iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Julian_Alaphilippe
Julian Alaphilippe - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Julian Alaphilippe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJulian Alaphilippe

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1992 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Saint-Amand-Montrond, Francia Editar o valor en Wikidata
Altura173 cm Editar o valor en Wikidata
Peso62 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista, ciclista de ciclocrós Editar o valor en Wikidata
DeporteCiclocross
ciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPuncheur (en) Traducir, Clásicas das Ardenas e carreira por etapas Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
2011-2012 Armée de Terre
2013-2013 Klein Constantia
2014-2024 Etixx-Quick Step
2025- Tudor Pro Cycling Team
Participou en
1 de xullo de 2023Tour de France de 2023 (pt) Traducir (33º)../... 25+ Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaMarion Rousse (2020–) Editar o valor en Wikidata
IrmánsBryan Alaphilippe Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webjulianalaphilippe.fr Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm11095981 Twitter: alafpolak Instagram: alafpolak Musicbrainz: 187bbc65-1032-4031-a9d3-7be983355059 Editar o valor en Wikidata

Julian Alaphilippe, nado en Saint-Amand-Montrond o 11 de xuño de 1992, é un ciclista francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dende os seis anos viviu en Désertines, no departamento de Allier[1] e logo de realizar os estudos primarios continuou na formación profesional, logrando o certificado de aptitude profesional en mecánica [2].

Comezou no ciclismo con 7 ou 8 anos no equipo de Montmarault-Montluçon[3], adestrado dende cadete polo seu primo Franck Alaphilippe[4]. O seu irmán Bryan tamén se converterá nun ciclista profesional[2].

Nesta primeira etapa salientou no ciclocrós, foi medalla de prata no campionato do mundo júnior de 2010 tras o local Tomáš Paprstka[5]. Entrou a formar parte do equipo Armée de terre, logrando os seus primeiros resultados en ruta en 2011 ao quedar primeiro na carreira de La Gainsbarre, e dous anos máis tarde quedou entre os cinco primeiros nunha tirada do Tour da Bretaña[6]. Foi campión de Francia de ciclocrós en 2012 e 2013[5].

Primeiros anos como profesional

[editar | editar a fonte]
Alaphilippe no podio logo de gañar a cuarta tirada do Tour de l'Ain

En 2013 converteuse en corredor profesional no equipo continental Etixx-iHNed, e reserva do equipo World Tour Omega Pharma-Quick Step[7]. Non obstante, decidiu consagrarse por enteiro ao ciclismo en ruta[5], gañou a cuarta tirada do Tour da Bretaña, o Gran Premio Südkärnten e a terceira tirada da Volta a Turinxia[8]. Para alén destes tres éxitos para o seu equipo, gañou unha tirada do Tour de l'Avenir[9]. Seleccionado para o campionato de ciclismo en ruta sub 23 de 2013 en Florencia quedou noveno tras liderado en solitario durante algún tempo a carreira.

Na tempada 2014 xuntouse ao Omega Pharma-Quick Step e co novo equipo foi terceiro na primeira tirada da Volta a Cataluña[10] e segundo na quinta [11], logrando así os seus primeiros puntos para o World Tour, o máis alto nivel do ciclismo profesional[12]. Rematou cuarto no Tour de l'Ain gañando a cuarta tirada e liderando a clasificación ao mellor novo e mais ao mellor velocista[13].

2015. Ano revelación

[editar | editar a fonte]
Alaphilippe no podio da Liexa-Bastogne-Liexa de 2015 con Valverde e Joaquim Rodríguez

Comezou a se facer coñecido ao público nas Clásicas das Ardenas ao quedar en sétimo lugar na Amstel Gold Race o 19 de abril que gañou o seu compañeiro de equipo Michał Kwiatkowski nesta sesión de clásicos[5]. Tres días despois na súa primeira participación na La Flèche Wallonne quedou mellor colocado que o seu compañeiro Kwiatkowski na ascensión final do Mur de Huy e seguindo as indicacións do seu director deportivo Tom Steels disputou a vitoria [14], rematando en segundo lugar tras Alejandro Valverde[15]. O 26 de abril, para a súa primeira Liexa-Bastogne-Liexa formou parte do grupo de corredores que disputou a vitoria e de novo logrou a segunda posición tras Valverde, converténdose na mellor actuación dun francés tras Laurent Jalabert na edición de 1998[16]. Pouco despois participou no Tour de Romandía, logrando dous podios nas súas tiradas. O 4 de maio de 2015 o equipo Etixx-Quick Step anunciou a prolongación do seu contrato ata 2017[17]. No Tour de California foi terceiro na contra o reloxo[18], e gañou a tirada raíña con remate no monte Baldy, superando a grandes escaladores como Sergio Henao ou Robert Gesink poñéndose á cabeza da clasificación xeral [19] para rematar ao finalizar o Tour de California segundo a tres segundos de Peter Sagan[20].

Seleccionado para a ruta elite do campionato do mundo de Richmond, foi un dos xefes de fila franceses con Tony Gallopin, Arnaud Démare e Nacer Bouhanni[21] mais, abandonou a carreira afectado por mononucleose[22] poñendo fin á tempada[23].

2016. Confirmación

[editar | editar a fonte]
Alaphilippe nunha tirada do Tour de Francia de 2016

Alaphilippe volveu adestrar co seu equipo en xaneiro e en febreiro participou no Tour da Provenza[23], sen chegar a rematalo. Malia a súa preparación truncada pola enfermidade, chegou en forma para as Clásicas das Ardenas, terminando sexto na Amstel Gold Race e segundo na Flèche wallonne tras Alejandro Valverde. Volveu gañar a tirada raíña do Tour de California e mesmo finalmente encabezou a competición norteamericana, converténdose no primeiro francés en gañala[24].

Quedou en quinta posición no prólogo do Critérium du Dauphiné que se disputa en montaña[25] e segundo a segunda tirada, quedando ao rematar a competición sexto na clasificación xeral a 51 segundos do vencedor Christopher Froome, liderando a clasificación dos novos e demostrando as súas boas aptitudes en alta montaña[26]. Decontado participou no campionato de Francia en ruta en Vesoul, partindo como favorito[27] e malia participar en varios ataques non logrou estar na escapada decisiva constituída por Arthur Vichot, Tony Gallopin e Alexis Vuillermoz, quedando Alaphilippe en quinto lugar[28].

Na súa primeira participación no Tour de Francia levou dende a segunda ata a sétima tirada o maillot branco, que indica o mellor novo[29]. Canda Romain Bardet e Warren Barguil formou a selección francesa de carreira en ruta nos Xogos Olímpicos de 2016[30] e tamén participou no contra o reloxo[31]. Quedou cuarto na proba en ruta e trixésimo segundo na contra o reloxo [32]. No Campionato Europeo de Ciclismo en Ruta foi xefe de filas do equipo francés na carreira en estrada[33] clasificándose en segundo lugar tras Peter Sagan.

2017. Primeiras vitorias no circuíto do World Tour

[editar | editar a fonte]
Alaphilippe co maillot verde de vencedor da clasificación por puntos na París-Niza de 2017

Alaphilippe comezou a súa preparación para as carreiras de primavera no Tour de Abu Dhabi e na París-Niza. Logo destas dúas carreiras do World Tour quedou en quinta posición, liderando a clasificación ao mellor novo. Na París-Niza logrou o maillot verde da clasificación por puntos e gañou a cuarta tirada, unha escalada contra o reloxo. A súa primeira vitoria profesional na disciplina e asemade a súa primeira vitoria no circuíto do World Tour. Na Milán-Sanremo terminou terceiro tras Kwiatkowski e Sagan. Na Volta ao País Vasco mancouse nun xeonllo e non puido participar nas Clásicas das Ardenas, o seu primeiro grande obxectivo da tempada[34]. nin no Tour de Francia[35]. Volveu á competición no GP Pino Cerami en xullo e logo participou na Volta a Burgos para preparar a Volta a España. Canda Fernando Gaviria e Maximiliano Richeze prolongou en agosto o seu contrato co equipo Quick-Step Floorst[36].

Na Volta a España fíxose coa vitoria na oitava tirada nunha contenda con Rafal Majka e formou parte da selección francesa na carreira en estrada do Campionato do Mundo de Ciclismo en Ruta que se celebrou en Bergen[37]. Foi xefe de fila e rematou na décima posición. No Giro da Lombardía acabou segundo tras Vincenzo Nibali.

2018. Vitorias nas clásicas e no Tour de Francia

[editar | editar a fonte]
Alaphilippe como gañador da carreira masculina da Fléche Wallonne compartindo o podio coa gañadora da carreira feminina Anna van der Breggen

Principiou a tempada 2018 en América do Sur competindo na primeira edición da Colombia Oro y Paz, gañou a cuarta tirada e quedou sétimo na clasificación xeral, a 50 segundos do vencedor Egan Bernal. E unhas semanas despois logrou a terceira posición na tirada raíña do Tour de Abu Dhabi para rematar tamén cuarto na proba. En Europa debutou en marzo na París-Niza como o líder do seu equipo [38] pero ao acabar a carreira quedou no posto dezaoito. Quedou fóra da batalla entre favoritos na Milán-Sanremo pero preparou as Clásicas das Ardenas na Volta ao País Vasco conseguindo a vitoria nas dúas primeiras tiradas e vestiu o maillot amarelo de líder ao longo de tres días.

Tras un sétimo lugar na Amstel Gold Race, o 18 de abril gañou a súa primeira gran clásica, a Flèche Wallonne[39], superando a Alejandro Valverde. Foi cuarto na Liexa-Bastogne-Liexa que gañou o seu compañeiro de equipo Bob Jungels. En xuño participou no Critérium du Dauphiné e gañou a cuarta tirada por diante de Daniel Martin, Geraint Thomas e Romain Bardet finalizando no posto vixésimo primeiro na xeral [40].

Participou no Tour de Francia co obxectivo de lograr gañar unha das tiradas e de axudar a Bob Jungels na clasificación xeral; o seu primeiro obxectivo logrouno o 17 de xullo ao gañar a décima tirada nos Alpes, e asemade fíxose co maillot do gran premio da montaña. Venceu unha segunda tirada, a décimo sexta, desta volta nos Pireneos. Unha semana despois do remate do Tour, adxudicouse a súa segunda clásica da tempada, nun sprint a dous venceu a Bauke Mollema na Clásica de San Sebastián[41]. Gañou logo a Volta a Gran Bretaña e mais a Volta a Eslovaquia, e quedou oitavo no Campionato do Mundo de ruta.

2019. Vitoria na Milán-Sanremo e quinto do Tour de Francia

[editar | editar a fonte]
Alaphilippe durante a décimo primeira tirada do Tour de Francia

Ao comezo da tempada gañou dúas tiradas da Volta a San Juan e terminou segundo na clasificación xeral tras Winner Anacona. Logo segue a competir no Tour Colombia, gañando cuarta tirada e quedando sétimo na xeral. O 9 de marzo gañou a trixésima edición da Strade Bianche ao superar nos hectómetros finais os seus dous compañeiros de escapada, o belga Wout Van Aert e o danés Jakob Fuglsang, converténdose así no primeiro francés en gañar esta clásica italiana e logrando para o seu equipo a súa quinta vitoria da tempada. A semana seguinte, adxudicouse ao sprint a segunda e terceira tirada da Tirreno-Adriático e concluíu finalmente na sexta praza.

Parte o 23 de marzo como un dos grandes favoritos da Milán-Sanremo e no Poggio realizou un ataque que permitiu que se adintara un fato de corredores, arredor dunha ducia, adiantarse na cabeza da carreira e malia os ataques de Oliver Naesen, Matteo Trentin e Matej Mohoric nos tres últimos quilómetros, a vitoria xogouse ao sprint. Julian Alaphilippe logrou seguir o arrinque de Matej Mohoric, superouno e resistiu fronte a outros corredores ata a liña de meta polo que logrou así o seu primeiro Monumento[42], poñéndose tamén na cabeza da clasificación mundial da UCI[43] por diante do español Alejandro Valverde e do esloveno Primož Roglič[44].

Na Volta ao País Vasco de abril, logrou a cuarta praza na contra o reloxo inicial e gañou a segunda tirada mais unha caída na terceira así como as malas condicións climáticas fixeron que se retirase[45]. O 24 de abril gañou por segundo ano consecutivo a Flèche Wallonne por diante de Jakob Fuglsang e Diego Ulissi. Na Liexa Bastogne Liexa non logrou máis que praza dezaseis e tras un descanso volveu á competición no Critérium du Dauphiné, logrando facerse coa sexta tirada, a súa décima vitoria da tempada, e asemade pomou posesión do maillot ao mellor escalador que conservou ata o remate da proba.

No Tour de Francia, acadou por mor dunha escapada en solitario a terceira tirada en Épernay e mais apañou o maillot amarelo tirándollo a Mike Teunissen[46]. Tres días despois, na sexta tirada perdeu o maillot amarelo fronte a Giulio Ciccone para recuperalo na oitava grazas a unha persecución con Thibaut Pinot do vencedor da xornada Thomas De Gendt[47]. Obtivo unha nova vitoria na tirada trece, o contra o reloxo de Pau, o 19 de xullo[48]. Non obstante, na décimo novena tirada perdeu o maillot amarelo en beneficio de Egan Bernal, e aínda que tentou conservar a súa segunda praza na tirada seguinte, a ascensión ao Val Thorens mais non fon quen, e case non puido seguir ao seu compañeiro Enric Mas na ascensión, o que supuxo que na clasificación xeral superárano Geraint Thomas, Steven Kruijswijk e Emanuel Buchmann, rematando o Toru na quinta posición, a catro minutos e cinco segundos do vencedor, Egan Bernal. Non obstante, logrou por unanimidade do xurado o premio á combatividade[49].

  1. "Les « frissons » de la famille Alaphilippe". sports-auvergne.fr. 29 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 26 de xullo de 2019. .
  2. 2,0 2,1 D.P., avec J.-L.G. (6 de xullo de 2016). "Cinq choses à savoir sur Julian Alaphilippe". lequipe.fr. 
  3. "Alaphilippe par ses entraîneurs des premiers coups de pédale". sports-auvergne.fr. 29 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 26 de xullo de 2019. .
  4. "Julian Alaphilippe prêt au combat". directvelo.com. 25 de xaneiro de 2012. .
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Julien Chesnais (26 de abril de 2015). "Les 4 choses à savoir sur Alaphilippe, la révélation tricolore des Ardennaises". eurosport.fr. 
  6. "Tour de Bretagne. Janse Van Rensburg prend la 4e étape, Berthou nouveau leader", Ouest France, 27 de setembro de 2013.
  7. "Néo-pros : Le bilan de Julian Alaphilippe". directvelo.com. 15 de novembro de 2013. .
  8. "Julian Alaphilippe rejoint Omega Pharma-Quick Step". rtbf.be. 2 de agosto de 2013. .
  9. "Bilan 2013 - Le Top 5 des néo-pros à suivre". velo101.com. 7 de decembro de 2013. .
  10. "Julian Alaphilippe «content» de son premier podium chez les pros". lequipe.fr. 24 de marzo de 2014. .
  11. "Mezgec devant les Français Alaphilippe et Dumoulin". lequipe.fr. 28 de marzo de 2014. .
  12. "Alaphilippe dans le grand bain". lequipe.fr. 30 de marzo de 2014. 
  13. "Alaphilippe takes first pro win". cyclingnews.com. 17 de agosto de 2014. .
  14. "Alaphilippe, le débutant qui a déjà tout d’un grand". sport24.lefigaro.fr. 24 de abril de 2015. .
  15. "Deuxième, Julian Alaphilippe (Etixx-Quick Step) confirme qu'il est taillé pour les Ardennaises". eurosport.fr. 22 de abril de 2015. .
  16. (en inglés) Alasdair Fotheringham (26 de abril de 2015). "Alaphilippe takes France’s best Liège-Bastogne-Liège result since 1998". cyclingnews.com. .
  17. Julian Alaphillipe prolonge jusqu’en 2017 avec Etixx-Quick Step Arquivado 05 de maio de 2015 en Wayback Machine. cyclingpro.net.
  18. "Coup double pour Peter Sagan, Julian Alaphilippe 3e". lequipe.fr. 16 de maio de 2015. .
  19. (en inglés) "Tour of California: Alaphilippe wins on Mt. Baldy". cyclingnews.com. 17 de maio de 2015. .
  20. Peter Sagan coiffe Julian Alaphilippe sur le poteau Eurosport, 17 de maio de 2015
  21. "La France avec Démare et Bouhanni pour le Championnat du monde". lequipe.fr. 14 de setembro de 2015. .
  22. Julian Alaphilippe a la mononucléose. Le Figaro, 20 de outubro de 2015
  23. 23,0 23,1 "Alaphilippe returns from mononucleosis in Provence". cyclingnews.com. 22 de febreiro de 2016. .
  24. "Tour de Californie : Julian Alaphilippe s'impose". lequipe.fr. 23 de maio de 2016. .
  25. Gilles Le Roc'h (5 de xuño de 2016). "Julian Alaphilippe collectionne les bons points". cyclingpro.net. [Ligazón morta].
  26. "Julian Alaphilippe a passé un cap". lequipe.fr. 12 de xuño de 2016. .
  27. "Arthur Vichot champion de France". lequipe.fr. 26 de xuño de 2016. .
  28. Jean-Baptiste Duluc (27 de xuño de 2016). "Pour Arthur Vichot (Fdj), la belle histoire se répète". eurosport.fr. .
  29. "Tour 2016 – 7eme étape : Cummings était le plus fort, Pinot dans le dur." Sport 365, 9 de xullo de 2016
  30. "Jeux Olympiques : Alexis Vuillermoz remplace Thibaut Pinot". lequipe.fr. 18 de xullo de 2016. .
  31. Alexandre Mignot (26 de xullo de 2016). "J.O : Alaphilippe et Vuillermoz désignés pour le contre-la-montre". cyclingpro.net. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2016. Consultado o 29 de xullo de 2019. .
  32. Clément Guillou (10 de agosto de 2016). "JO 2016 – cyclisme : Fabian Cancellara remporte le contre-la-montre". lemonde.fr. .
  33. "Julian Alaphilippe sera le leader de l'équipe de France à Plumelec". lequipe.fr. 8 de setembro de 2016. .
  34. Jean-Luc Gatellier (11 de abril de 2017). "Julian Alaphilippe déclare forfait pour les classiques ardennaises". lequipe.fr. .
  35. Olivier Chauvet (27 de xuño de 2017). "Quick-Step Floors: Kittel, Gilbert et Dan Martin au départ". sports.fr. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2017. Consultado o 01 de agosto de 2019. .
  36. "Le journal des transferts du 5 août". velo101.com. 5 de agosto de 2017. .
  37. "Championnats du monde : Cyril Gautier, Julien Simon et Olivier Le Gac sélectionnés". lequipe.fr. 7 de setembro de 2017. .
  38. "Paris-Nice : Julian Alaphilippe sera le leader de Quick-Step Floors". lequipe.fr. 28 de febreiro de 2018. .
  39. "Julian Alaphilippe remporte la Flèche Wallonne devant Alejandro Valverde". lequipe.fr. 18 de abril de 2018. .
  40. "Julian Alaphilippe domine la 4e étape, Gianni Moscon nouveau leader". lequipe.fr. 7 de xuño de 2018. .
  41. "Clásica San Sebastián : Julian Alaphilippe confirme !". cyclingpro.net. 04 de agosto de 2018. .
  42. "Monumental, Alaphilippe était imbattable !". Eurosport, 23 de marzo de 2019
  43. Julian Alaphilippe, numéro 1 mondial Le Équipe, 23 de marzo de 2019.
  44. "Cyclisme, Classement Mondial individuel au 24 Mars 2019 - L'Equipe.fr". www.lequipe.fr. 24 de marzo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2019. Consultado o 05 de agosto de 2019. .
  45. "Julian Alaphilippe (Deceuninck-Quickstep) abandonne au lendemain de sa chute". Eurosport. 11 de abril de 2019. .
  46. "Julian Alaphilippe fait coup double avec la victoire d'étape et le maillot jaune à Épernay". L'Équipe. 13 de xullo de 2019. .
  47. "Julian Alaphilippe récupère le Maillot jaune lors de la 8e étape, remportée par Thomas De Gendt". L'Équipe. 13 de xullo de 2019. .
  48. Alexandre Coiquil (19 de xullo de 2019). "Tour de France 2019 - Julian Alaphilippe remporte le contre-la-montre devant Geraint Thomas". Eurosport. .
  49. "Tour de France 2019 : Julian Alaphilippe élu Super Combatif à l'unanimité". RTL, 28 de xullo de 2019