Kim Deal
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Kimberley Ann Deal 10 de xuño de 1961 (63 anos) Dayton, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Universidade Estatal de Ohio Wayne High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, guitarrista, cantautora, vocalista, baixista |
Período de actividade | 1986 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Instrumento | Baixo, guitarra e voz |
Selo discográfico | 4AD |
Familia | |
Irmáns | Kelley Deal |
Sitio web | kimdealmusic.com |
Kimberley Ann Deal, nada o 10 de xuño de 1961 en Dayton, Ohio,[1] é unha vocalista, compositora e músico estadounidense coñecida por ser a baixista e co-vocalista da banda de rock alternativo Pixies entre 1986 e 1993 e de 2004 a 2013. Deal é líder de The Breeders, grupo que fundou en 1989.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Deal uniuse a Pixies en xaneiro de 1986 coma baixista, adoptando o nome artístico de Mrs. John Murphy nas edicións da banda Come On Pilgrim e Surfer Rosa. Despois de Doolittle, co hiato de Pixies, formou The Breeders con Tanya Donelly de Throwing Muses, Josephine Wiggs de The Perfect Disaster e Britt Walford de Slint. Despois da volta de Pixies en 1990 Deal sentíase cada vez máis marxinada polo líder da banda Black Francis, o que levou á ruptura do grupo a principios do ano 1993.
Deal centrouse entón en The Breeders, que editou o seu álbum Last Splash en 1993. Un ano despois a banda entrou en hiato despois de que a xemelga de Deal, Kelley, entrase nunha clínica de rehabilitación. Durante os oito anos de ruptura de The Breeders, Deal adoptou o nome artístico Tammy Ampersand e formou The Amps, que gravou un único álbum, Pacer, no ano 1995. No ano 2002 editou o terceiro álbum de The Breeders, Title TK e reuniuse con Pixies no 2004. The Breeders lanzou o seu cuarto traballo, Mountain Battles, no 2008.
Durante esa época tamén regresou aos Pixies cando a banda reuníuse en 2004. En 2013 Deal deixou Pixies para centrarse en The Breeders, despois de que a formación máis famosa desa banda se reencontrase para unha nova serie de concertos para celebrar o 20 aniversario de Last Splash.
En 2018 The Breeders publicou o seu quinto állbum, All Nerve, o primeiro en reunir ás irmás Deal, a Wiggs, e a Macpherson dende Last Splash.