iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Larry_Sanders
Larry Sanders - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Larry Sanders

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLarry Sanders

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de novembro de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Fort Pierce, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaFort Pierce (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade da Mancomunidade de Virxinia
Port St. Lucie High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura211 cm Editar o valor en Wikidata
Peso101 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor en Wikidata - 2017 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote, Pivote e forward-center (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Convocado porCleveland Cavaliers, 15º (24 de xuño de 2010) Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Indiana Mad Ants
2007–2010 VCU Rams men's basketball
2010– Milwaukee Bucks (Ala-pivote, Pivote)

Facebook: LarrySandersOfficial Twitter: LarrySanders Editar o valor en Wikidata

Larry Sanders, nado o 21 de novembro de 1988 en Fort Pierce, Florida, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que é axente libre. Cunha altura de 2,08 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Instituto

[editar | editar a fonte]

Sanders non xogou ao baloncesto até noveno curso, xa que a súa escola privada non ofrecía deportes. Posteriormente trasladouse ao Instituto Port St. Lucie, onde fixo medias de 18,9 puntos e 13 rebotes por partido no seu ano sénior, e liderou a Port St. Lucie a un balance de 20 vitorias e 8 derrotas e ao campionato District 13-5A. Sanders foi incluído no mellor equipo do estado.

Universidade

[editar | editar a fonte]

Na súa primeira tempada na Virginia Commonwealth University, Sanders foi incluído no mellor quinteto de novatos da Colonial Athletic Association e no mellor quinteto defensivo. No seu segundo ano cos Rams fixo medias de 11,3 puntos e 8,6 rebotes por partido e foi coroado como mellor defensor da súa conferencia.[1] A súa progresión continuou na súa terceira e última campaña na universidade, facendo 14,4 puntos, 9,1 rebotes e 2,6 tapóns por partido, e sendo nomeado por segundo ano consecutivo mellor defensor da conferencia. Ademais, foi incluído no mellor quinteto da CAA. Larry Sanders anunciou en abril de 2010 a súa intención de declararse elixible para o Draft da NBA de 2010.

Profesional

[editar | editar a fonte]

Foi seleccionado na 15ª posición do Draft da NBA de 2010 por Milwaukee Bucks.[2] O 8 de xullo de 2010, asinou un contrato de rookie cos Bucks. O 20 de febreiro de 2011, foi asignado ós Fort Wayne Mad Ants da NBA D-League.[3] O 26 de febreiro de 2011 regresou ós Bucks.

O 30 de novembro de 2012, conseguiu a súa primeira tripla-dobre, tras acadar 10 puntos, 12 rebotes e 10 tapóns na derrota de Milwaukee contra os Minnesota Timberwolves. Rematou a tempada na segunda posición en tapóns por partido, tan só por detrás de Serge Ibaka. Ademais, rematou terceiro na votación ó xogador con maior progresión da tempada, por detrás de Paul George e Greivis Vásquez. O 20 de agosto de 2013, asinou unha extensión de contrato cos Bucks de catro anos e 44 millóns de dólares.[4]

O 21 de febreiro de 2015, chegou a un acordo cos Bucks para rescindir o seu contrato.[5]

  1. "Larry Sanders Draft 2010 Prospects". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2010. Consultado o 27 de outubro de 2010. 
  2. "Bucks Roster: Larry Sanders". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 14 de febreiro de 2014. 
  3. "Bucks Assign Sanders to Fort Wayne of D-League". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2015. Consultado o 27 de febreiro de 2015. 
  4. "Bucks sign Larry Sanders to contract extension". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2015. Consultado o 27 de febreiro de 2015. 
  5. Bucks Request Waivers on Larry Sanders

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]