iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/K.C._Jones
K. C. Jones - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

K. C. Jones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «K.C. Jones»)
Modelo:BiografíaK. C. Jones

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de maio de 1932 Editar o valor en Wikidata
Taylor, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte25 de decembro de 2020 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Connecticut, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de São Francisco (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso91 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1958 Editar o valor en Wikidata - 1967 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Número deportivo27 Editar o valor en Wikidata
Convocado porBoston Celtics Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1951–1956 San Francisco Dons men's basketball
1971–1972 Los Angeles Lakers
1972–1973 San Diego Conquistadors
1973–1976 Washington Wizards
1978–1988 Boston Celtics
1989–1992 Seattle SuperSonics
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Brandeis Judges men's basketball (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
basketball at the 1956 Summer Olympics – men's tournament (en) Traducir (1º) (medalla de ouro olímpica) Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesCarl Cain, cuñado Editar o valor en Wikidata

K. C. Jones (nome completo), nado en Taylor, Texas o 25 de maio de 1932 e finado en Connecticut o 25 de decembro de 2020, foi un xogador e adestrador profesional de baloncesto estadounidense. Como xogador, conseguiu 8 aneis de campión da NBA, sendo só superado nese aspecto polos seus compañeiros de equipo en Boston Celtics Bill Russell e Sam Jones. Ademais conseguiu outros dous como adestrador nos anos oitenta, tamén cos Celtics.

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Xogou a liga de baloncesto universitario coa Universidade de San Francisco, onde xunto a Bill Russell, conseguiron dous títulos da NCAA en 1955 e 1956, aínda que nesta última tempada non puido xogar, ao ser o seu quinto ano na universidade. Porén, foi elixido para disputar coa Selección de baloncesto de Estados Unidos os Xogos Olímpicos de Melbourne 1956, onde lograron o ouro. Fixo, durante a súa tempada universitaria, un total de 9,8 puntos e 5,1 rebotes por partido.

Profesional

[editar | editar a fonte]

Foi elixido na segunda rolda do draft da NBA de 1956 polos Boston Celtics, aínda que non chegou a vestir a camiseta verde até 1958, tras dous anos de servizo militar. as súas 9 tempadas como profesional transcorreron na cidade de Massachusetts, onde coincidiu coa época dourada do equipo, logrando 8 campionatos. Tras perder nos play-offs de 1967 ante Philadelphia 76ers, K.C. retirouse das canchas.

Adestrador

[editar | editar a fonte]

A súa etapa como adestrador principal comezou nos San Diego Conquistadors, un equipo da extinta liga ABA que desapareceu moi pronto. Previamente, fora asistente nos Lakers. De aí pasou aos Capital Bullets, onde permaneceu durante 3 tempadas (onde o equipo cambiou de nome a Washington Bullets). En 1978 entrou a formar parte do equipo de adestradores asistentes dos Celtics, non sendo até 1983 cando foi nomeado adestrador principal. Estivo cinco anos ocupando o banco en Boston, logrando dous títulos da NBA, con xogadores nas súas filas do talle de Larry Bird, Dennis Johnson, Robert Parish ou Kevin McHale, entre outros. Posteriormente dirixiu durante tempada e media aos Seattle SuperSonics.

Logros persoais

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]

Como adestrador

[editar | editar a fonte]
  • Dous títulos da NBA.
  • Levou ao seu equipo a gañar durante tres tempadas consecutivas 60 ou máis partidos, récord da NBA.
  • Catro veces consecutivas campión da Conferencia Leste (entre 1984 e 1988)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]