LibraryThing
LibraryThing | |
---|---|
Tipo | sitio web, catálogo de biblioteca e aplicación de catalogación social |
Data de fundación | 29 de agosto de 2005 |
Fundador(es) | Tim Spalding |
Sede | Portland |
Na rede | |
https://librarything.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
LibraryThing é unha aplicación web de catalogación social para almacenar e compartir listaxes de libros coa fin de establecer un catálogo ordenado e etiquetado[1] que permite as valoracións e os comentarios e que posibilita conectarse con xente con gustos semellantes[2], destínase tanto a particulares como a autores, bibliotecas e editoriais. Desenvolvida polo estadounidense Tim Spalding, subiuna por vez primeira a Internet de forma pública o 29 de agosto de 2005[3]. En maio de 2006 AbeBooks mercou o 40% da compañía, que dous anos despois adquiriu Amazon. Desde o ano 2009 Cambridge Information Group ten unha participación minoritaria e Booker é o distribuídor mundial dos produtos LibraryThing para as bibliotecas[4]. En xullo de 2013 tiña máis de 1 700 000 usuarios rexistrados e máis de 83 000 000 de libros catalogados[5].
Funcións
[editar | editar a fonte]A inscrición na web é gratuíta mais só permite inserir un máximo de 200 libros, sendo preciso pagar unha cota anual ou vitalicia para engadir máis. A función máis importante de LibraryThing é a catalogación automática de libros, importándoos de bases de datos de distribuidores e bibliotecas por medio do protocolo Z39.50[6], totalizando unhas 700 fontes dispoñibles de todo o mundo, aínda que polo de agora non hai ningunha galega, que fornecen rexistros MARC e Dublin Core a LibraryThing. Tras enviar o ISBN ou algunha palabra clave como o título ou o autor e atopar o libro e a edición correcta prémese para engadilo ao catálogo do usuario. Se o libro ou a edición atopadas non están dispoñibles ou os datos non son correctos pódese engadir manualmente ou modificar o rexistro posteriormente. Tamén se poden importar libros polo ISBN ou do catálogo doutro membro.
A función "Recomendacións", aparecida en abril de 2006, fornece recomendacións de libros baseadas en nubes de etiquetas[7] cos que os usuarios poden catalogar os seus libros, e tamén amosa as recomendacións de lectura a partir dun libro ou dun autor específico.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Susan L. Gibbons (2007) The Academic Library and the Net Gen Student: Making the Connections. American Library Association, páx.67
- ↑ Jeffries, S. (2008). Social Cataloging Tools: a Comparison and Application for Librarians, Library Hi Tech, Vol. 25, Nº 10
- ↑ Sterken, V. Analysis of user generated metadata in the LibraryThing folksonomy, tese de doutoramento inédita, Universidade Libre de Bruxelas, 2008. Resumo(en inglés)
- ↑ "CIG Makes Equity Investment in LibraryThing. Booker.com". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2013. Consultado o 12 de xullo de 2013.
- ↑ Estatísticas de LibraryThing, consultado o 10 de xullo de 2013
- ↑ "LibraryThing". National Library of New Zealand (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2013. Consultado o 11 de xullo de 2013.
- ↑ Andreas W. Neumann (2009) Recommender Systems for Information Providers: Designing Customer Centric Paths to Information. Springer, páx. 41