iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/La_Seca,_Valladolid
La Seca, Valladolid - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

La Seca, Valladolid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación de La Seca na provincia de Valladolid

La Seca é unha localidade e municipio español da provincia de Valladolid, comunidade de Castela e León.

Situada a unha altitude de 731 m sobre o nivel do mar, dista 32 km da capital provincial. O municipio ten unha extensión de 65,9 km2. A súa poboación no ano 2006 era de 1.066 habitantes.

O seu xentilicio é lasecano/a.

Toponimia

[editar | editar a fonte]
Escudo de La Seca.

O termo "seca" deriva da raíz prerromana sik-, sek- que significa fonte ou río.[1]

O seu nome débese a que era o lugar onde se realizaba a seca das árbores taladas. Non por casualidade o seu escudo é un piñeiro e un home cunha machada.

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía do municipio está baseada na produción de viño. A maior parte do seu termo municipal encóntrase cultivado con viñedos (majuelos mna súa denominación local). Pertence á Denominación de Orixe Rueda.

Curiosidade

[editar | editar a fonte]

Eusebio Sacristán, exfutbolista internacional e adestrador, naceu na Seca en 1964.

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Celdrán, Pancracio (2006): Diccionario de topónimos españoles y sus gentilicios. Espasa. ISBN 84-670-0146-1.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Suárez Aláez, Ángel (1997): Historia de La Seca. Valladolid: Editoral provincial de la Exclma. Diputación de Valladolid. ISBN 84-7852-972-1.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]