habitantes, o seu termo municipal ten unha extensión de 109,02 km². Sitúase a 529 msnm.
Accesos
[editar | editar a fonte]É unha das poboacións mellor comunicadas do sur da provincia de Badaxoz, é unha encrucillada de camiños pola que transcorren as seguintes vías de comunicación:
- N-630/A-66 Xixón- Sevilla (Ruta da Prata - Camiño de Santiago de Compostela). Que enlaza coa N. V a Madrid- Lisboa.
- N-432 Badaxoz- Córdoba- Granada.
- Liña férrea Mérida - Sevilla - Huelva.
Contexto xeográfico
[editar | editar a fonte]O terreo é chairo ou suavemente ondulado, só interrompido por alargadas lombas de escaso relevo que corren de NO a SE, iniciándose no cerro do Castelo e continuando polos Cerros de Escorrega. Ao sur de Los Santos de Maimona eríxese a serra de San Cristóbal, que continúa ao longo do límite do termo en dirección noroeste pola serra de Los Santos e a serra los Olivos que, interrompida polo val do arroio Robledillo, continúa máis ao norte pola serra de Cabrera. A altura destes accidentes non excede nunca os 660 msnm.
As terras do chairo son profundas e arxilosas, a maioría de secaño, exceptuando feraces hortas que rodean a poboación. O clima é suave, con invernos curtos e veráns calorosos. A vila atópase situada nun val de suaves lombas: a serra de San Jorge, a de San Cristóbal e Cabrera. Ocupa a parte sur da Comarca Terra de Barros situada ao suroeste a 75 km de Badaxoz, a 56 km de Mérida e a 5 km de Zafra.
Fauna e flora
[editar | editar a fonte]Cultívanse a vide, as oliveiras, cereais e amendoeiras. A gandería é principalmente porcina, ovina e vacúa, con algunhas granxas avícolas. É unha zona rica en caza menor abundando as perdices, os coellos, as lebres e as aves de paso. Existen zonas carboníferas, calcarias para a fabricación de cemento e canteiras de pedra e mármore.
Hidrografía
[editar | editar a fonte]A rede fluvial constitúena arroios de escaso caudal que sofren estiaxe total a partir da primavera, non correndo de novo ata as primeiras augas outonais.
O resto da auga e o abastecemento a Los Santos provén de pozos ricos e superficiais, que se estenden ao longo de todo o termo municipal. A pluviosidade é escasa predominando os ventos do leste.