iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/León_XII
León XII, papa - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

León XII, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «León XII»)
Modelo:BiografíaLeón XII, papa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Leo PP. XII Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Annibale Francesco Clemente Melchiorre Girolamo Nicola della Genga Editar o valor en Wikidata
2 de agosto de 1760 Editar o valor en Wikidata
Genga (Estados Pontificios) Editar o valor en Wikidata
Morte10 de febreiro de 1829 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Pedro Editar o valor en Wikidata
252º Papa
28 de setembro de 1823 – 10 de febreiro de 1829
← Pío VIIPío VIII →
Cardeal
8 de marzo de 1816 –
Bispo diocesano
8 de marzo de 1816 – 10 de setembro de 1816
← Giulio Gabrielli, o Novo (pt) TraducirFabrizio Sceberras Testaferrata (pt) Traducir →
Diocese: Diocese de Senigallia (pt) Traducir
Apostolic nuncio to Germany (en) Traducir
23 de abril de 1794 – 1800
← Bartolomeo Pacca (pt) TraducirPío XII →
Arcebispo titular
21 de febreiro de 1794 –
Diocese: Archbishop of Tyre (en) Traducir
Archpriest of the Basilica di Santa Maria Maggiore (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Pontificia Eclesiástica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1794–), sacerdote católico (1783–), diácono (1783–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónHenrique Bieito Estuardo Editar o valor en Wikidata
Participou en
2 de setembro de 1823Conclave de 1823 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1086397 WikiTree: Della_Genga-1 Find a Grave: 8806908 Editar o valor en Wikidata
León XII

León XII, (probablemente Genga, Ancona, Italia, 22 de agosto de 1760 - Roma, 10 de febreiro de 1829), Papa da Igrexa católica dende 1823 a 1829.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado como Annibale della Genga dunha familia nobre de a Genga, unha miúda vila da Provincia de Ancona, o lugar da súa nacenza non se sabe con certeza, pero crese que puidese ser tanto Genga, como Ancona ou Spoleto. Educouse na Accademia dei Nobili Ecclesiastici en Roma, onde foi ordenado como sacerdote en 1783. En 1790 della Genga atraeu atención cara si, logo dun sermón conmemorando ó emperador Xosé II de Austria.

En 1792, o Papa Pío VI nomeouno o seu secretario privado, e en 1793 no converteu en Arcebispo de Tyre e moveuno a Lucerna como Nuncio. En 1794 foi transferido á nunciatura de Colonia, pero debido á guerra tivo que face-la súa residencia en Augsburgo. Durante os moitos anos que pasou en Alemaña, completou varias misións difíciles, as cales o levaron moi cerca das cortes de Dresde, Veña, Múnic, e Württemberg, como tamén con Napoleón. Durante este período é acusado de que as súas finanzas estaban desordenadas, e de que a súa vida privada estaba baixo sospeita. Logo da abolición dos Estados da Igrexa, foi tratado polos franceses como prisioneiro de estado, e viviu varios anos na abadía de Monticelli, se entretendo con música e a caza de aves, pasatempos que continuou practicando logo da súa elección como papa.

En 1814 della Genga foi electo para leva-las felicitacións do papa a Lois XVIII de Francia; en 1816 foi nomeado cardeal, presidindo a Basilica dei Santa Maria Maggiore. En 1820, o papa Pío VII deulle a distinguida posición de cardeal vicario. No conclave de 1823, aínda coa activa oposición de Francia, foi elixido papa o 28 de setembro. A súa elección foi facilitada polo feito de que se pensaba que estaba no limiar da morte; pero sorpresivamente seguiu vivindo.

A súa política exterior, que confiou primeiro a Giulio Maria della Somaglia e logo a Tommaso Bernetti, movíase nas liñas xerais establecidas por Consalvi; e negociou certos acordos que foron moi beneficiosos para o papado. Persoalmente, León reduciu os impostos, fixo que a xustiza fóra máis barata, e logrou atopar diñeiro para certas melloras públicas; aínda así deixou as finanzas máis confusas do que estaban nun inicio, e aínda o elaborado xubileu de 1825 non amañou ou mellorou a cuestión.

A súa política doméstica era unha de extrema reacción. Condenaba ás sociedades bíblicas, e baixo a influencia xesuíta reorganizou o sistema educativo. Perseguiu ós Carbonarios e os masóns. Tomou as medidas máis fortes en relación a axitacións políticas nos teatros. León, unha persoa temperamental e infatigable traballador, aínda cunha falta de firmeza corporal, morreu en Roma o 10 de febreiro de 1829. A noticia foi recibida polo aldea con xubilo. Como nota curiosa, a León XII, segundo as Profecías de San Malaquías, corresponderíalle o lema Canis et coluber (O can e a serpe).


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.