Kauai
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Hawai | ||||
Condado | Condado de Kauai (pt) | ||||
Capital | Lihue (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 66.921 (2010) (46,63 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.435 km² | ||||
Medición | 45 () × 60 () km | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Altitude | 1.598,1 m | ||||
Punto máis alto | Monte Waialeale (pt) (1.569 m) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Kaua'i (chamada normalmente Kauai fóra das illas Hawai) é a máis antiga e a cuarta en tamaño das illas principais do arquipélago de Hawai, cunha superficie de 1430,43 km². Tamén é coñecida como "Illa Xardín" ou "Garden Isle".
Kaua´i atópase a 170 quilómetros da canle de Kaua'i, ao noroeste de O'ahu. É de orixe volcánico, sendo o punto máis elevado desta illa montañosa Kawaikini con 1.598 metros. O segundo pico máis alto é o Mount Wai´ale´ale preto do centro da illa, situado a 1.570 m por encima do nivel do mar.
É unha das zonas máis húmidas da Terra, cunhas precipitacións anuais aínda maiores no lado leste do Mount Wai'ale'ale, que causaron unha profunda erosión nos vales profundos da montaña central, esculpindo canóns con belas fervenzas.
Non se coñece o significado que hai detrás do nome de Kaua'i. Segundo a tradición nativa de Hawai indica que a orixe se atopa na lenda de Hawaiiloa; o navegante da Polinesia a quen se lle atribúe o descubrimento das Illas Hawai. A historia conta como puxo a illa de Kaua´i o nome do seu fillo favorito; segundo isto, unha posible tradución de Kaua'i é "lugar do colo", facendo alusión a como un pai levaría ao seu fillo favorito. En Suráfrica, hai unha franquía de comida e bebida que leva o nome da illa.
A Oficina Censal dos Estados Unidos define a Kauai como as seccións censais 401 a 409 do Condado de Kauai, Hawai, que é todo o condado salvo as illas de Kaula, Lehua, e Niihau. O censo do 2010 indica para a illa de Kauai unha poboación de 67.091 habitantes.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Durante o reinado do Rei Kamehameha, as illas de Kauai e Nin'ihau foron as últimas en formaren parte do Reino de Hawai. O seu gobernante, Kaumualii, logrou opor resistencia a Kamehameha durante anos. O rei Kamehameha O Grande preparou en dúas ocasións unha gran frota de barcos e canoas para tomar as illas pola forza, fracasando en ambos os dous casos. A primeira debido a unha tormenta e, a segunda por unha epidemia. En vista da ameaza que supuña unha invasión maior, Kaumualii optou por unirse ao reino sen que houbese derramamento de sangue, converténdose en vasalo de Kamehameha en 1810, cedendo a illa ao Reino de Hawai logo da súa morte.
A cidade de L´hu'e, na costa sueste da illa, é a capital do Condado de Kaua'i e a segunda máis grande da illa. Kapa'a, en "Coconut Coast" ou "Costa Coco" (localización dunha antiga plantación de cocos) a unhas 6 millas ao norte de Lihue, ten unha poboación de case 10.000 persoas, aproximadamente un 50% máis que Lihue. Waimea, a que fose un día capital de Kauai no extremo suroeste da illa, foi o primeiro lugar de Hawai que visitou o capitán e explorador británico James Cook en 1778. A cidade de Waimea atópase na desembocadura do río Waimea, cuxo caudal nos deixou un dos canóns máis pintorescos do mundo: ten unha caída de 900 metros (900 m) de profundidade, o Canón de Waimea. Coñécese coma O Gran Canón do Pacífico.
O furacán Iniki de 1992 pode provocar un cambio indirecto no ecosistema de Kauai. Hai quen afirma que se destruíu unha granxa de polos, que fuxiron e hoxe están vagando libremente pola illa. Con todo, outros din que os traballadores das plantacións de azucre de finais de 1800 e a principios de 1900 trouxeron e criaron polos (como alimento e para a loita de galos), moitos dos cales fuxiron, e co paso dos anos multiplicáronse. Porén, en Kauai viven agora miles de galos e galiñas salvaxes, que percorren a illa sen apenas depredadores. Estes galos interrompen a quietude vespertina a deshora co seu canto.
A illa de Kaua'i apareceu en moitas películas de Hollywood e ata na televisión:
- A versión cinematográfica do musical de Rodgers e Hammerstein South Pacific con Mitzy Gaynor rodouse alí.
- A película de animación de Disney, Lilo e Stitch do 2002 e a correspondente serie de televisión están ambientadas en Kauai.
- O Canón de Waimea utilizouse para a rodaxe da película de 1993 Parque Xurásico.
- Elvis Presley gravou a película "Blue Hawaii (Amor en Hawai)" en Kauai.
- Algunhas partes da illa utilizáronse nas escenas ao comezo de Indiana Jones e a arca perdida.
A seca e asollada costa occidental de Kauai aloxa a Base Naval da Mariña dos Estados Unidos, "Barking Sands".
Kaua'i era coñecida polo seu particular dialecto da lingua hawaiana antes de que se extinguise alí. Mentres que a diferenza da variedade estándar actual, que se basea no dialecto da illa de Hawai, o dialecto de Kaua´i destacaba por pronunciar o fonema /k/ como /t/. Segundo isto, o nome nativo de Kaua´i era Taua'i, polo que o principal asentamento de Kapaa se chamou Tapa'a.
Cidades e localidades importantes
[editar | editar a fonte]Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Alakai Wilderness Area
- Allerton Garden
- Baía de Hanalei
- Limahuli Garden and Preserve
- McBryde Garden
- Moir Gardens
- Xardín Botánico de Na 'Aina Kai
- N? Pali Coast State Park
- Canón de Waimea
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Census Tracts 401 through 409, Kauaʻi County Arquivado 28 de outubro de 2011 en Wayback Machine. United States Census Bureau
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kauai |