iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Lingua_qʼeqchiʼ
Lingua qʼeqchiʼ - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lingua qʼeqchiʼ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Qʼeqchiʼ
Outros nomes:Kekchi
Falado en: Guatemala e Belize
Rexións: Alta Verapaz, El Petén, Izabal, Baja Verapaz, El Quiché; Toledo
Total de falantes: 800 000 (2009)
Familia: Maia
 Quicheanano–Mameano
  Quicheano
   Qʼeqchiʼ
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: Guatemala (lingua nacional[1])
Regulado por: Academia de Lenguas Mayas de Guatemala
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: kek
Mapa
Status

O qʼeqchiʼ está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O qʼeqchiʼ (tamén escrito kekchi, k'ekchi' ou kekchí) é unha lingua maia falada polo pobo qʼeqchiʼ de Guatemala e Belize.

Distribución

[editar | editar a fonte]

A área onde viven os falantes de qʼeqchiʼ esténdese dende o norte de Guatemala até o sur de Belize. Tamén hai algunhas comunidades falantes de qʼeqchiʼ en México.

Calcúlase que a área onde se fala o qʼeqchiʼ no norte de Guatemala abrangue uns 24 662 km².[3] Os departmentos e concellos específicos onde se fala o qʼeqchiʼ en Guatemala son:[3]

Departamento Concello
Alta Verapaz Chahal, Chisec, Cobán, Fray Bartolomé de las Casas, Lanquín, Panzós, Chamelco, Carchá, Cahabón, Senahú, Tucurú
Baja Verapaz Purulhá
Petén La Libertad, Poptún, San Luis, Sayaxché
Quiché Ixcán, Playa Grande, Uspantán
Izabal El Estor, Livingston, Morales

No país de Belize, o qʼeqchiʼ fálase no distrito de Toledo.[3] O qʼeqchiʼ é a primeira lingua de varias comunidades do distrito, e a maioría dos maias en Toledo fálano.

Terrence Kaufman describe o qʼeqchiʼ en dous grupos dialectais principais: o oriental e o occidental. O oriental inclúe as variedades faladas en Lanquín, Chahal, Chahabón e Senahú, mentres que o occidental é falado no resto de lugares.[4]

  1. Proyecto de Reformas a la Constitución Política
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Richards, Michael (2003). Instituto de Lingüística y Educación, ed. Atlas Lingüístico de Guatemala (PDF). Guatemala. pp. 76–77. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xuño de 2016. Consultado o 06 de marzo de 2017. 
  4. Stewart 1980, p. xiii.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Caz Cho, Sergio (2007). Xtz'ilb'al rix li aatinak sa' Q'eqchi' = Informe de variación dialectal en Q'eqchi' (en español). Antigua, Guatemala; Guatemala, Guatemala: Oxlajuuj Keej Maya' Ajtz'iib' (OKMA); Cholsamaj. ISBN 9789992253526. OCLC 202514532. 
  • Eachus, Francis; Carlson, Ruth (1980). Aprendamos kekchí: Gramática pedagógica popular de kekchí. Guatemala: Instituto Lingüístico del Verano (Summer Institute of Linguistics). Consultado o 18 de maio de 2016.